"Alemana" (Contén)

Mostrando 11 resultados de 11.

  • Antiga colonia establecida entre os lagos Victoria e Tanganica e o océano Índico, en 1884-1885, por unha compañía privada alemana. Despois da Primeira Guerra Mundial, quedou baixo o mandato británico co nome de Tanganica. En 1919 as comarcas occidentais de Ruanda e Burundi segregáronse dese territorio para pasar ao mandato belga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación de Namibia durante a dominación alemá (1883-1915).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Estado de Europa central que limita ao O cos Países Baixos, Bélxica, Luxemburgo e Francia, ao S con Suíza e Austria, ao L coa República Checa e Polonia e ao N con Dinamarca e o mar Báltico [357.021 km2; 82.012.000 h [estim 1997]). A capital é Berlín.
    A xeografía física

    O relevo e a xeoloxía

    Ó estudar o relevo de Alemaña adóitase distinguir tres grandes unidades rexionais: ao sur, unha rexión alpina e prealpina (Hochgebirge); máis ao norte, unha rexión montañosa de transición, extensa e variada, formada por un conxunto de macizos e depresións de gran complexidade orográfica (Mittelgebirge); e por último a rexión setentrional (Norddeutsches Tiefland), que é o sector alemán da gran chaira do N da Europa central. O Mittelgebirge está constituído por antigas serranías hercinianas, formadas durante o Carbonífero e igualmente anuladas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REPUBLICAS

    Nome oficial do estado constituído o 7 de outubro de 1949 no territorio da Alemaña Oriental baixo o control do exército soviético dende o remate da Segunda Guerra Mundial. Trala caída do rexime comunista en 1989, foi anexionada á República Federal de Alemaña o 3 de outubro de 1990.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REPUBLICAS

    Nome do estado constituído o 21 de setembro de 1949 nos territorios da Alemaña Occidental ocupados, ao rematar a Segunda Guerra Mundial, polos exércitos do Reino Unido, Francia e os EE UU ( Alemaña).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Edificio situado en Berlín, construído polos arquitectos Alex Schlutes e Charlotte Frank. Símbolo da Alemaña reunificada, inaugurouse en abril de 2001. No seu patio de entrada está situada a escultura Berlín, de Eduardo Chillida, inaugurada polo chanceler Gerhard Schröder o 25 de outubro de 2000.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unión política que agrupou os estados alemáns setentrionais entre 1867 e 1871, e que substituíu a Confederación Xermánica trala derrota de Austria por Prusia na Batalla de Sadova (1866). A creación desta nova Confederación por Bismarck illaba a Austria do conxunto de estados alemáns e consagraba a hexemonía prusiana. Formada por 22 estados, a súa Constitución dotouna dunha estrutura federal e centralista. Guillerme I de Prusia detentaba o poder executivo e Bismarck era o seu chanceler federal. O poder lexislativo articulábase en dúas cámaras: o Reichstag ou parlamento, elixido por sufraxio universal pero con poderes limitados, e o Bundesrat ou consello federal, formado polos representantes dos estados. O goberno común controlaba as forzas armadas, as comunicacións, as aduanas e dirixía o comercio e a política exterior. Os soberanos locais tiñan autonomía administrativa, xudicial e financeira. Os catro estados de Alemaña do Sur (Baden, Baviera, Hessen-Darmstadt e Württemberg) mantivéronse...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Alemaña (918-936) e duque de Saxonia e Turinxia (912), fillo de Otón I de Saxonia. Loitou contra Conrado I de Alemaña, ao que sucedeu no trono. Recuperou Lorena e derrotou os eslavos de Bohemia (929) e os húngaros (933). Enfrontouse aos dinamarqueses (934) e constituíu unha marca alemá entre o Eider e o Schlei.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ludovico Pío.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (? 804? - Frankfurt 876) Rei dos francos da marca oriental e de Baviera (817-843) e de Xermania (843-876), fillo de Ludovico Pío. Aliouse co seu irmán Carlos o Calvo, para loitar contra o outro irmán, Lotario I, a quen derrotaron en 841. Polo Tratado de Verdun definiuse a división do Imperio e gobernou Xermania. As revoltas dos seus fillos obrigárono a dividir o territorio en ducados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • República Federal da Alemaña.

    VER O DETALLE DO TERMO