"Annales" (Contén)

Mostrando 4 resultados de 4.

  • Revista francesa de historia fundada en 1929 por Lucien Febvre e Marc Bloch co título de Annales d´histoire économique et social. Adoptou o nome actual en 1946. Foi unha das portavoces das novas correntes da ciencia histórica e acadou un considerable recoñecemento internacional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista bimensual francesa de xeografía. Creada por P. Vidal de la Blache (1891), recolle reseñas, notas bibliográficas, crónicas e artigos especializados en todos os terreos da xeografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista trimestral francesa de arqueoloxía, historia e filoloxía. Publicada polas Universidades de Toulouse e Bordeos, e pola Federación das Sociedades Académicas do Languedoc, Pireneos e Gascuña. Foi fundada no ano 1889 por Antoni Thomas, en Toulouse; dende 1948 ampliou o seu eido de estudo a Catalunya, Aragón e Navarra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome dado aos anais redactados dende o ano 830 ata o 882 por autores diferentes, atopado no códice máis antigo do mosteiro de Saint Bertin de Saint-Omer (Pas-de-Calais). O primeiro autor, anónimo, traballou nel ata o ano 835; seguiu Prudencio, bispo de Troyes, ata o 861; continuou, finalmente, Hincmar, arcebispo de Reims, ata o ano 882. Son unha das fontes históricas básicas para o s IX.

    VER O DETALLE DO TERMO