Láncara, pazo de
Láncara, pazo de
Construción situada en Graíces (A Peroxa). Ten planta rectangular cunha torre, sobresaínte en altura, nun dos laterais. Na fachada destaca a solaina e o escudo que alude aos Fernández de Temes. A inscrición que conserva o brasón reflicte que foi edificado por Pedro Suárez Varela de Quiroga en 1602.