"Atán" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 92.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Bater os tecidos no batán para quitarlle a auga e amalgamar deste xeito as súas fibras.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Bater os tecidos no batán para quitarlle a auga e amalgamar deste xeito as súas fibras.
-
PERSOEIRO
Compañeiro de Clemente de Ancira, con quen morreu mártir contra o 300. En Elx venérase un santo Agatanxo como fillo da cidade; sen embargo, pode tratarse dunha confusión co anterior. A súa festa celébrase o 23 de febreiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta israelí. É autor de poemas moi populares polas súas interpretacións polémicas de acontecementos políticos e sociais. Obtivo o Premio Bialik 1958, coa obra Ir ha-yonà (A cidade da pomba), que explica a historia do pobo xudeu a partir da dualidade destrución-renacemento.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Pantón baixo a advocación de santo Estevo.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa románica de Pantón que pertencía a unha fundación monástica bieita e que agora é unha igrexa parroquial. Tipo de construción de nave e presbiterio únicos na que o máis salientable son as portadas e os beirados, cun traslado pouco usual dos canzorros do muro sur da nave á casa reitoral anexa. A porta norte ten o arco, lixeiramente apuntado, en bocel, sobre o que se dispoñen cinco arquiños que non abranguen toda a rosca. Os capiteis que sosteñen a arquivolta son góticos. O seu repertorio iconográfico e decorativo semellan relacionala co obradoiro xurdido en San Xoán de Portomarín, que difundiu as súas solucións pola comarca. A data de construción desta igrexa sitúase ao redor do 1225. Este monumento foi declarado Ben de Interese Cultural en 1975.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor serbio romántico. Algunhas das súas mellores obras son a narración longa Bunjevka (1851) e a novela Dva Idola (Dous ídolos, 1852).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome romanizado dunha das cidades máis importantes dos ilerxetes no s III a C. Non está localizada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Curtir as peles con casca de carballo e aciñeira para poder traballar mellor nelas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Carácter de letra de catorce puntos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo procedente do grego Athanasios, derivado de thanatos ( ϴ άνατος) ‘morte’ co prefixo privativo a-; isto é, ‘o inmortal’. Coñécense con este nome: santo Atanasio o Grande (295-373), Patriarca de Alexandría, que se enfrontou á herexía de Ario, e un dos discípulos de Santiago que seica trouxo a Compostela o corpo do apóstolo; e santo Atanasio de Athos (920-1003), abade que fundou no monte Athos o mosteiro da Gran Laura.
-
VER O DETALLE DO TERMO
o Grande , santo (Alexandría 295? - ? 373) Patriarca de Alexandría dende 328 a 373, Doutor da Igrexa, e un dos catro grandes pais orientais. Sucedeu ao Patriarca Alexandre. Asistiu ao Concilio de Nicea, celebrado no 325, onde se enfrontou á doutrina de Ario ( arianismo), negadora da divindade de Cristo, e acadou que o Concilio heretizase o Arianismo e introducise no Credo frases radicalmente opostas aos preceptos arianistas: “nado do Pai antes de todos os séculos, Deus de Deus, luz de luz, Deus verdadeiro de Deus verdadeiro, xerado, non creado, da mesma natureza ca o Pai”. Durante as subseguintes loitas foi desterrado cinco veces da sé bispal (336, 339, 356, 362, 365). A súa actividade como grande opositor do Arianismo maniféstase, tanto nas súas obras De incarnatione (A encarnación) e Adversus arrianos (Contra aos arianos), como no Sínodo Alexandrino de 362, onde se chegou á formulación do concepto de ‘Persoa’ (divina), en...
-
VER O DETALLE DO TERMO
, santo (Trebisonda 920 - Athos 1003) Abade. Monxe en Bitinia, no 953 pasou ao monte Athos, onde fundou o mosteiro despois chamado a Gran Laura e organizou a vida monástica na península de Athos. A súa festa celébrase o 5 de xullo.
-
PERSOEIRO
Rei visigodo (554-567). Estableceu a corte en Toledo e amosouse tolerante cos cristiáns. Loitou pola unificación peninsular e conquistou Sevilla aos bizantinos, aínda que ao morrer subsistiron as posesións de Bizancio, ao sur, e o reino dos suevos, ao noroeste.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Chegar a tocar, coller algunha cousa que non está moi preto ou que non está ao alcance.
-
Chegar a ter ou a tocar algo que se desexa.
-
Incidir unha cousa sobre algo ou alguén.
-
-
-
Roer cos dentes unha cousa repetidas veces e collendo un pouco de cada vez.
-
Morder unha froita ou obxecto deixando nela impresa a marca dos dentes.
-
Riscar cos dentes ou cun obxecto cortante a casca da castaña para que non estoupe ao asala.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome do forno para calcinar.
-
-
Máquina artesanal que funciona pola forza hidráulica, polo que se localiza en lugares que dispoñen de auga corrente. Coa forza motriz da auga ponse en movemento un mecanismo para bater o tecido, especialmente os panos e mantas, que saen amazocados do tear, desengraxados e cunha textura compacta e consistente para resistir mellor o frío e a choiva. Consta de tres pezas fundamentais que van unidas unhas ás outras: a roda motriz vertical que xira impulsada pola auga e move o eixe horizontal; dous mazos de madeira pendurados dunha bisagra de movemento constante e rápido para bater o tecido e, por último, unha pía ou cuba con auga onde se vai mollando o tecido. Os primeiros batáns apareceron en Europa na Idade Media. En Galicia constituían a base dunha industria doméstica moi produtiva no período 1770-1790, momento no que existían 166 batáns tradicionais establecidos principalmente no Baixo Ulla, a Alta Limia, o Alto Arnoia, a Terra de Montes e nas xurisdicións de Mondoñedo, Paderne, Allariz,...
-
Construción arquitectónica e mecánica que acolle o batán ou folón.
-
-
RIOS
Río afluente do Masma pola dereita que drena o val de Lourenzá. Nace no lugar das Redondas, no SL da parroquia de San Adrao de Lourenzá (concello de Lourenzá), a 400 m de altitude. Adopta un curso de dirección SL-NO e atravesa as catro parroquias do concello de Lourenzá. Na de San Xurxo de Lourenzá recibe pola esquerda o seu principal afluente, o Baus. Prosegue o seu curso cara ao NO e pasa pola capital municipal, Vilanova de Lourenzá, desembocando, logo dun percorrido duns 11 km, preto da aldea de Ribeira, na parroquia de Santa María de Lourenzá, achegando ao Masma un caudal de 1,64 m3/s.
VER O DETALLE DO TERMO -
ILLAS
Grupo de pequenas illas das Filipinas, no estreito de Luzón, ao N da illa de Luzón, que constitúen a provincia administrativa de Batanes. A poboación concéntrase nas chairas litorais e os seus principais recursos económicos son a agricultura e as minas de carbón. O maior núcleo de poboación é a cidade de Basco, na illa de Batán.
VER O DETALLE DO TERMO