"Anzo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 84.

  • Organización obreira de Betanzos afín á UXT, que xa funcionaba en 1933. Agrupaba a todos os traballadores dependentes do concello que tiñan unha ideoloxía socialista, entre os que había gardas municipais, recadadores de arbitrios, etc. Dentro das súas reivindicacións laborais estaban o aumento salarial, a xornada de 8 horas e o descanso dominical ou día libre. Funcionou ata o inicio da Guerra Civil Española (1936).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Nome co que se coñece a Abū ‘Amīr Muhammad ibn Abī ´Amīr al Man ṣ ūr, ḥ āğib (gobernador) de Córdoba. Descendente dunha familia árabe ienemí establecida no Al-Andalus dende a conquista, ocupou importantes cargos administrativos durante o Califato de al- Ḥ akam II, ata que foi nomeado titor de Hišam II (976). Coa axuda da nai do novo califa, illouno da política, eliminou o Mu ṣḥ afí e Galib e, nomeado ḥ āğib (978), converteuse no amo absoluto do poder de Córdoba. Emprendeu cincuenta e seis campañas vitoriosas en terras cristiás entre 977 e 1002. A expedición que lle deu máis gloria foi a realizada a Santiago de Compostela no ano 997, promovida pola oposición aristocrática que conspiraba contra o Rei galego Vermudo II e pensada como un castigo para o Rei, que non quixera satisfacer o pagamento dos tributos a Almanzor. Durante a campaña arrebatou Coimbra ao Reino de Galicia, saqueou León e Astorga,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Designación coa que se fixo coñecido o mourisco Carban, xefe da revolta dos mouriscos da serra de Espadán (1526).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de Andalucía, na vertente mediterránea. Nace na serra de Baza, atravesa unha área semidesértica e rega o val de Almanzora, que se estende entre as serras dos Filabres e de Las Estancias. Desemboca nos Cerros Colorados logo de percorrer 105 km. Nel aflúen diversos torrentes, habitualmente secos, o que explica a irregularidade do seu caudal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cabaleiro galego que xunto con Diego de Lemos e Pedro Osorio dirixiu a campaña dos irmandiños durante a Segunda Guerra Irmandiña. Segundo Amor Meilán na súa obra Biografías gallegas, pertencía á familia dos Lanzós de Vilalba. Semella que Alonso de Lanzós tiña xurada a destrución da Casa de Andrade; Vasco de Aponte mantén que recibía, como outros cabaleiros do tempo, soldo dela. Segundo Martínez Sueiro, o mesmo Rei Enrique IV deulle azos ao principio da loita irmandiña, cando o movemento recibía apoio rexio. Loitou dende Lugo ata Ferrol e Pontedeume, sobre todo nos estados dos Andrade, tomando a capital, Pontedeume, onde conseguiu alistar moitos dos vasalos de Andrade nas súas hostes. Sorprendido pola chegada dos exércitos señoriais, encabezados por Fernán Pérez de Andrade e Gómez Pérez das Mariñas, fortificouse no Castro de Gundián e enviou emisarios a Diego de Lemos contando co seu auxilio para resistir. Cando á mañá seguinte os sitiadores se dispoñían novamente a asaltar o castro,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Lalín baixo a advocación de san Xoán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe oriúnda de Ribadavia. Relacionado con esta caste está o apelido Anzoado. As súas armas levan, en campo de azul, un arco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa románica da parroquia de Anzó (Lalín). De nave única e ábsida de planta rectangular, destaca o tímpano da porta sur, decorado con motivos xeométricos (círculos e cruces). Algúns dos capiteis do interior mostran unha clara influencia do románico compostelán da primeira metade do s XII, aínda que a súa edificación sexa posterior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado federal de Venezuela (43.300 km2; 1.028.097 h [estim 1995]) Situado ao L do país, está formado por tres rexións naturais: a montaña ao L, as mesas de pastos duros ao L e S, e a depresión de Unare, que ocupa uhha gran parte do estado, de terreos aluviais. A súa economía, tradicionalmente baseada na agricultura, a gandería e a pesca, veuse fortemente incrementada coa explotación petrolífera das mesas. A súa capital é Barcelona, no litoral oriental do estado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pequeno arpón ou gancho farpado, de ferro ou doutro metal, que vai atado ao sedal ou á liña, para a pesca a cordel e para a composición dos grandes aparellos da pesca con palangre, no que se pon o engado para pescar.

    2. Aquilo que unha persoa discorre para enganar a outra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LIÑAXES

    Liñaxe orixinaria de Viveiro. Pode aparecer tamén coa variante   Anzó. As súas armas levan en campo de azul un anzol sobre ondas de azul e prata.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de Castela, na conca do Douro. Afluente pola esquerda do Pisuerga, no que desemboca augas arriba de Torquemada, logo dun percorrido de 122 km. Nace na serra da Demanda e pasa pola cidade de Burgos. Recibe as augas do Urbel pola dereita, e as do Cogollos e o Arlanza pola esquerda. No val alto do río está situado o encoro de Arlanzón, que alimenta a central hidroeléctrica de Villasur de Herreros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘pedrada’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización agraria máis antiga da vila de Betanzos constituída oficialmente en decembro de 1900. A súa fundación foi alentada no transcurso dunha visita que o líder socialista Pablo Iglesias realizou en 1899 á vila. Esta organización labrega, de orientación socialista, estaba conformada por xornaleiros, arrendatarios e pequenos propietarios de terras. Entre os seus obxectivos estaban os de mellorar a condición económica, moral e intelectual dos afiliados, establecendo relacións de solidariedade coas demais asociacións de carácter obreiro. Interveu nas loitas electorais municipais dende 1901, apoiando aos candidatos socialistas; e do mesmo xeito, entre 1907 e 1909, apoiou a Solidaridad Gallega, enfrontándose así ao caciquismo liberal do distrito. Nos anos da II República estivo adherida á Federación Agraria do Partido Judicial de Betanzos. Desapareceu nos comezos do alzamento militar de 1936.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada polo concello de Betanzos en 1953, subtitulado “Boletín de información municipal”. Desapareceu probablemente en 1955.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Paso dunha escaleira ou dunha escada. SIN: banceira, chanzo.

    2. Cada un dos largueiros onde van colocados os chanzos dunha escada constituíndo a armazón principal da mesma.

    3. Cada un dos largueiros que soporta a armazón dunha cama, dun bastidor, etc.

      1. Cada unha das catro varas que saen das andas e serven para levalas aos ombreiros. Os banzos, especialmente os dianteiros, son sometidos a poxa nalgunhas parroquias galegas co fin de poder levar calquera santo milagreiro nunha procesión.

      2. Cada un dos brazos polos que se suxeita a padiola.

    4. Cada un dos listóns de madeira máis grosos que forman parte do bastidor no que se ha de bordar.

    5. Peza grande onde se talla o peitoril dun pozo.

    6. Listón ancho que serve de reforzo aos costados dunha embarcación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • alado construído con estacas sen labrar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Único viño da provincia da Coruña do que só existen colleitas particulares. Trátase dun viño tinto, aínda que non moi escuro, con moita agulla, acidez alta e sabedeiro cando é novo.

    VER O DETALLE DO TERMO