"Amaro" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 22.
-
GALICIA
Adaptou ao teatro a obra Alucinaciones?, de Ricardo Núñez Rodríguez. A peza estreouse o 19 de abril de 1928 na Sociedade Cultural da Pobra de San Xulián (Láncara).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta que escribiu en sánscrito. Autor dun centenar de pequenos poemas eróticos onde expón as diversas situacións da relación amorosa. Estes poemas chegaron a ser pezas clásicas.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Futbolista coñecido co nome deportivo Amancio. Ao longo da súa carreira profesional militou nos equipos do Real Club Deportivo de La Coruña e do Real Madrid CF. Foi integrante da selección española absoluta de fútbol en 42 ocasións, coa que se proclamou campión de Europa en 1964, na final disputada en Madrid diante do equipo da Unión Soviética. Campión da Copa de Europa de clubs co Real Madrid CF en 1966, club co que tamén gañou o Campionato Nacional de Liga en 9 tempadas e co que conquistou 4 campionatos de España (Copa del Generalísimo). Foi máximo goleador do Campionato Nacional de Liga na 2ª División co Deportivo e en dúas oportunidades co Real Madrid na 1ª división. Entre os moitos premios que acadou cómpre citar: Premio Medalla de Prata ao mérito deportivo na Coruña, dúas medallas ao mérito deportivo nacional, Medalla de Ouro da cidade da Coruña. Foi elixido para integrar a selección mundial da Federación Internacional (FIFA) e para a europea (UEFA). Como adestrador traballou...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Na tradición galega, ten unha lenda semellante á de santo Ero de Armenteira. Era Amaro de familia nobre, que herdara dos seus pais unha fortuna; logo de fundar con ela hospitais e asilos para pobres, emprendeu unha peregrinación para chegar ao Paraíso. Tras moitos traballos chegou co seu barco a unha illa deserta (igual que san Brandán), e alí iniciou el só a subida a un monte. No cume atopou un velliño que gardaba a porta dunha muralla de prata: no seu interior estaba o Paraíso. Como non podía entrar, por estar reservado aos mortos, o vello, apiadado, deixoulle botar unha ollada. Abraiado polo que vira, baixou onda o barco, pero en vez da praia encontrou unha gran cidade: pasaran trescentos anos. Co paso do tempo fórase formando unha grande urbe que levaba o seu nome, santo Amaro. Arrepentido pola súa soberbia, foise axeonllar diante do altar maior pedíndolle a Deus que o levase con El. Ante o asombro dos presentes, aquel home caeu morto diante do altar, onde o enterraron e comezou o culto....
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome posiblemente de orixe celta derivado de *maruos “morto” > *n-maruos > *amaruos > Amaros co significado de ‘inmortal, inmorredoiro’. Menos probables parecen outras orixes: lat amarus ‘amargo, áspero’; xerm Ademaro ‘célebre na loita’ e grego amaurós ( ἀ -μαυρός ‘escuro, confuso’) e tampouco é seguro que teñan que ver con este nome o apelido Amarelo e o topónimo Amarelle. O hipocorístico deste nome para ao feminino é Mara. Na tradición oral recóllense cantigas como: “O tío Amaro era xastre / pero despois foi ladrón. / Non houbo xastre no mundo / que non roubase un calzón”, “Se me ve, Marica, / ha de ser contigo, / se non neste monte / quédome soliño”, “Vaite de aí, Amaro, / non me des máis pena, / que ha de vir meu amo / traerme a merenda”, “San Amaro é amigo da neve”, “San Amaro tira a reuma e pon chagas”, “O día de san Amaro salta a pedra no arado”, “O día de san Amaro bota os trompos ao faiado”, “Meu divino...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cubrir o carneiro á ovella.
-
VER O DETALLE DO TERMO
amorodeira.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arrouparse ou abrigarse excesivamente, con máis roupa da necesaria.
-
-
Persoa que pesca ou vende camaróns.
-
Rede ou nasa utilizada na pesca do camarón.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Crustáceo decápodo, da sección dos carídeos, pertencente aos xéneros Crangon, Palaemon e Palaemonetes. Caracterízase por presentar a pleura do segundo segmento abdominal superposta á do primeiro, as terceiras patas non presentan pinzas e as branquias filobranquiadas. A súa carne é moi apreciada e, habitualmente, o seu prezo é elevado. A temporada na que se come vai do outono ao inverno. Consómese habitualmente cocido en fresco e aromatizado con follas de loureiro.
-
FAMILIAS
Familia de artistas orixinaria de Huesca pero que desenvolveu o seu labor en Sogorb. Nicolás Camaron (Huesca 1692 - Sogorb 1767) foi arquitecto e escultor e, en 1706, estableceuse en Sogorb onde realizou o cadeirado do coro da catedral. O seu fillo Josep Camaron i Bonanat (Sogorb 17.5.1731? - València 13.7.1803) dedicouse á pintura. Foi cofundador da Acadèmia de Santa Bàrbara, despois chamada de Sant Carles, en València, da que foi director entre 1795 e 1801. Formou parte tamén da Academia de San Fernando de Madrid. Na súas pinturas, de amaneirada graza rococó, abundan os temas relixiosos, as escenas galantes e as figuras femininas. Entre as súas obras destacan A coroación de espiñas e O tránsito de san Francisco de Asís, ambas as dúas expostas na catedral valenciana, A Virxe e san Xosé de Calasanz, os frescos da capela maior da igrexa de San Martín e Minerva recibindo a cidade de València, entre outras. Os seus fillos...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
José Monge.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de fungos da familia das higroforáceas, que presenta cogomelos de láminas decorrentes de cor mate. En Galicia están presentes en prados as especies comestibles: C. niveus, de cogomelo de ata 5 cm de alto e de cor branca; e C. pratensis, de cogomelo de ata 10 cm e de cor alaranxada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cuarto dun barco destinado a dormitorio dos tripulantes ou dos viaxeiros.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Produción cinematográfica dirixida en 1957 por Rafael Gil a partir da novela curta Luz de luna (1915), de Wenceslao Fernández Flórez, e protagonizada por Antonio Casal. Foi o propio autor quen se fixo cargo dos diálogos para a versión cinematográfica. Aurelio Romay é un rapaz que abandona a súa aldea natal para traballar nunha consignataria dedicada ao transporte de emigrantes cara ás terras americanas. A partir de aquí, Gil organiza unha película sobre a emigración que se afasta da visión optimista que predominaba na nosa cinematografía. A única concesión do director foi cambiar o final que no relato literario facía descender a Aurelio da súa condición de oficinista á de obreiro mentres que, na cinta, un golpe de sorte o converte no home de confianza dun indiano. Esta foi a terceira e última adaptación realizada por Rafael Gil dunha novela de Fernández Flórez para a produtora católica Aspa Films. Nas tres ocasións o papel protagonista recaeu no actor compostelán Antonio Casal quen, nesta...
-
PERSOEIRO
Político. Cofundador e primeiro presidente do partido Centro Democrático Social (CDS). Cando ocupaba o cargo de ministro de Defensa, pereceu nun accidente de aviación xunto a Sá Carneiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Arquitecta e escritora. É autora de El Balneario, la ciudad ensimismada (1994), A vida nos balnearios de Galicia (1996) e Vigo, puerto y destino: atlas urbanístico de Vigo (2000).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Álvaro Paradela Criado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que é semellante a unha sámara.
-
GALICIA
Concello da comarca do Carballiño situado no NO da provincia de Ourense e no centro-sur da Comunidade Autónoma de Galicia. A súa posición xeográfica é 42° 22’ 30’’ de latitude N e 8° 04’ 07’’ de lonxitude O. Limita ao N cos concellos do Carballiño e Maside (os dous da comarca do Carballiño), ao S co de Cenlle (comarca do Ribeiro), ao L co de Punxín (comarca do Carballiño) e ao O cos de Cenlle e Leiro (comarca do Ribeiro). Abrangue unha superficie de 28,9 km 2 cunha poboación de 1.355 h (2007), distribuída entre as parroquias de Anllo, O Barón, Beariz, Eiras, Grixoa, Las, Navío e Salamonde. A súa capital é o núcleo de San Amaro (parroquia de Beariz) localizado a 30 km da capital provincial. Está adscrito á diocese de Ourense e ao partido xudicial do Carballiño.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
O concello sitúase nunha área de transición entre as superficies de aplanamento residuais da parte central da comarca e os vales dos pequenos tributarios do Miño e do Avia. Predominan...