"Als" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 150.

  • CIDADES

    Cidade da provincia de Holanda Setentrional, Países Baixos (20.379 h [1984]). Importante mercado de flores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade de Flandres Oriental, Bélxica, á beira do Dender (76.441 h [1989]). Destacan as súas industrias de cervexa, téxtiles e calzado. No ano 1046 foi capital do condado de Aalst.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filla do Rei Rodolfo II da Borgoña. Casou en 947 con Lotario II, Rei de Italia e Emperador de Alemaña. Dous anos despois da   morte deste (949), casou con Otón o Grande de Alemaña. Foi coroada Emperatriz no ano 962 e rexeu o reino durante a minoridade de idade dos seus fillos Otón II e Otón III. Na vellez volveu para a Alsacia e fundou numerosos mosteiros e conventos como o de Selz, preto de Estrasburgo. A súa festa celébrase o 16 de decembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa de Dinamarca, ao S do Petit Belt (314 km2). Está unida a Xutlandia por unha ponte. A poboación máis importante é Sønderborg.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión do extremo NL de Francia, que comprende os departamentos do Alto Rin e do Baixo Rin (8.280 km2; 1.689.707 h [estim 1995]). A capital é Estrasburgo, cidade sede do Consello de Europa. É unha chaira alongada duns 200 m, de altitude media, que desde a Antigüidade serviu de paso entre o N e o S de Europa. Xeomorfoloxicamente forma parte da fosa renana. Hai tres grandes tipos de paisaxe: as montañas dos Vosgos, a chaira e os outeiros subvosguianos. A vertente alsaciana dos Vosgos comprende un macizo de gres ao N e un cristalino ao S, máis elevado e tallado en vales profundos, que acaba nunhas fallas graduadas. A chaira, percorrida polo Rin, está cuberta con depósitos eólicos. Os solos aluviais menos fértiles, formados durante o Cuaternario foron transformados por unha lixeira erosión en terrazas. Ao S o Rin formou unha rexión de outeiros baixos: o Sundgau. Protexida das influencias oceánicas polos Vosgos, o clima é continental. A paisaxe agrícola está moi dividida: o policultivo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Canal lateral do Rin que vai desde Kembs ata Estrasburgo (Francia).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome do territorio formado por Alsacia -agás o territorio de Belfort- e unha parte de Lorena, pertencente a Alemaña nos períodos 1871-1918 e 1940-1944. Foi cedido por Francia a Alemaña na Paz de Frankfurt (1871), que puxo fin á Guerra franco-prusiana, pertencendo ao Imperio Alemán ata 1918, que volta a Francia logo da Primeira Guerra Mundial. O territorio comprende unha grande maioría de poboación de lingua xermanica, agás a zona de Metz, de fala francesa. As súas dúas partes constitutivas xamais tiveron unha historia común. Foi erixido en Reichsland, directamente dependente do Reich, pero sen chegar a constituír un estado federado. O territorio obtén a institución dunha Dieta bicameral e tres votos no Bundesrat no 1911. A vitoria aliada do 1918 prodúcese nunha etapa de incompleta asimilación a Alemaña de Alsacia-Lorena. A reincorporación a Francia comporta dificultades, malia aos sentimentos favorables da maior parte da poboación, debido ao contraste entre o proceso de...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Alsacia ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Alsacia.

    3. Nome que toma o dialecto alamánico falado en Alsacia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dereito instaurado no Medievo polo que se pagaba o aproveitamento das augas nos muíños. Monopolio confiscado polo señor feudal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero fósil da familia dos homínidos procedente do Mioceno europeo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Perito agrimensor. Foi un dos impulsores e profesor da Escola Náutica de Bos Aires, a onde emigrara a mediados de século. En 1799 ensinou Xeografía e Cosmografía na Escola de Náutica e Debuxo. Publicou o Almanak y kalendario general diario de quartos de Luna, según el Meridiano de Buenos Aires para el año 1800.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico. Realizou investigacións sobre o aparato dixestivo, entre as que cómpre salientar El sondeo duodenal en el resecado gástrico, tema da súa tese de doutoramento (1956). Posteriormente, traballou sobre patoloxías relacionadas co bocio, publicadas no volume colectivo Estudio sobre el bocio en Galicia (1980).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico cirurxián. Realizou investigacións sobre o aparato dixestivo, entre as que cómpre salientar Resultados lejanos de la gastroenterostomía como tratamiento de las retracciones cicatriciales de píloro, tema da súa tese de doutoramento (1904). Estivo vencellado aos círculos rexionalistas cataláns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político arxentino, fillo de Valentín Alsina. Fundou o periódico La Nueva Era. Deputado (1862), Gobernador da provincia de Bos Aires (1866-1868), vicepresidente da República (1868-1874) e Ministro de Guerra e Mariña (1874-1877); neste último cargo levou a cabo unha importante campaña contra os indios da Pampa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Autor arxentino que realizou traballos sobre a emigración como La emigración en el primer siglo de la Independencia (1910) ou De mi archivo: gestión económica (1911). Así mesmo, escribiu España (1913), sobre as imprensións das súas viaxes a España e Galicia, e o libro de crónicas Un verano en Galicia (1913).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e xurista arxentino. Opositor a J. M. Rosas, tivo que exiliarse a Montevideo. Ao retornar do exilio, foi elixido Gobernador de Bos Aires (1852-1857), senador (1861) e Presidente do Senado (1867). Redactou o Código Penal do 1862.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo e teólogo alemán. Representante do Lulismo renacentista alemán, interpreta a Ars de Llull coma instrumento idóneo para chegar ao saber universal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de árbores da familia das apocináceas con follas en verticilos ou opostas e cortiza da que se extraen compostos químicos activos. Comprende máis de 40 especies presentes en África, Asia e Oceanía entre as que destacan A. cannabina con aplicacións febrífugas e A. constrita como sucedáneo da quina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dexeneración pigmentaria da retina asociada á obesidade, diabete, xordeira ou displasia xenital.

    VER O DETALLE DO TERMO