"Astorga" (Contén)

Mostrando 8 resultados de 8.

  • CAPITAIS

    Capital da comarca da Maragatería, na beira do río Jerga. Núcleo xacobeo de primeira orde, é a encrucillada da Ruta da Prata e do Camiño Francés a Santiago. Constitúe un municipio adscrito á provincia de León, na comunidade autónoma de Castela e León (12.564 h [1996]). É un importante centro agrícola (cereal, viño), gandeiro (ovino) e industrial. Entre os seus produtos máis típicos destacan os mantecados e os follados. Continúa a ser un paso fundamental das comunicacións terrestres dende a Meseta a Galicia, tanto por estrada (A-6 e N-120) como por ferrocarril. Chamada polos romanos Asturica Augusta, foi a capital do convento asturense da provincia da Gallaecia. Alí cruzábanse a Vía Traxana coa Vía da Prata, dúas das máis importantes infraestruturas de comunicacións da Hispania romana. A cidade conserva as murallas romanas, así como as ruínas dalgunha vila descuberta casualmente ao acometer obras no s XX. É sé episcopal dende o s III. A finais do s IV foi unha das vilas máis afectadas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe de orixe leonesa que se estendeu por Valderas, Mansilla e Carbajal de Fuentes, no Reino de León, e tamén por Castela, Galicia, Andalucía, Asturias, México e Chile. As súas armas levan na metade dereita, en ouro, unha faixa atravesada no alto e debaixo dela un lobo negro andante; na metade esquerda, en vermello, unha cruz de ouro grande. A rama galega presenta escudo partido: a primeira partición, en campo de ouro, unha faixa de azul, acompañada de dous lobos de sable, un arriba e outro abaixo; e, a segunda, en campo de goles, unha cruz de ouro, que toca coas súas beiras os bordos do escudo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • División territorial administrativa da Igrexa católica. A primeira documentación data do s III cando aparece nomeado o seu bispo Basílides. A súa xurisdición abranguía todo o convento asturicense da Gallaecia, a actual diócese de Ourense, que no s VI aparece xa como independente, e parte da de Lugo. As comarcas de Trives, Caldelas, Robleda e Valdeorras permaneceron baixo a xurisdición astorgana ata a época contemporánea. Na provincia de Lugo a comarca de Quiroga ficou na diócese de Astorga ata 1955, data na que se adaptou a administración eclesiástica á civil. Pertenceu á arquidiócese de Braga pero durante o Cisma de Occidente dependeu de Santiago de Compostela. Permaneceu na arquidiócese compostelá ata 1851, ano no que pasou a depender de Valladolid. En 1999 a diócese de Astorga comprendía cinco arciprestados asentados no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia (Valdeorras, Fontei, Trives-Manzaneda, A Veiga do Bolo e Viana do Bolo), que inclúen os concellos do Barco de Valdeorras,...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Astorga.

    2. Habitante ou natural de Astorga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo situado no palacio episcopal de Astorga, inaugurado en 1963. Acolle unha colección composta por esculturas medievais de madeira policromada, así como unha importante mostra de ourivaría renacentista e barroca. As obras están vinculadas, en maior ou menor medida, coa peregrinación a Santiago de Compostela. Destacan as tallas románicas, as cruces procesionais, os cálices e as custodias. Acolle tamén unha mostra de artistas leoneses contemporáneos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de Astorga (1061-1065). Foi monxe nun mosteiro de Sahagún. Fernando I confioulle a misión de traer de Sevilla a León as reliquias de santo Isidoro. Está soterrado na igrexa de Santa Marta de Astorga. A súa festividade celébrase o 23 de febreiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso. Bispo de Astorga, combateu a idolatría e o priscilianismo. A finais do s IX trasladouse ao mosteiro cántabro de San Martiño de Turieno, que modificou o seu nome polo de Toribio de Liébana. Iconograficamente represéntase con pontifical (por ser bispo) e cunhas ascuas acesas como atributo persoal, como recordo de que as levou no roquete sen se queimar para librarse dunha acusación de crime; nalgunhas estampas aparece pisando herexes e priscilianistas. A súa festividade celébrase o 16 de abril.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de Astorga. Restaurou o mosteiro de San Pedro de Montes no Bierzo, fundado por san Froitoso. Foi conselleiro de Afonso III. A súa festividade celébrase o 25 de maio.

    VER O DETALLE DO TERMO