"Algar" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 35.

    1. Andar ou montar a cabalo.

    2. Poñer algo por riba.

    3. Facer algo para prexudicar a alguén coa intención de superalo na actividade que desenvolve.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conceder carta de fidalguía.

    2. Adquirir os costumes de fidalgo, tornarse máis delicado, fino, elegante e refinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Cádiz, Andalucía, na Campiña de Jerez, drenado polo Majaceite, preto do encoro de Guadalcacín (1.906 h [1996]). Ten agricultura mediterránea (cereal, oliveira e vide). Explota canteiras de xeso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Na Idade Media, grupo de avanzada de cabalería que facía incursións polos territorios inimigos co fin de saquealos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Lingua arábiga. Variante do árabe, falada polas minorías musulmanas nos estados cristiáns da Península Ibérica despois da eliminación de todo poder político musulmán. En Castela, Aragón e no Principado, estes grupos abandonaron o idioma, e cara ao 1500 só se conservaba algún rastro fonético no uso do castelán e do catalán.

    2. Linguaxe empregada dun xeito inintelixible.

    3. Confusión e barullo que se produce polas voces e berros de moitas persoas xuntas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Barullo orixinado por berros e voces de xente agrupada.

    2. Pequena liorta de escasa importancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor italiano. Foi discípulo de debuxo de Ludovico Carracci. Restaurou obras clásicas en Roma (1625). Autor da Tomba del Cardenal Mellini (Santa Maria del Popolo, Roma). Foi un clásico académico que reaccionou contra o barroquismo de Bernini.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dar voces moi altas producindo alboroto e escándalo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dise das persoas, animais ou obxectos que transmiten algún tipo de ledicia ou harmonía, que resultan agradables.

    2. Que causa moito barullo e alboroto.

    3. Soldado de cabalería que tomaba parte nas algaras.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ruído esaxerado que se produce por voces e berros de moita xente.

    2. Rifa de escasa importancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Mamífero carnívoro que pode acadar 1 m de lonxitude, da que a metade corresponde ao rabo, de cor gris con pintas escuras no corpo e aneis tamén escuros no rabo. É de costumes nocturnos e crepusculares. Segrega unha substancia semisólida, untosa, de cheiro de almiscre nunha bolsa preto dos órganos xenitais que se emprega en perfumería coma fixador. En Galicia atópase amplamente distribuído en bosques, sotobosques e áreas rochosas nas proximidades de cursos fluviais.

    2. Conxunto moi mesto e apertado de sardiñas que é visible cando a fosforescencia das augas é favorable, especialmente nas noites sen lúa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rede empregada para a pesca do salmón e a zamborca no río Miño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Granada, Andalucía, na comarca de Los Montes (5.323 h [1996]). Ten numerosas aciñeiras. Cultívanse cereais e oliveiras. Explota canteiras de xeso e cal.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Cada un dos signos usados para a representación sistemática de cantidades.

      2. algarismo árabe Signo de orixe árabe que representa os números no sistema decimal (0, 1, 2, 3 [...], 8, 9) introducida polo emperador Carlomagno en Occidente. É a representación numérica máis espallada no mundo, mesmo en países cun sistema numérico tradicional propio.

      3. algarismo romano Signo que representa os números no sistema de numeración romana (I=1, V=5, X=10, L=50, C=100, D=500, M=1.000).

    1. Procedemento de cálculo que consiste en cumprir unha serie de instrucións ordenadas e finitas que conducen, unha vez especificados os datos, á solución que o problema xenérico en cuestión ten para os datos considerados. Así, o algarismo da raíz cadrada permite, despois dunha sistemática operativa, calcular a raíz cadrada de calquera número. Defínense algarismos naquelas situacións, matemáticas ou non, nas que establecer unha estratexia ordenada facilite a obtención de solucións (teoría dos xogos, organización do traballo). Os programas informáticos son basicamente algarismos escritos en linguaxe de programación nos cales o ordenador efectúa repetidamente as operacións que se lle indicaron.

      1. Sistema de regras e procedementos de cálculo ben definidos, baseado en fórmulas matemáticas, que permite resolver un problema nun número finito de operacións.

      2. Lóxica incorporada nun programa informático.

    2. algarismo de compresión

    3. algarismo de Euclides

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e ensaísta italiano, expoñente do cosmopolitismo cultural do s XVIII. Viaxou por Europa e fixo amizade con Voltaire. Combateu a literatura tradicional, e empregou unha lingua áxil e clara, sobre todo no ensaio Newtonianismo per le dame (1737), exemplo de poesía filosófica onde tratou temas de arte e de literatura. Escribiu unha notable obra crítica musical que repercutiu na reforma do xénero operístico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Artefacto de guerra de orixe árabe, con forma de trabuco empregado para disparar pedras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio do litoral da provincia de Málaga, Andalucía, accidentado pola cima de Bent-Homil e drenado polo río Algarrobo (4.528 h [1991]). Ten cultivo de oliveira, vide e horta. Pesca de baixura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión histórica do extremo S de Portugal que corresponde co actual distrito de Faro (4.986 km2; 342.000 h [estim 1992]). Limita ao S e ao O co océano Atlántico e ao L con Andalucía (España) por medio do río Guadiana. Atópase separado do Baixo Alentejo e do resto de Portugal polas serras de Monchique (902 m de alt), ao O, e de Caldeirão (589 m de alt), ao N. Divídese en Alto Algarve e Baixo Algarve. Na Idade de Bronce tiña unha cultura propia (Bronce Meridional Portugués). Despois da conquista romana pasou a formar parte da provincia da Lusitania. No s XI, existían as pequenas Taifas de Silves e do Algarve, ambas absorbidas pola de Sevilla; a de Silves reapareceu no s XII. O Algarve foi incorporado ao Reino de Portugal por Afonso III no ano 1249, e foi asegurado para o reino luso polo Tratado de Alcañiz (1297). Os portugueses distinguiron entre o Algarve aquenmar e o Algarve alenmar (no litoral marroquino). O herdeiro da Coroa portuguesa ostentaba o título de...

    VER O DETALLE DO TERMO