astracán
(< topónimo Astrakhan)
-
s
m
[TÉXT]
Pel de pelo rizado e de tons negros ou moi escuros, obtida dos años da raza Karakul. O pelo máis apreciado é o do año de poucos días, dos non natos ou dos nados mortos, porque despois de poucos días de vida, o pelo perde o seu rizo característico. Recibe este nome da rexión rusa de Astrakhan, de onde é orixinaria esta práctica peleteira.
Ex: Merquei un abrigo de astracán.
-
s
m
[TÉXT]
eludo de la ou de pel de cabra moi longo, enredado ou liso, que fai augas e imita a la dos años Karakul, que se emprega para facer forros, gorras e especialmente abrigos.
-
s
m
[ESPECT]
Tipo de farsa teatral creada por Pedro Múñoz Seca a principios do século XX. Caracterízase polo seu carácter cómico e paródico, pola presenza de constantes enredos argumentais, chistes, equívocos, xogos lingüísticos e despropósitos das situacións na escena. Tamén se denomina astracanada.