"Anat" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 85.
-
FILOSOFOS
Filósofo noruegués. Profesor en Halle e Oslo, distinguiuse como historiador da filosofía e pola súa concepción non reducionista da natureza.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Cada un dos sales ou ésteres do ácido alofánico. Os ésteres obtéñense tratando o alcohol con cloruro de alofanoil e están recomendados para a identificación dos alcohois terciarios. Os alofanatos metálicos obtéñense hidrolizando os ésteres.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Deusa siria. Irmá e esposa de Baal. A partir do Reino Novo entrou a formar parte, igual que outras divindades asiáticas, do panteón exipcio, onde se considerou unha deusa guerreira.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Alcaloide menor do tabaco, líquido e miscible coa auga.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Óxido de titanio, TiO2, chamado tamén octaedrita. Cristaliza no sistema tetragonal; os cristais, pequenos, poden ser bipiramidais ou arredondados e están implantados de xeito disperso; a súa exfoliación é perfecta, ten cor negra, marrón ou, raramente, incolora e brillo diamantino. Ten dureza 5,5-6 e peso específico 3,9. O TiO2 é trimorfo: as outras dúas formas de mineralización son o rutilo e a brookita.
-
-
-
Sentencia canónica de excomuñón ou de exclusión do seo da Igrexa. No cristianismo, que é de onde tomamos o significado actual, a partir do Concilio de Elvira (?306), converteuse no procedemento regular contra os herexes ou os contrarios aos dogmas e á autoridade da Igrexa. Non obstante , no xudaísmo bíblico considerábanse anatemas as ofrendas feitas a Deus separadas do uso profano. Así mesmo, en xeral tivo o significado dunha sentenza de exterminio do botín de guerra sobre o que estaba decretada a maldición de Deus.
-
Reprobación completa.
-
-
Persoa anatematizada, culpada de anatema.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
anatema.
-
-
Pronunciar un anatema contra alguén.
-
Manifestar a unha persoa que a súa conduta non é correcta.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fusión parcial das rochas no manto ou na codia terrestre. Ten lugar ao longo das marxes granulosas e prodúcese grazas a un incremento de temperatura (a presión constante) ou ben a un descenso da presión (a temperatura constante). Destes parámetros, como tamén da composición da rocha inicial, dependerá a composición da fracción líquida do magma obtido e a proporción entre líquido e sólido. Son exemplos de anatexia a xeración de magmas graníticos por fusión parcial de rochas da codia (granitización) e a xeración de basaltos por fusión parcial de peridotita do manto.
-
-
Que pertence á familia dos anátidos.
-
Ave da familia dos anátidos.
-
Familia da orde dos anseriformes, integrada por aves acuáticas, palmípedas e lamelirrostras. Comprenden os alavancos, cercetas, cisnes, eideres, gansos, malvasías, mergos, parrulos e patos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Feito de producir novos xuros aos xa vencidos, é dicir, xuros dos xuros. Prohibido na lexislación canónica e romana, non foi admitido ata o código de Napoleón. Asumido con restricións nas modernas lexislacións, na española admítese cando se reclaman de xeito xudicial ou se está así pactado no contrato. Está prohibido entre os comerciantes.
-
-
-
-
REXIÓNS
Rexión asiática de Turquía. A península de Anatolia está constituída por un núcleo antigo, a Plataforma Central (con 700 m de altitude media ao O e 400 ao L), ao redor da que se sitúan os cordais do dobramento alpino: montes do Ponto ao N e montes Tauro ao S. O clima da Plataforma Central é continental; os ventos son secos e a vexetación é esteparia. Na costa as temperaturas son máis suaves e hai máis humidade. O ámbito que comprende o nome de Anatolia foi aumentando co paso dos séculos. Na época bizantina, Anatolia era un distrito militar no O da Península; a comezos da época otomana era a parte asiática do imperio que comprendía o O e o N da Península; o actual estado turco comprende, administrativamente, a totalidade do territorio asiático, incluídos os sectores armenio e mesopotámico.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Relativo ou pertencente a Anatolia.
-
Culturas desenvolvidas en Anatolia ou Asia Menor.
-
Grupo lingüístico indoeuropeo que comprendía, durante o segundo milenio a C, a maior parte das linguas da Asia Menor.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao grupo humano anatólido ou aos individuos que o integran.
-
Grupo humano leucodermo, do subgrupo braquicéfalo. Este grupo humano, recoñecido en diferentes sistemáticas raciais como raza (na que se integraba a subraza arménida), considérase como a variante oriental do grupo humano dinárico ou dinárico-anatólido.
-
-
-
-
Ciencia que estudia a estrutura dos seres vivos baseándose na observación mediata ou inmediata e recorrendo, polo xeral, á disección. Distínguense a anatomía animal, da que forma parte a anatomía humana, e a anatomía vexetal.
-
Arte de disecar ou separar as partes dun ser vivo para descubrir a súa situación e estrutura.
-
Estudio da estrutura dun ser vivo mediante a disección das partes que o integran.
-
Estrutura dun ser vivo.
-
Disección ou separación das partes que integran un ser vivo.
-
-
Análise sutil.
-
-
anatomía comparada
Rama da anatomía que ten por obxecto o estudio anatómico comparativo dunha mesma estrutura (un órgano, un aparello, etc) en diferentes seres vivos co fin de establecer analoxías e homoloxías ou diferencias. Foi Cuvier, o ‘pai da anatomía comparada’ quen, ao publicar (1800-1805) as súas Leçons d’anatomie comparée (Leccións de anatomía comparada), sistematizou, ordenou e valorou debidamente esta ciencia.
-
anatomía descritiva
Rama da anatomía que estudia de xeito analítico a localización, a forma e o desenvolvemento das partes (órganos, aparellos, etc) dos seres vivos.
-
...
-
anatomía comparada
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á anatomía.