Láncara, pazo de

Láncara, pazo de

Construción situada en Láncara. Ten planta cadrada con patio central, e estrutúrase en tres corpos, o central de menor altura. A torre atopábase no corpo da dereita e na parte central apóianse tres arcos sobre os que se sitúan tres balcóns con balaústres e no medio dous escudos que aluden aos Suárez de Deza, Castro, Osorio, Pimentel, Losada e outros. Está reconstruído.