"Aranjuez" (Contén)
Mostrando 4 resultados de 4.
-
ESPA¥A
Concello da Comunidad Autónoma de Madrid, no val do Tajo, na confluencia deste río co Jarama (38.900 h [1996]). É un centro agrícola importante (horticultura, espárragos), convertido progresivamente en satélite industrial de Madrid. O palacio de Aranjuez comezou a construírse en tempos de Filipe II (1561) a cargo de Xoán Bautista de Toledo, e foi continuado en 1567 por Xoán de Herrera. Giacomo Bonavia (1793) propuxo a urbanización da cidade segundo un esquema reticular para ligala co núcleo do palacio. Nel asinouse o Convenio de Aranjuez (13 de febreiro de 1801), polo cal a Armada Española se poñía ao servizo do exército napoleónico na súa loita contra Gran Bretaña. No 1808 a cidade foi escenario do Motín de Aranjuez, contra o Primeiro Ministro Godoy, e logo sede da Junta Suprema Central que gobernou o reino.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Insurrección que tivo lugar en Aranjuez na noite do 17 ao 18 de marzo de 1808. O exército francés pactara o seu paso por España para atacar Portugal e, despois de ocupar o país veciño, dirixiuse cara a Madrid como primeiro paso para a ocupación de España. A Corte trasladouse a Aranjuez e Godoy conseguiu convencer o Rei Carlos IV de que fuxira a América. Esta decisión foi aproveitada polos nobres partidarios do infante Fernando para destituír e presionar a Godoy e facer abdicar a Carlos IV (19 de marzo) no seu fillo, Fernando VII.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tratado de alianza asinado en Aranjuez polos plenipotenciarios de España (conde de Floridablanca) e de Francia (conde de Montmorin) o 12 de abril de 1779, que unía a ambos os dous países na guerra que Francia mantiña contra Gran Bretaña. Ademais de intentar manter a alianza con Francia, España aspiraba a revogar as concesións feitas a Gran Bretaña nos tratados de Utrech (1713) e París (1763).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Peza musical para guitarra e orquestra da autoría do compositor Joaquín Rodrigo Vidre. Estreouse en Barcelona en 1940 baixo a dirección de César Mendoza Lasalle e foi interpretada polo guitarrista Regino Sáinz de la Maza acompañado da Orquestra Filharmónica de Barcelona. A peza reflicte o Aranjuez do s XVIII, cidade na que se refuxiaba a monarquía, e as cortes de Carlos IV e Fernando VII. Síntese do clásico e do popular, constitúe a primeira obra composta especificamente para guitarra e a peza que máis dereitos de autor acadou no s XX. De enorme éxito internacional, ao longo dos anos foi interpretada por grandes figuras musicais como os guitarristas Narciso Yepes, Paco de Lucía e Juliam Bream ou polo arpista Nicanor Zabaleta, ademais de ser adaptada ao jazz, incluída unha versión de Miles Davis no disco Sketches of Spain (1959).