"Auta" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 33.

  • Expresión francesa, que quere dicir ‘posesión comunitaria’, dada ao conxunto de normas, xurisprudencia e actos políticos vixentes na Comunidade Europea e que son de obrigado cumprimento polos gobernos, empresas, asociacións e persoas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que pilota ou tripula unha aeronave.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dise do timbre dunha voz ou instrumento que recorda ao da frauta.

    2. Aplícase á persoa ou obxecto con certa fineza e esvelteza.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cada un dos cincuenta e cinco compañeiros de Xasón que, embarcados na nave Argos, participaron na procura do vélaro de ouro. Os de máis sona foron Heracles (o Hércules romano), Anceo e Orfeo. Os argonautas embarcaron en Tesalia e, despois de pasar moitos apuros, arribaron á Cólquide, onde, en poder do Rei, quedaba o vélaro. A lenda, en parte anterior á Odisea, orixinou un ciclo literario. Co título de Os Argonautas, Apolonio de Rodas escribiu no s III a C un poema épico moi erudito que narraba esta expedición.

    2. Tipo de embarcación de regatas de 3,80 m de eslora.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de moluscos cefalópodos de vida peláxica. As femias de ata 20 cm portan unha cuncha externa transparente e non tabicada que serve para a protección dos ovos, segregada e sustentada por dous dos oito tentáculos. Os machos son moito máis pequenos e non superan os 3 cm. Na costa atlántica e mediterránea está presente a especie A. argo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ES-TRAD;mso-fareast-language: arroutada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que tripula unha astronave. É necesario que os astronautas sexan adestrados para aumentar a súa resistencia nun medio fisioloxicamente hostil (falta de gravidade e aceleracións, principalmente). Deben ir revestidos do chamado escafandro espacial, unha especie de habitáculo illado e impermeable construído ao redor do seu corpo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome de muller que vén probablemente do latín auta ‘aumentada en graza e en virtudes’. No calendario litúrxico non hai ningunha santa con este nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Segundo a tradición foi unha das once mil virxes martirizadas polos hunos en Colonia, xunto con santa Úrsula, á volta dunha peregrinación a Roma. As súas reliquias pasaron no ano 1517 ao convento lisboeta da Nai de Deus.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico. Comezou a súa andaina dirixindo curtametraxes, cun estilo e vocación cheos de ilusión e entusiasmo, nun cine de calidade. Vinculouse á última vangarda. A súa arte revulsiva, moral e eficaz soubo alternar a dignidade coa denuncia. A realización dalgunhas películas de encargo, xunto coa inadaptación dalgúns dos seus actores aos papeis que el deseñaba, dan conta dalgúns altibaixos na súa carreira profesional. Dirixiu, entre outras: Le marriage de Chiffon (O casamento de Chiffon, 1941), Le diable au corps (O diaño no corpo, 1947), Les sept pechés capitaux (Os sete pecados capitais, 1952), Le rouge et le noir (O vermello e o negro, 1954), Le Comte de Monte Cristo (O Conde de Montecristo, 1961), Le plus vieux métier du monde (O oficio máis vello do mundo, 1967).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Carácter derivado non compartido por outras especies.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei dos longobardos (584-590) que consolidou o estado longobardo en Italia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estado ou calidade do ente que se basta a si mesmo.

    2. Situación teórica de economía autosuficiente respecto do exterior. Actualmente o termo resérvase para describir o obxectivo xenérico dunha serie de instrumentos de política económica aplicados en situacións de forte nacionalismo, ou diante daquelas prácticas defensivas da burguesía local ou dos seus grupos dominantes. A finalidade da autarquía como doutrina económica esixe o autoabastecemento en determinados produtos, o proteccionismo industrial e a supresión das importacións, medidas que foron frecuentemente empregadas como instrumentos dunha política de industrialización e desenvolvemento. A manifestación máis importante de autarquía aconteceu en relación aos fenómenos fascistas que acompañaron a crise do 1929, que acentuou as tendencias á autarquía como doutrina económica nunha serie de países. A autarquía no estado español transformouse no programa económico do goberno despois de 1939.

    3. Estado do home que se basta por si mesmo, que constitúe a base da filosofía dos cínicos e que, máis tarde, tivo a súa continuación no pensamento estoico.

    4. Calidade da organización política autosuficiente. A independencia da polis grega baseábase na autonomía ou facultade para autogobernarse, e na autarquía.

    5. En Portugal, entidade local autónoma, auxiliar e descentralizada da administración pública que está suxeita a fiscalización e tutela do estado, posúe patrimonio e recursos propios e ten como fin executar servicios de carácter público ou do interese da colectividade. Segundo o artigo 238 da Constitução da República de 1976 poden ser entidades autárquicas as freguesías, os municipios e as rexións. Non obstante , na praxe, só son realmente autárquicos os municipios, ao non estar desenvolvida ata o de agora a administración nas outras escalas territoriais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á autarquía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obxecto, xeralmente con forma de rostro, que se coloca na cara para tapala e non ser recoñecido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo teatral pertencente a un instituto de Ferrol, dirixido por Eva Campo e fundado en 1977. Foi un dos moitos grupos de teatro escolar galego que apareceron a mediados dos setenta. Desenvolveu sempre unha intensa actividade cultural e un importante labor no eido da normalización lingüística. Entre os seus espectáculos cómpre destacar Romance de Micomicón e Adhelala de Blanco Amor (1978), Entremés famoso sobre a pesca do río Miño de G. Feixó (1979) ou Os vellos non deben de namorarse de Castelao (1980).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que se conecta a unha rede telemática para consultar información ou utilizar os distintos servicios que se ofrecen a través dela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Astronauta ruso ou da CEI (anteriormente soviéticos) ou dos países da súa influencia, segundo a terminoloxía espacial cuñada na URSS e empregada en Occidente.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Instrumento aerófono, con embocadura de bisel, que ten forma de tubo cilíndrico. É un dos instrumentos de orixe máis antiga. As modalidades occidentais máis importantes son a frauta doce e a frauta travesa. A frauta doce, chamada tamén frauta de bico ou de Inglaterra, é un instrumento de madeira, de perforación cónica, cun buraco na parte posterior e oito na parte de diante. O tubo, parcialmente tapado por un fragmento de madeira, só deixa pasar un fío de aire, dirixido contra o bordo tallado oblicuamente. No s XV describíronse tres membros da familia (soprano, contralto e tenor), máis tarde ampliada a cinco (sopranino e baixa). A frauta doce foi substituída pola travesa na segunda metade do s XVIII por mor da súa feble sonoridade. A frauta travesa é un instrumento de tubo cilíndrico, con embocadura e seis buracos. Chámase así porque o instrumentalista sostena de través,...

      2. Familia de instrumentos aerófonos que se caracterizan polo feito de producir o son mediante un bisel situado na súa embocadura, o cal, ao dividir o fluxo do aire que entra, fai entrar en vibración esta parte, que pasa ao interior do tubo resoador.

      3. frauta de Pan

        Instrumento aerófono, coñecido desde a Antigüidade. Consiste nun conxunto de tubos dispostos en fila que se poden facer soar de maneira sucesiva desprazando os seus buratos diante da boca.

    1. Xogo de órgano, de tubos abertos e amplos e dunha sonoridade doce, similar ao da frauta.

    2. Músico que toca a frauta.

    VER O DETALLE DO TERMO