"Ancara" (Contén)

Mostrando 12 resultados de 12.

  • ESPA¥A

    Concello da provincia de Cuenca, Castela-A Mancha (1.769 h [1996]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • [ant: Angora] Capital de Turquía e da il homónima, situada no centro do altiplano de Anatolia, tocando a confluencia dos ríos Ancara Suyu e Sakarya (3.235.700 h [1990]). A situación de Ancara favoreceu a súa relación co resto do país, feito que influíu na súa elección como capital da nova Turquía, no canto de Istambul, cidade de maior importancia pero cunha situación máis excéntrica. Actualmente constitúe unha cidade administrativa e cultural, ademais de turística. Corresponde á antiga Ancira e pertence aos turcos dende o s XIII e foi ocupada polo Imperio Otomano en 1402. Dende 1864 foi capital dun vilayet ata que, en 1923, Mustafá Kemal a converteu na capital de Turquía. O núcleo histórico está formado por un conxunto de rúas estreitas, de difícil circulación, onde se atopan as mesquitas e os mercados ao aire libre. Do seu pasado histórico son testemuños os numerosos monumentos romanos (templo romano de Augusto, termas de Caracalla, columna atribuída a Xuliano) e otomanos,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Il de Turquía, na Anatolia Central (30.613 Km2; 3.235.700 h [1990]). A capital é Ancara.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia baixo a advocación de san Pedro que dá nome ao concello de Láncara.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello situado na comarca de Sarria, situado no centro L da Comunidade Autónoma de Galicia e no L da provincia de Lugo, da que administrativamente forma parte. Limita ao N cos concellos do Corgo (Lugo) e Baralla (Sarria), ao S cos de Becerreá (Os Ancares), Triacastela, Samos e Sarria (Sarria), ao L cos de Baralla e Becerreá e ao O cos concellos de Sarria e O Páramo (Sarria). Abrangue unha extensión de 121,7 km 2 cunha poboación de 3.083 h (2007), distribuída nas parroquias de Armea, Bande, Carracedo, Cedrón, Galegos, Lagos, Lama, Láncara, Larín, Monseiro, Muro, Neira de Cabaleiros, Oleiros, A Pobra de San Xiao, Río, Ronfe, Souto de Ferradal, Toirán, Toldaos, Toubille, Trasliste, Vilaesteva de Herdeiros, Vilaleo, Vilambrán, Vilarello e Vilouzán. A capital municipal é A Pobra de San Xiao, e dista 125 km de Santiago de Compostela e 18 km de Lugo. Depende do partido xudicial de Sarria. As súas parroquias están adscritas á diocese de Lugo.
    Xeografía física...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • pazo de Mariñán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Graíces (A Peroxa). Ten planta rectangular cunha torre, sobresaínte en altura, nun dos laterais. Na fachada destaca a solaina e o escudo que alude aos Fernández de Temes. A inscrición que conserva o brasón reflicte que foi edificado por Pedro Suárez Varela de Quiroga en 1602.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Láncara. Ten planta cadrada con patio central, e estrutúrase en tres corpos, o central de menor altura. A torre atopábase no corpo da dereita e na parte central apóianse tres arcos sobre os que se sitúan tres balcóns con balaústres e no medio dous escudos que aluden aos Suárez de Deza, Castro, Osorio, Pimentel, Losada e outros. Está reconstruído.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo convento que puido estar situado en Láncara e que se identifica co mosteiro de Santo Antonino de Güimir (Sarria).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SERRAS

    Sistema montañoso de pequenas dimensións, que se estende en dirección O-L polas parroquias de Toirán, Láncara e Carracedo (Láncara). A súa máxima altitude rexístrase no cumio da Serra con 621 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Láncara ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Láncara.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río do centro da Península Ibérica, afluente da cabeceira do Guadiana (220 km). Nace nos Altos de Cabrejas, na provincia de Cuenca, rega A Mancha e desemboca no Guadiana no pantano de Mulateros.

    VER O DETALLE DO TERMO