"BRE" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 949.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ávrego
-
-
Pequena comida en forma de entrante que se toma acompañando unha bebida e, en xeral, antes do xantar.
-
Instrumento que se emprega para manter a boca aberta e así facilitar a súa observación ou intervención cirúrxica.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Utensilio semellante a un coitelo empregado para abrir sobres.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mecanismo do órgano que comunica as teclas cos foles dos segredos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Utensilio que serve para abrir as latas ou botes de conservas.
-
GALICIA
Parroquia do concello de Pobra do brollón, a. baixo a advocación de San xoán.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Momento inicial do día, cando sae a primeira luz do sol.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación relixiosa mensual aparecida en decembro de 1927 e subtitulada “Boletín da Congregación da Anunciada e San Luís Gonzaga”. En outubro de 1933 iniciou unha segunda época dirixida por Ramón F. Fernández e na década de 1940, unha terceira etapa con Xosé Lois Estévez. Incluíronse nela, un artigo en galego sobre o Villancico de Xosé de San Lois, o canto A Galicia de Celestino García Romero e o conto A tía miseria de Carlos Núñez Cea. Tamén se engadiu ao longo dos anos, unha sección de humor e artigos de Antonio Asorey, Luís Facal, Gabriel Méndez, Gonzalo Torrente Ballester e Benito Varela Jácome, entre outros.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación editada en 1940 pola Casa de Galicia de Bos Aires, co subtítulo de “Revista Galega”. Contou coas colaboracións de Victoriano Taibo, Prieto Marcos, Buxán Rivas, Eduardo Blanco Amor e Johán G. Francisco. Incluíronse, xunto con fotos e ilustracións, artigos sobre Alexandre Bóveda, a visita de Castelao á entidade no 25 de xullo e un Itinerario lírico da poesía galega de Emilio Pita.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación anual nacida en xullo de 1959 e editada pola Casa de Galicia de Valladolid. Continuadora de Aturuxo (1956) e Lar (1957), foi coordinada por Xesús Rodríguez Chas e Manuel Torres Rodríguez, e dirixida por Xoán Manuel González a partir de 1958. Saía en xullo para celebrar o Día de Galicia e nela recóllese información sobre a propia institución e artigos de diversas temáticas. Amais reprodúcense textos de Cunqueiro, Otero Pedrayo, Xulio Camba e Valle-Inclán, entre outros, e poesías de Rosalía, Cabanillas, Curros Enríquez, Noriega Varela e García Lorca, por citar algúns. Tamén unha sección chamada “Poemas da Terra” con composicións de Carlos Casares, Ferrín e Neira Vilas, contos de Castelao e Lugrís Freire, un artigo sobre o helenismo en Pondal de Carballo Calero e unha sección de humor con debuxos de Castelao e Cebreiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Revista de investigación e ensaio xurdida en 1969 na Coruña e subtitulada “Revista de la Real Academia de Bellas Artes de Nuestra Señora del Rosario”. Dirixida por Manuel Chamoso Lamas, colaboraron nela Francisco Vales Villamarín, Manuel Vázquez Seijas e Enrique Chao Espina, entre outros. Tiña seccións de arqueoloxía, historia e arte.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista de tendencia política aparecida nos anos oitenta do século XX e subtitulada “Órgano de expresión de las Nuevas Generaciones de Galicia”.
-
VER O DETALLE DO TERMO
oceiro da Secretaría da Muller da Intersindical Nacional de Traballadores Galegos (INTG). Editado desde o ano 1986 ata 1994 e distribuído por toda Galicia, recolleu un abano de denuncias, reivindicacións, entrevistas e campañas sobre a situación das mulleres galegas no mundo do traballo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sociedade cultural fundada en Ribadavia en decembro de 1969. Orientada especialmente á xuventude, desenvolve un amplo abano de actividades: conferencias, debates, concursos literarios, artísticos ou deportivos. Celebra recitais musicais, organiza exposicións de cerámica, serigrafías, pintura e representacións teatrais. Entre 1973 e 1980 organizou a Mostra de Teatro Galego e o Concurso de Obras Teatrais en Galego. Entre os gañadores do concurso destacan Manuel María, Euloxio Rodríguez Ruibal e Xose Luís López Cid coas obras O meu mundo non é diste reino, Zardigot e Eilbrief, respectivamente.
-
ESPA¥A
Concello da provincia de Barcelona, (7.003 h [1996]). Drenado polo río Llobregat. A industria é o principal sector económico, destacando a factoría SEAT, compartida con Martorell.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
breca.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que tivo a súa casa orixinaria en Corcubión. Relacionados con esta caste están os apelidos Abrótea e Abrota. As súas armas levan, sobre ondas de azur e prata, un abretán.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Apelido orixinario da parroquia de Monrufe, preto da vila de Valadares. Algúns entróncano coa Casa Real francesa ao consideralo orixinario do condado e vila de Evreus (Normandía), quizais por empregárense primeiro as formas Evreus ou Ebreus. Sen embargo, a súa presenza en Galicia parece moito máis antiga; así, nunha escritura de doazón que fixo a infanta dona Urraca á igrexa de Tui o 13 de xaneiro de 1071, concede entre outros bens a facenda propiedade de Vasco Nuñez de Abreu. Gonzalo Rodríguez de Abreu, un dos cabaleiros que saíron de Galicia acompañando ao conde don Henrique nas conquistas de Portugal, fundou casa na Torre de Abreu, na provincia entre Douro e Minho, de onde descenden os condes de Regalados. Outros Abreu estendéronse por Aragón, Andalucía, Castela, Catalunya e América. As primitivas armas desta liñaxe levaban, en campo de ouro, unha banda de goles acompañada de dous leóns rampantes de azur. Máis tarde apareceron, en campo de goles, cinco voos de aguia...
-
GALICIA
Pintor.
VER O DETALLE DO TERMO
Comezou a debuxar e pintar na Escola de Artes e Oficios de Vigo. Emigrou a Arxentina en 1947 onde coñeceu a Demetrio Urruchúa, pintor e mestre con quen iniciou os estudos de pintura e traballou durante oito anos. En 1959 fundou e dirixiu a Escola de Belas Artes “Divisadero”. Exerceu a docencia xunto á súa muller, a tamén pintora Elsa Pérez Vicente. Un ano máis tarde, xunto con Óscar Anadón, Rubén Molteni, Hugo Monzón, Carlos Gorriarena, Silvia Vera Ocampo, Elsa Pérez Vicente e Emilia Gutiérrez formou o Grupo da Prata, adherido ao movemento expresionista.
Regresou a Galicia en 1973 e instalouse en Vigo onde coñeceu a Urbano Lugrís, Celso Emilio Ferreiro, Lodeiro, Oliveira e Xavier Pousa, entre outros. Recibiu a Primeira Mención en gravado, Salón Nacional de Bos Aires (1961); o Premio a Estranxeiros Pintura, Salón... -
PERSOEIRO
Actor, autor e director teatral que iniciou a súa andaina na Escola Dramática Galega en Vigo para despois pasar á compañía Ítaca e, en 1988, ao colectivo Avento. Con este último actúa nos espectáculos Imos botar, imos K Gar (1988) e Para ti, Shakespeare (1990). Dirixiu Rín, rín (1992) e Quen matou a Mari Lauri? (1996) textos da súa autoría. Outros espéctaculos que dirixiu son Monstros (2006), Humano.The game (2010), Fantasticks (musical, 2012), O Mago de Oz (musical infantil, 2015), Como sobrevivir a unha apocalipse zombi (de Ben Muir, 2016) e BU21 (de Stuart Slade, 2017).
VER O DETALLE DO TERMO