"Arra" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 638.

  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘barba’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘barbudo’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘barbeiro’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘barbear’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Contraer un catarro, especialmente das vías respiratorias.

    2. Provocar un catarro a alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Semellante ao chaparro.

    2. De pequena estatura e groso de corpo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dar forma de chaparro a algunha cousa.

    2. Engrosar unha árbore crecendo pouco en altura.

    3. Quedar unha persoa repoluda, grosa e de pouca estatura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trobador galego, mencionado nos Livros de Linhagens por mor do casamento de seus pais, Soeiro Ares e Maria Afonso, filla ilexítima de Afonso IX de León. Participou, xunto co seu irmán Pero Soarez, na conquista de Sevilla, sendo ambos os dous beneficiados no Repartimiento de Sevilla de 1248. Estes datos fan supoñer que desenvolvería a súa actividade poética no segundo cuarto do s XIII. Non obstante , a súa mención en 1262 no testamento da súa muller Teresa Anes de Deza, no que pide ser enterrada no mosteiro de Santa María de Aciveiro (Forcarei), demostran que aínda estaría activo neste ano. A produción deste trobador consta unicamente do escarnio persoal “Poren Tareija Lópiz non quer Pero Marinho”, conservado no Cancioneiro da Biblioteca Nacional e no Cancioneiro da Biblioteca Vaticana. A alusión a Tareija Lópiz e a Pero Marinho, personaxes que mantiveron relacións cos Sarraças no século XIII, seguen corroborando o período de actividade que se ten establecido....

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Asa ou cousa semellante que se emprega para agarrar algo.

    2. Bocado de comida.

    3. agarrada.

    4. Palabra empregada na xerga dos cesteiros de Mondariz co significado de ‘man’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de agarrar ou de agarrarse.

    2. Discusión ou disputa violenta, física ou só verbal, entre dous ou máis individuos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Anel de ferro, fixo ou móbil, por onde se agarran algunhas cousas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • agarradoira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de baile de orixe popular e centroeuropea. Resultan ser danzas de estrutura e pasos simples, que bailan parellas entrelazadas sen normas formais excesivamente ríxidas. Segundo a danza de que se trate, as parellas bailan soas ou en compaña doutras. Xorden despois da Revolución Francesa, como oposición ás suites de danzas cortesás amplamente estendidas no Barroco, de estrutura e pasos máis requintados, requeridores de mestre de baile. No seu arrinque suscitaron forte oposición nas cortes europeas pola súa orixe popular (revolucionaria). A Igrexa, que, vendo na aperta da parella un relaxamento da moralidade, promoveu a volta ás danzas tradicionais; malia todo, os bailes do agarradiño impóñense ao longo do s XIX en toda Europa. En Galicia desprazan os autóctonos das festas e romarías. Nunha primeira etapa, as novas melodías execútanse con instrumentos tradicionais, aos que, polo común, son axeitadas. Progresivamente van introducíndose os novos instrumentos do momento (acordeón,...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de agarrar.

    2. Persoa apegada en exceso ao diñeiro, remisa a dar e a gastar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Peza ou apéndice dunha vasilla ou doutro utensilio que serve para collelo.

    2. Parte de calquera obxecto polo que se agarra algo ou alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que agarra algo ou alguén.

    2. Na matanza do porco, aplícase á persoa ou persoas que collen con forza o animal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Asir ou suxeitar con forza coa man ou con outra parte do corpo.

    2. Soster ou tomar un obxecto na man.

    3. Coller unha doenza ou un mal hábito.

    4. Ser collido por alguén por calquera parte do corpo.

    5. Aguantarse, valéndose da man, a fin de evitar ser levado ou caer.

    6. Aproveitar algunha cousa como pretexto, ocasión ou oportunidade para obter algún beneficio. Tamén no sentido de valerse de alguén para salvagardarse.

    7. Pelexar animais ou persoas con ou sen armas.

    8. Empreñar unha vaca.

    9. Botar raíces na terra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta romántico da década do 1850 integrante do Liceo de la Juventud. Estudiou Dereito na Universidade de Compostela. Dende moi novo promoveu no Liceo de San Agustín unhas xornadas literarias, que o converten xa nun punto de referencia do movemento literario compostelán. Alí trabou amizade con Pondal, Luís Rodríguez Seoane e Rosalía de Castro, a quen dedicou o poema “Improvisación” e sobre a que influirá nun futuro. De feito a poesía “El murmullo de las olas” de Aguirre vén sendo un adianto de “Negra sombra” de Rosalía. Participou tamén como miliciano no levantamento de 1854 e foi, xunto con Eduardo Pondal, unha das figuras sobranceiras do Banquete de Conxo. Amais dun drama e da narración Risas y lágrimas, el mesmo comezou a publicación da súa obra poética, volume que sairía do prelo postumamente co título de Ensayos poéticos (1856-1858). A súa poesía, chea de sentimentalismo ten en María, Efigenia e Felisa Taboada as súas protagonistas. Xa que logo, toda ela está inzada...

    VER O DETALLE DO TERMO