"Antares" (Contén)

Mostrando 3 resultados de 3.

  • Estrela da constelación de Escorpión, a décimo sétima máis brillante da bóveda celeste (magnitude visual aparente 1) a unha distancia de 424 anos luz. É unha estrela superxigante vermella, 1.900 veces máis luminosa ca o Sol, e pertence ao tipo espectral M1.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Libro da Biblia do Antigo Testamento dos cristiáns, que se conserva entre os escritos sapienciais tradicionalmente atribuídos ao Rei Salomón. Consiste nunha colección de oito poemas breves que cantan o amor humano a través do diálogo alternado entre o amado e a amada, un home e unha muller novos que se admiran, se aceptan e, finalmente, se unen, aínda que no texto non hai alusións explícitas á procreación nin aos lazos conxugais. O sentido directo do texto non ofrece ningún indicio de orixe relixiosa, pero interpretouse como unha alegoría do amor de Deus por Israel; posteriormente, para os cristiáns, de Cristo pola súa Igrexa e, desde a época medieval, do amor entre Cristo e a alma. Ademais do sentido alegórico, viuse no Cantar un sentido dramático baseado na forma dialogada de gran parte da obra e tamén unha reminiscencia de cultos pagáns da fertilidade procedentes do Oriente Medio. A obra tivo unha grande influencia na literatura mística cristiá, como por exemplo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obra de Rosalía de Castro, considerada como o primeiro gran título da literatura galega contemporánea e o libro fundacional do Rexurdimento en Galicia, ao ser o primeiro escrito integramente en lingua galega. Na súa elaboración influíu a pegada da música popular, a recuperación romántica da tradición, as culturas autóctonas e as manifestacións populares, e a obra de Antonio Trueba Libro de los cantares (1852). O libro publicouse grazas ao empeño do seu home, Manuel Murguía, quen considerou o seu valor como difusor do sentimento galeguista. A primeira edición, impresa nos obradoiros tipográficos de Xoán Compañel en Vigo, data de 1863, e a segunda fíxose en Madrid (1872), con catro composicións novas. Rosalía foi consciente de que escribía dende un país marxinado e esta obra reflite, a pesar do seu manto folclorista e costumista, unha ideoloxía de defensa e exaltación dos valores específicos de Galicia, ao tempo que denuncia as inxustizas que sufría. Estruturalmente, conta cunha...

    VER O DETALLE DO TERMO