"Arāk" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 26.
-
CAPITAIS
Capital do ostān de Markazī, Irán, na vertente oriental do Zagros (378.597 h [1994]). Centro de comunicacións ferroviarias, aéreas e por estrada.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Estado de Myanmar (36.778 km2; 2.482.000 h [estim 1994]). A capital é Sittwe (ou Akyab). Sometido á influencia india durante o s IX, no s XI foi incorporado á Birmania unificada baixo Anawratha. A partir do s XV converteuse en reino independente, pero en 1785 foi novamente anexionado a Birmania. Despois da primeira guerra anglo-birmana (1826) fusionouse coa Baixa Birmania Británica (1862).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sistema montañoso de Myanmar. Esténdese en dirección N-S desde o estado de Manipur, na India, ata o curso baixo do Irauadi e entre este río e o golfo de Bengala, formando unha barreira climática que evita a penetración do monzón do SO no centro do país. Alcanza os 3.035 m de altitude no monte Vitoria.
-
VER O DETALLE DO TERMO
[Hangaj Setentrional] Ajmag de Mongolia (55.000 km2; 105.000 h [estim 1997]). A súa capital é Cecerleg (14.700 h [1979]).
-
RIOS
Río de Grecia (143 km). Nace no monte Pindos, flúe en dirección S, pasa por Platanûssa e Árta, e desemboca no golfo de Ambracia. Antigamente era denominado Árta.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e político israelí. Membro da elite Ashkenazi de Israel, de orixe europea. Despois de 35 anos de carreira militar, retirouse como xefe do exército en 1995 e uniuse ao Partido Laborista. Foi brevemente ministro do Interior con Rabin e de Asuntos Exteriores con Peres, e converteuse en primeiro ministro en maio de 1999. Coa chegada de Barak e os laboristas ao goberno reactiváronse as negociacións de paz e aumentou a autonomía dos territorios baixo a administración da Autoridade Nacional Palestina.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
No Islam, bendición que Deus concede a determinados fieis virtuosos e que se manifesta por unha vida terreal e eterna favorables. Deste modo, as tumbas e os obxectos persoais destes fieis comunican as súas propiedades aos devotos que se achegan para conseguilos.
-
Sorte ou situación favorable.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Everet Le Roi Jones.
-
MUNICIPIOS
Municipio do territorio de Bizkaia, Euskadi, na ría do Nervión (100.474 h [1996]). Inserido na área metropolitana do Gran Bilbao, é un núcleo industrial que comezou a desenvolverse no s XIX coa instalación das primeiras siderúrxicas. No 1902 a fusión de tres delas deu lugar a Altos Hornos de Vizcaya, que posúe ferrocarrís e minas de ferro propias (Somorrostro, Mendierreta). Hai tamén industrias de maquinaria, ferramentas, material de transporte, produtos químicos, farmacéuticos, téxtiles, alimentarios, etc. Do seu patrimonio artístico destaca a igrexa de San Vicente, do s XIII.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos betsimarakas.
-
Individuo dun pobo betsimisaraka do grupo malgache.
-
Pobo do grupo malgache que habita a costa L de Madagascar. Os betsimarakas (ó redor de 1.400.000 individuos) divídense en dúas tribos denominadas betsimisaraka-antavaratra e betsimisaraka-antatsimo, que habitan respectivamente no N e no S. Practican unha agricultura de subsistencia, xunto coa pesca e maila gandería.
-
-
PERSOEIRO
Anarquista. Directivo da Asociación Continental Americana de Trabajadores (ACAT), foi expulsado de diversos países americanos, aos que emigrara, polas súas actividades sindicais. Recalou na Coruña a finais de 1933, coincidindo coa folga da construción para a que acadou numerosos apoios en América. Reorganizador da FAI coruñesa e fundador do seu voceiro Brazo y Cerebro, exerceu unha considerable influencia sobre as Juventudes Libertarias herculinas. Agochado tralo golpe militar de 1936, foi descuberto e asasinado polos franquistas cando tentaba a reorganización dos grupos anarquistas na clandestinidade.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
haraquiri.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ken da illa de Honshū, Xapón (6.094 km2; 2.985.676 h [2000]). A súa capital é Mito.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liwās de Xordania (3.217 km2; 196.980 h [estim 1999]). A súa capital é Al Karak (22.700 h [1994]).
-
-
Relativo ou pertencente aos karakalpak.
-
Individuo do pobo karakalpak.
-
Pobo turanio no que se mesturan elementos mongois, que fala un dialecto turco e que habita ao S do mar de Aral, en Karakalpaquistán. Sometidos parcialmente polos kazakhs, no s XVIII trasladáronse cara ao S do mar de Aral. Durante o s XIX foron sometidos polo Khanato de Khiva. Tradicionalmente practicaban a gandería nómade de ovellas pero a maior parte da poboación sedentarizouse.
-
-
REPUBLICAS
República Autónoma de Uzbekistán (164.900 hm2; 1.343.000 h [estim 1993]). A capital é Nukus. Sometida polos rusos a finais do s XIX, pasou o control dos soviéticos en 1920. Rexión Autónoma de Karakalpaquistán desde 1925, en 1932 converteuse en república autónoma. En 1936 foi transferida á República Socialista Soviética Uzbeca.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos karakitai.
-
Individuo do pobo karakitai.
-
Pobo mongol establecido ao S do lago Balkhaš a comezos do s XII. Fundaron un imperio que foi aniquilado por Xenguis Khan (1218).
-
-
CORDILLEIRAS
Cordilleira do Himalaia, situada ao N de Paquistán, do estado de Jammu e Kashmir e de India . A altitude media da aliñación é de 6.600 m; culmina no K2, a 8.611 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga capital do imperio mongol fundada por Xenguis Khan en 1220. O traslado da corte de Kublai a Cambaluc, en 1267, iniciou a súa decadencia. No s XIV experimentou unha recuperación como capital da dinastía chinesa de orixe mongol de Yüan.