"Arán" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 317.
-
ESPA¥A
Concello da rexión de Murcia, 40 km ao NO da capital, na veiga do río Segura (12.002 h [1996]). Antiga xurisdición da Orde de Santiago. Relevo abrupto na serra da Pila ao L. Horta, vide, cereais e oliveira. Gando lanar. Xacementos de xofre. Envasado e transformación de froitas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor castelán de orixe aragonesa. Realizou obras de tema relixioso, retratos e miniaturas.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Nivelar coa garanda a pedra fixa do muíño.
-
Sinalar coa garanda o labor a facer nalgunha peza de carpintería.
-
-
-
De cor da laranxa.
-
A cor laranxa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estrela da constelación de Tauro, a décimo cuarta máis brillante da bóveda celeste, cunha magnitude visual aparente de 0,8, a unha distancia da órbita da Terra de 68 anos-luz. É unha xigante vermella e pertence á clase espectral K5.
-
DEPARTAMENTOS
Departamento do Paraguai (14.895 km2; 406.584 h [1992]). A capital é Cidade do Leste (133.893 h [1992]).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e político. Emprega os pseudónimos de Txillardegui e Larresoro. No campo da novela, cómpre salientar da súa produción a súa primeira obra Leturia ‘ren egunkari izkutua (Diario secreto de Leturia, 1957), seguida por Pere Leartza’ko (Pedro de Learza, 1960), Elsa Scheelen (1969) e Haizeaz bestaldetik (Alén do vento, 1979). Polo que se refire ao ensaio, destaca a recompilación de artigos Huntaz eta hartaz (Acerca disto e daquilo, 1965).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que pertence á familia das amarantáceas.
-
Planta da familia das amarantáceas.
-
Familia de herbáceas da orde asparagais, integrada por uns 65 xéneros que compoñen unhas 900 especies de plantas herbáceas e arbustivas, de distribución cosmopolita, especialmente, tropical e subtropical. Moitas cultívanse como plantas ornamentais e, nalgúns casos, como vexetais e herbas para cociñar. Pertencen a esta familia os narcisos, as cebolas das gaivotas e o xénero Leucojum.
-
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Antas de Ulla baixo a advocación de san Fiz.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Antas de Ulla baixo a advocación de san Martiño.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe vencellada ao condado de Amarante e natural do Castro de Amarante, en Antas de Ulla. As súas armas levan, en campo de azur, trece bezantes de prata, postos de tres en tres e un de non. Outra variante leva, en campo de azur, trece besantes de prata, cargado cada un dunha mota de sable no centro, colocados en faixa e postos 5-4-3 e 1.
-
PERSOEIRO
Arquitecto portugués. Autor do Santuario do Bom Jesús do Monte, preto de Braga.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Título que foi concedido o 3 de agosto de 1648 a Xoán de Lemos Sarmiento Ulloa e Acuña, fillo de Alonso de Lemos e de Xoán de Acuña, señores de Amarante. O conde de Amarante morreu sen descendencia polo que os seus dereitos pasaron á súa irmá maior Constanza de Lemos, muller de García Ozores, señor de Troáns e do Covelo. O fillo de ambos García Ozores, mestre de campo, casou coa marquesa de Valladares. Ao faleceren sen descendencia, herdou o título a irmá do mestre Xoana de Ozores. A xurisdición de Amarante comprendía varias parroquias do concello lugués de Antas de Ulla. Nobres do Pazo de Santa Mariña de Castro de Amarante, residencia dos Vázquez de Villasante, Vázquez Taboada, Noguerol e outros adoitaron apelidarse Amarante. Este condado caeu máis adiante na Casa de Camarasa. Os primeiros señores do Val de Lemos exerceron o seu señorío sobre Ferreira de Pantón, Sober e Amarante e, en tempos de Filipe IV, outorgóuselles o título de condes de Amarante; de feito, as súas armas son...
-
-
Relativo ou pertencente ao amaranto.
-
-
Inmarcescente, coma o amaranto.
-
Inmortal, que non morre endexamais.
-
-
De cor púrpura.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sulfato de ferro hidratado, FeSO4(OH)·3H2O. Cristaliza no sistema triclínico, e forma agregados radiais e exfoliables, da cor parda do óxido de ferro. Ten raia amarelenta.
-
-
Flor imaxinaria da que se supón que non murchaba endexamais.
-
beldro.
-
Colorante sintético do grupo dos monoazoicos. Pos de cor vermella pardosa, solubles en auga. Emprégase para tinguir a la e a seda, na fotografía para a cor, e na industria alimentaria naqueles produtos nos que está autorizado.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de herbáceas da familia amarantáceas ao que pertence o beldro.
-
GALICIA
Doutor en Teoloxía, licenciado en Filosofía e diplomado en Técnicas Educativas. Profesor no Seminario Maior San Xosé de Vigo e no Seminario Menor de Tui (centros nos que tamén é rector), no Instituto Teolóxico Compostelán, na Escola Universitaria de Formación do Profesorado de Vigo e no Instituto Superior de Ciencias Relixiosas San Agustín. Delegado episcopal de apostolado segrar, delegado de pastoral universitaria e delegado episcopal de diversos medios de comunicación. Durante vinte e un anos formou parte do equipo de pastoral do Secretariado Nacional de Formación Profesional da Comisión de Ensino da Conferencia Episcopal Española. Foi membro do consello de prebisterio de Tui-Vigo, do Consello Nacional de Rectores de Seminarios Maiores e da Comision Mixta RTVG-Bispos da Comunidade Autónoma de Galicia. Escribiu: Primado y Episcopado, Sois el cuerpo de Cristo e artigos de teoloxía en revistas e xornais galegos. Colaborou, así mesmo, en O concilio Pastoral de Galicia...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘amosar’.