Carauta, Grupo de teatro

Carauta, Grupo de teatro
[ESPECT]

Grupo teatral pertencente a un instituto de Ferrol, dirixido por Eva Campo e fundado en 1977. Foi un dos moitos grupos de teatro escolar galego que apareceron a mediados dos setenta. Desenvolveu sempre unha intensa actividade cultural e un importante labor no eido da normalización lingüística. Entre os seus espectáculos cómpre destacar Romance de Micomicón e Adhelala de Blanco Amor (1978), Entremés famoso sobre a pesca do río Miño de G. Feixó (1979) ou Os vellos non deben de namorarse de Castelao (1980).

Palabras veciñas

Carathéodory, principio de | Caratinga | carauta | Carauta, Grupo de teatro | Caravaca de la Cruz | Caravaggio | caravaggismo