"Albany" (Contén)
Mostrando 7 resultados de 7.
-
RIOS
Río da rexión de San Lourenzo, Canadá, emisario do lago Saint Joseph. Atravesa o Clay Belt e desemboca na baía James, preto de Fort Albany, logo dun percorrido de 512 km.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do estado de Nova York, nos EE UU, na beira do río Hudson (101.082 h [1990]). Centro industrial que se desenvolveu pola súa situación de nós de comunicación entre Nova York e o lago Erie.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do SL do estado de Xeorxia, nos EE UU (78.122 h [1990]). É un importante centro comercial e industrial.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Industria da Late Stone Age (Idade de Pedra tardía) de África do Sur (10.000/6.000 a C) caracterizada por lascas retocadas sobre a materia prima local que contrastan coa presenza na zona de microlitos sobre material fino en momentos anteriores (industria Roberg) e posteriores (Wilton). Interprétase como un xeito de aproveitar a materia prima local ao reducirse os movementos do grupo nun contexto climático favorable.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Luísa de Stolberg-Gedern.
-
DUCADOS
Título da Casa Real Escocesa empregado polos fillos segundoxénitos dos reis. Foi creado no 1398 polo Príncipe rexente Roberto, fillo do Rei Roberto II. Ostentárono, entre outros, o duque Xoán Stuart (ou Estuardo), Enrique Stuart (ou Estuardo), os futuros Reis Xaime VI (Xaime I de Inglaterra), Carlos I e Xaime VII.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Clarinetista de jazz norteamericano, coñecido co nome artístico de Barney Bigard. Tocou na orquestra de Duke Ellington e foi un dos mellores representantes do estilo de Nova Orleans.
VER O DETALLE DO TERMO