"Antea" (Contén)
Mostrando 17 resultados de 17.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Esposa de Proitos, Rei de Argos. Estaba namorada de Belerofontes e, cando este a rexeitou, acusouno ante o seu home de intentar seducila.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acordo asinado o 17 de agosto de 1077 entre Diego Páez, bispo de Compostela, e Faxildo, abade do mosteiro de Antealtares. A Concordia de Antealtares constitúe un documento de especial riqueza informativa: por unha banda é o máis antigo documento coñecido sobre o martirio do Apóstolo Santiago. Contén información sobre a traslatio do seu corpo desde o porto de Ioppe, a descuberta do sepulcro polo anacoreta Paio e a construción da primitiva Igrexa de Santiago polo Rei Afonso II. Pola outra banda, ofrece valiosos datos sobre a construción románica da catedral e sobre a primitiva disposición do Mosteiro de Antealtares, así como da situación e número de construcións da Compostela do momento. Por último, a Concordia fixa por escrito os novos termos para delimitar a superficie territorial do Mosteiro de Antealtares.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pacto asinado no mosteiro de San Paio de Antealtares o 7 de xuño de 1458 entre varios nobres da Terra de Santiago (Moscoso, Soutomaior e Montaos) e os concellos de Santiago, Muros e Noia. Deu lugar á constitución dunha Irmandade para loitar contra os abusos cometidos por outros nobres, principalmente polo arcebispo de Compostela, Rodrigo de Luna. O documento reflicte a inexistencia da xustiza real, feito que era aproveitado por determinados señores, fundamentalmente o arcebispo e os seus servidores, para roubar e destruír os bens dos congregados en Antealtares. No Manifesto estableceuse a responsabilidade dos señores sobre os roubos cometidos polos seus serventes, ao tempo que se tomaban medidas para garantir a seguridade nos camiños. Ademais, convidábase a outras vilas a sumarse á Irmandade, ofrecemento que foi aceptado por Pontevedra. A conflitiva situación que provocou a Irmandade obrigou a Rodrigo de Luna a fuxir de Compostela, resultando inútiles os diversos intentos conciliadores...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mosteiro da cidade de Santiago, situado nas proximidades da catedral compostelá. Foi fundado nunha data próxima ao descubrimento do sepulcro do Apóstolo, no ano 814 aproximadamente. Neste tempo, Afonso II mandou construír unha igrexa na honra de Santiago, outra na de san Xoán Bautista, e unha terceira con tres altares dedicados a san Salvador, san Pedro e san Xoán Apóstolo. Detrás deles, na parte leste da igrexa, situouse un espazo reservado para doce monxes que tiñan a obriga de ocuparse do culto a Santiago. A denominación do mosteiro fai referencia á súa orixinaria localización respecto a estes antigos altares. A advocación a san Paio despraza a orixinal dedicada a san Pedro, trala construción por parte do bispo Diego Páez dun altar dedicado ao neno mártir Paio en 1077. Os seus dominios patrimoniais, aínda que en permanente litixio coa súa poderosa veciña, a catedral compostelá, espallábanse por numerosos puntos da xeografía galega. Unha primeira serie de posesións localizábase nos arredores...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, lingua dos afiadores e paraugueiros que corresponde á voz ‘tocar (a gaita)’.
-
-
de cantear.
-
Cada un dos madeiros que se colocan desde o cabalete ata a viga que vai enriba da parede.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Labrar os cantos dunha peza, especialmente na madeira ou na pedra.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Quitar os cantos ou esquinas dalgunha cousa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen galantea.
-
-
Tentar namorar ou seducir unha muller.
-
Ser excesivamente amable ou adular a alguén, para gañar a súa vontade.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do latín dos chafoutas, ou xerga dos albaneis, que corresponde á voz ‘cantar’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lanzar ao aire a alguén que se colocou sobre unha manta sostida por varios.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo de arte sacra situado no mosteiro de San Paio de Antealtares, en Santiago de Compostela que abriu ao público en 1971. Atópase no lenzo O do claustro do s XVII. Os seus fondos están formados por obxectos litúrxicos (roupa litúrxica e ourivaría), pinturas, imaxinaría e pezas arquitectónicas. Destaca a ara de mármore que, segundo a tradición, formou parte do primitivo altar erixido sobre a tumba do Apóstolo Santiago. No seu arquivo consérvanse documentos medievais e modernos relativos á historia do convento, da cidade e de Galicia.
-
MONTES
Monte situado entre as parroquias de San Vicente de Leira (Vilamartín de Valdeorras) e Forcadela e Nogaledo (O Barco de Valdeorras). O seu cumio acada os 1.066 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Obrar con pedantaría.
-
-
apalpar.
-
Considerar unha persoa con prudencia ata descubrir a súas intencións.
-
Facer uso do dereito de tenteo.
-
Calcular unha magnitude de xeito aproximado.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Colocar unha cousa no sitio que non lle corresponde.