"Aponte" (Contén)

Mostrando 6 resultados de 6.

    1. Apelido de orixe toponímica procedente do latín ponte. Como apelido xa se documenta no s XIV: “Martin Perez da Ponte” (doc ano 1333 en E. Rivas Quintas, Onomástica persoal do noroeste hispano, 1991, p 607).

    2. Antiga liñaxe procedente de Betanzos, segundo algúns investigadores, e de Pontedeume, segundo outros. Nos tratados heráldicos este apelido pode aparecer coas formas Da Ponte, de Ponte, e Ponte. Os de Pontedeume tiveron o señorío do castelo de Monreal quen, trala morte do seu último posuidor, Pedro Mejia de Aponte, pasou á orde de Santiago. Xa polo ano 744 era señor desa casa Gil de Aponte (ou Nuño Gil de Aponte), un dos máis famosos capitáns da época, que viviu nos reinados de Afonso I o Católico, Froila e Afonso II o Casto, sepultado na igrexa de Santa María de Iria Flavia, en Padrón. Dende a primitiva casa pasaron a Noia e Amusco (Palencia), e desde esta última vila a Lugo, Toledo, Ocaña, Cuenca, Madrid, Aragón, Extremadura e Italia. Dos Aponte da Coruña descende Simón Bolívar, o Libertador das terras americanas. Os de Lugo asentáronse no lugar de Caboxo, no concello lugués de Abadín. Os Aponte levaron tamén o apelido Freixomil como...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Militar, poeta e dramaturgo. Foi autor de obras como: Jardín de ensueño (1909); Canciones remotas (1910); Paisajes de almas (1913); Superstición (Trilogía celta) e o drama premiado polo concello de Madrid, El rey ciego (1919). A causa dun transtorno mental, suicidouse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Apelido de orixe toponímica formado sobre a base léxica ponte e mais a contracción da, indicadora de lugar de procedencia, residencia ou nacemento do individuo a quen se lle aplicou na súa orixe. Documéntase no s XIII: “Clemenço da Ponte” (doc ano 1281 en Miguel Romaní, A Colección diplomática do Mosteiro Cisterciense de Santa María de Oseira (1025-1399), vol II, 1990-1993, p 1099). Tamén se grafa Da Ponte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor grego. Continuador do espírito de Bizancio, as súas obras mesturan notas autobiográficas con exemplos históricos e míticos. Da súa produción destacan Kathréptēs gynaikōn (O espello das donas) e Kēpos Kharitōn (O xardín das Gracias).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga cidade de Lucania, que corresponde á actual Metaponto (Basilicata), que foi fundada no s VIII a C, posiblemente polos aqueos de Peloponeso. Habitárona os gregos e posteriormente aliouse cos romanos, en 210 a C ocupouna o militar cartaxinés Aníbal, pero foi de novo reconquistada polos romanos, e coñeceu un grande esplendor durante a época imperial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xenealoxista. Estivo ao servizo de Fernando de Andrade. Escribiu Relación de algunas casas y linajes del Reino de Galicia (1534?), en que tratou das familias Andrade, Churruchaos, Figueroa, Lago, Lantaño, Lobeira, Mariñas, Meira, Mesía, Moscoso, Paraga, Saavedra, Soutomaior e Ulloa, das que analizou a súa antigüidade, parentescos con outras casas, relación coa monarquía e descrición de patrimonio, rendas e feitos. A súa obra ten interese tanto para o coñecemento dos acontecementos en que se envolveu a nobreza baixomedieval galega como para a reconstrución de todo o imaxinario galego da transición entre o medieval e o moderno. Empregou como fontes a súa propia memoria e a doutros e algúns escritos. Escribiu tamén Recuento de las casas antiguas del Reino de Galicia e Casas y linajes del Reino de Galicia (1543-1544).

    VER O DETALLE DO TERMO