Astorga
Astorga
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe de orixe leonesa que se estendeu por Valderas, Mansilla e Carbajal de Fuentes, no Reino de León, e tamén por Castela, Galicia, Andalucía, Asturias, México e Chile. As súas armas levan na metade dereita, en ouro, unha faixa atravesada no alto e debaixo dela un lobo negro andante; na metade esquerda, en vermello, unha cruz de ouro grande. A rama galega presenta escudo partido: a primeira partición, en campo de ouro, unha faixa de azul, acompañada de dous lobos de sable, un arriba e outro abaixo; e, a segunda, en campo de goles, unha cruz de ouro, que toca coas súas beiras os bordos do escudo.