"Ancos" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 51.
-
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Melide baixo a advocación de san Salvador.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Arciprestado da diócese de Lugo que inclúe as parroquias dos concellos de Melide, Toques e Santiso así como as de Figueiroa, Rendal e Vilantime do concello de Arzúa.
-
MONTES
Monte situado na parroquia de Neda, no concello de Neda, de 264 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Ponteareas baixo a advocación de san Breixo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antón Avilés Vinagre.
-
LAGOAS
Lagoa da parroquia de Loentia (concello de Castro de Rei), no límite coa de Xustás (Cospeito). Está situada sobre as terrazas pleistocenas do río Lea, afluente do Miño.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor, xornalista e pintor. Realizou estudios de peritaxe mercantil. Emigrou a Bos Aires en 1890 onde traballou como funcionario. Colaborou en diversos xornais como El País, El Eco de Galicia, Almanaque Gallego, etc. Cultivou simultaneamente o teatro, a novela, a crítica de arte e a pintura. Na súa produción destacan as obras: Labor de araña (1907), Los nervios (1908), Espigas sueltas (1903) e El pintor Dionisio Fierros (1908). Ao seu retorno a España publicou La leña de la vida (1914), El premio (1915), Don Juan de América (1924) e Fixo ben? (1899), relato en prosa e a súa única achega en galego. Como pintor destacou como paisaxista e autor de mariñas.
VER O DETALLE DO TERMO -
TERRITORIOS
Territorio acoutado polos ríos Eume e Xubia, situado entre as rías de Betanzos-Ares e Ferrol. Na documentación contida nos tombos de Sobrado dos Monxes e Caaveiro atéstase coas variantes Bisancos, Bisaquis, Besoucos ou Besaucos (actualmente Bezoucos). Nestes dominios, os documentos medievais amosan a existencia de dous antigos mosteiros baixo a advocación de san Vicenzo, situados un no lugar de San Vicenzo de Caamouco e outro en San Vicenzo de Meá. Probablemente, estes textos aludan maioritariamente ao primeiro deles, por ser o de Caamouco o que máis importancia histórica tivo durante os ss X-XII.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Blanco.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello dos Blancos baixo a advocación de san Breixo. Nela está a capital municipal, que é o lugar dos Blancos.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Concello da comarca da Limia situado na provincia de Ourense no S da Comunidade Autónoma ( 41° 59’ 09’’ de latitude N e 7° 45’ de lonxitude O). Limita ao N e L co concello de Xinzo de Limia, ao S co de Baltar, e ao O cos de Calvos de Randín e Porqueira (A Limia). Abrangue unha superficie de 47,6 km 2 e cunha poboación de 1.086 h (2007), distribuídos nas parroquias de Aguís, Os Blancos, Covas, Covelas, Guntín, Nocedo e Pexeiros. A capital está no lugar dos Blancos, na parroquia do mesmo nome. Atópase a 155 km de Santiago de Compostela e a 50 km de Ourense. Está adscrito ao partido xudicial de Xinzo de Limia e a diocese de Ourense.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
O concello dos Blancos está baixo o dominio climático oceánico de montaña. Localizado nun espazo de elevada altitude media, os rexistros térmicos están matizados por ese factor, tendo como resultado máis apreciable a prolongación do período frío de novembro ata abril. A temperatura media anual é de 10,6°C.... -
VER O DETALLE DO TERMO
Personaxe da mitoloxía grega, fillo do heroe Esmicre. Foi amante de Apolo, quen lle concedeu o don da adiviñación. Ambos fundaron un famoso oráculo en Didim, preto de Mileto.
-
MONTES
Monte da parroquia e concello de Vilardevós. O seu cumio acada os 962 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Praia da parroquia de Camposancos, no concello da Guarda, na desembocadura do río Miño. Os achados arqueolóxicos atopados nesta praia permitiron identificar unha industria lítica peculiar denominada camposanquense.
CARACTERÍSTICAS XERAIS LONXITUDE PRAIA: 700 metros ANCHURA MEDIA: 20 metros GRAO OCUPACIÓN: Alto GRAO URBANIZACIÓN: Aillada PASEO MARÍTIMO: Non
TIPO DE PRAIA COMPOSICIÓN: Area TIPO AREA: Branca CONDICIÓNS BAÑO: Augas tranquilas ZONA DE FONDEO: Non NUDISTA: Non
ASPECTOS MEDIOAMBIENTAIS PRESENZA VEXETACIÓN: Si ZONA PROTEXIDA: Si Tipo: Espazo Natural/Prop. Red Natura 2000 BANDEIRA AZUL: Non
SEGURIDADE EQUIPO DE VIXILANCIA: Si SINALIZACIÓN DE PERIGO: Non POLICÍA LOCAL: Non POSTO CRUZ VERMELLA: Si EQUIPO SALVAMENTO:...
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello da Guarda baixo a advocación de santa Isabel.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Lalín. De estilo románico, construíuse arredor de 1170. Unha cuarta parte desta igrexa foi doada por Arias Núñez ao mosteiro de Carboeiro. Conta cunha nave e cunha ábsida formada por dous tramos, un recto e outro semicircular. O primeiro, cuberto con bóveda de canón, únese coa nave mediante un cóbado amodo de contraforte. O tramo semicircular, con bóveda de forno, está compartimentado en tres panos mediante dúas columnas entregadas. A nave ten cuberta de madeira de época posterior á súa construción. O arco triunfal é de medio punto peraltado e dobrado. No muro meridional hai un arco tapiado, sinal dunha primitiva porta. A porta occidental é de medio punto. A portada principal ten un tímpano pentagonal. No exterior o arranque da bóveda de canón amósase por medio dunha imposta de billetes. A espadana é barroca.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Castro de Rei baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto arquitectónico, situado en Santa María de Duancos (Castro de Rei), que está formado polas casas do Colexio, a capela e o pazo señorial. Fundouno Domingo López Carvajal, marqués de Atalaya Bermeja, en 1776. O Colexio, de planta rectangular, ten dúas alturas e cóbrese a catro augas. A fachada susténtase en tres corpos; nos laterais destacan os brasóns do fundador e na parte inferior do corpo central a tripla arcada de medio punto sobre a que se sitúa a balaustrada da solaina. A capela é dunha soa nave dividida en dous tramos. Conserva o retablo maior neoclásico. O pazo, construído antes da fundación do Colexio, ten escaleiras exteriores, balaustrada e solaina.