"Arta" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 205.

  • Documento escrito por duplicado que se utilizaba para confirmar a autenticidade nos contratos bilaterais. Entre os dous orixinais, colocábanse as letras ABC (ou outras) esparexidas; despois, recortábase o documento para autentificar o contido ao confrontar os dous orixinais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Utensilio semellante a un coitelo empregado para abrir sobres.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Matteo de Acquasparta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do estado de Tripura, na India, ao NL de Dacca, preto dun afluente do Meghna (157.358 h [1991]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Conde de Mistretta, Mestre Xusticeiro (1355) e Vigairo Xeral de Sicilia. Contribuíu á restauración da illa durante o Reinado de Federico III o Simple, á morte do cal (1377) foi un dos catro vigairos que administraron a illa en nome da súa filla, a Raíña María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • o Santo (Zaragoza 1553 - ? 1593) Nobre aragonés, camarlengo de Carlos I e Felipe II, terceiro conde de Sástago e Vicerrei de Aragón (1553-1588). Durante a súa carreira acentuouse o antagonismo entre a poboación pirenaica e os mouriscos das chairas da beira do Ebro. É autor dalgúns escritos de tema espiritual, entre os que destaca Concordia de las leyes divinas y humanas y desengaño de la inicua ley de venganza (1593).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Catedrática de Historia e licenciada en Filosofía e Letras e Xornalismo. Foi xefa do Gabinete para a Reforma Educativa da Xunta de Galicia, membro do Comité local e provincial do Partido Popular e edil no concello de Santiago desde 1987. Senadora. Deputada no Parlamento de Galicia dende 1997 onde desempeña o cargo de portavoz da Comisión da Muller e Presidenta da Comisión de Educación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GOLFOS

    Golfo de Grecia Central na costa do mar Xónico, onde desemboca o río Arakhthós. Comunica co mar por medio dun canal duns 2 km de anchura coa localidade de Préveza na saída. Na costa S están os pequenos portos de Vónitsa e Amfilokhía.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de apartar ou apartarse.

    2. Separación do descendente da súa participación na herdanza que lle fora entregada por seus pais en vida.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que tende a permanecer apartado.

    2. Quen é pouco sociable.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de apartar.

    2. Que está a moita distancia, lonxe.

    3. Cada un dos fragmentos ou partes en que se divide unha cousa.

    4. Parágrafo dunha lei ou decreto.

    5. Modalidade do servizo de correos que permite que a correspondencia non se reparta a domicilio senón que se reserve na oficina de correos. A correspondencia localízase asignándoselle un número identificativo do destinatario, e deposítase nunha caixa na que permanece a disposición do usuario que ten contratado este servicio. A contratación dos apartados de correos renóvase anualmente. OBS: Tamén é frecuente que se denomine só co termo apartado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Espacio que se deixa nos camiños estreitos para que os carros poidan apartarse e deixar pasar aos que veñen no outro sentido.

    2. Nunha estrada moi estreita, ancheamento que, disposto de tramo en tramo, permite o paso dos vehículos que circulan en sentido contrario.

    3. Apartadoiro constituído por unha vía de circulación, de gran lonxitude, paralela á xeral, á que pode ser desviado un tren lento, continuando a súa marcha normal mentres outro máis rápido o adianta pola vía principal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ivenda nunha casa moderna que xeralmente está composta por un, dous ou tres cuartos e os correspondentes servicios de hixiene e cociña.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Desprazar un obxecto para un lugar determinado co gallo de deixar paso libre.

    2. Colocar algo ou alguén a moita distancia, moi lonxe.

    3. Axudar a unha persoa a que abandone unha actividade determinada que, en xeral, resulta nociva ou negativa para si mesma.

    4. Ocasionar o abandono ou a deixadez nunha persoa.

    5. Establecer diferencias de carácter ideolóxico, afectivo ou de calquera outro tipo entre dúas persoas máis ou menos próximas.

    6. Favorecer que dúas ou máis persoas deixen a discusión ou a pelexa.

    7. Colocar algo ou alguén á parte.

    8. Desprazar ou desprazarse para un lugar determinado, tentando deixar un espazo ou paso libre.

    9. Situar ou situarse máis lonxe ca o punto que tomamos como referencia.

    10. Perder ou perderse a proximidade e contacto entre dúas ou máis persoas.

    11. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Licenciada en Dereito polo ICADE e magister especialista en Cooperación Internacional. Traballa como investigadora e técnica de incidencia no Departamento de Estudios e Relacións Internacionais de INTERMÓN. Participou en numerosas reunións nacionais e internacionais sobre traballo infantil e, durante 1998, foi a coordinadora en España das tarefas de incidencia política da Marcha Mundial contra a Explotación Laboral da Infancia. Ten publicados varios traballos relacionados co comercio xusto, a cooperación descentralizada e o traballo infantil, entre os que cómpre sinalar: Adultos a la fuerza (1998) e Educación ahora: rompamos el círculo de la pobreza (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Carta xudía escrita en grego. O autor, que se presenta como funcionario de Ptolomeo II Filadelfo (285-247 a C), pretende explicar a orixe da versión grega dos Setenta. Incluíu entusiastas eloxios á lei xudía e á súa sabiduría. O escrito tense datado de xeito aproximado no ano 140 a C, se ben algúns estudiosos a consideran do s I d C.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nomós do Epiro, Grecia (1.662 km2; 78.719 h [1991]). A capital é Arta (20.004 h [1981]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da illa de Mallorca, Balears, situado na península de Artà (140 km2; 5.971 h [1996]). Ten cultivos de cereais, amendoeiras e oliveiras. Turismo. Cómpre salientar entre o seu patrimonio cultural as covas e poboados talaióticos da Idade do Bronce, o santuario de Sant Salvador de Artà e o convento franciscano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestre pedreiro que exerceu o seu labor en Compostela no primeiro terzo do século XVI. Traballou nas fontes do Real Hospital desta cidade e tamén foi mercador de viños.

    VER O DETALLE DO TERMO