"Bahamonde" (Contén)

Mostrando 6 resultados de 6.

  • GALICIA

    Escultor. De formación autodidacta, realizou obra fundamentalmente en madeira, pero traballou tamén a pedra, o barro e o marfil. A súa obra, de factura realista e enchida dun tipismo galego e minuciosidade, aparece tinxida dun certo simbolismo. A súa temática é relixiosa e de denuncia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor de orixe galega que traballou en Valladolid e Palencia. En 1732 realizou traballos na Igrexa de Autillo do Campo no retablo da Capela Maior, no cadeirado e nos púlpitos. Para a fachada da Catedral de Valladolid, esculpiu, entre 1732 e 1733, as imaxes de san Ambrosio, san Agustín, san Pedro, san Pablo e a Asunción. Á súa morte deixou o obradoiro en mans do seu fillo, Antonio Bahamonde Romero.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Militar e político. Fillo dun funcionario naval, en 1907, ao non poder ingresar na Escola Naval por permanecer pechada daquela, ingresou na Academia de Infantería de Toledo, onde rematou a súa formación en 1910 co grao de segundo tenente de Infantería. A súa personalidade política debe ser interpretada principalmente a través da súa traxectoria militar. Ascendeu rapidamente na escala: tenente (1912), capitán (1915), comandante (1917), tenente coronel (1923), coronel (1925) e xeneral de brigada (1926). Agás breves períodos nos que estivo destinado en Ferrol (agosto 1910-febreiro 1912) e Oviedo (1917-1920), fixo a súa carreira militar en África. En 1923 asumiu a xefatura da Lexión Estranxeira, que dirixiu na campaña do Rif, no desembarco de Alhucemas e na reconquista do Protectorado, en 1925. Ao seu retorno de Marrocos, en 1926, foi nomeado director da Academia General Militar (Zaragoza, 1928-1931). Trala proclamación da Segunda República e o peche da Academia, foi comandante militar da Coruña...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Oficial da Armada e enxeñeiro naval, irmán de Francisco Franco Bahamonde. Director da Escola Superior de Enxeñeiros Navais (1932-1934), en 1935 ocupouse da Dirección Xeral da Mariña Mercante. Trala sublevación do 18 de xullo de 1936 converteuse nun colaborador incondicional do seu irmán, actuando como representante deste ante os militares sublevados. En outubro de 1936 o seu irmán nomeouno secretario xeral do Estado. Ao ano seguinte, foi nomeado embaixador plenipotenciario en Italia, onde mantivo diversas entrevistas con B. Mussolini. En xaneiro de 1938 como embaixador en Lisboa ocupouse da loita contra os intereses monárquicos que conspiraban a favor da restauración de Xoán de Borbón no trono español. Ao rematar a Segunda Guerra Mundial, desenvolveu un importante papel na procura de aliados ao réxime do seu irmán, ante o illamento internacional. De volta en España en 1957, foi nomeado procurador en Cortes por designación directa do seu irmán, dende a sexta lexislatura ata a décima, ao...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Militar, irmán de Francisco Franco Bahamonde. Ingresou na Academia de Infantería (1911), no corpo de Regulares e no Servicio de Aeronáutica Militar, participando como piloto na Guerra de Marrocos. Realizou un voo transoceánico que lle supuxo a condecoración persoal do Rei Afonso XIII. O 22 de xaneiro de 1926, xunto con Ruiz de Alda, saíu de Palos de Moguer co hidroavión Plus Ultra e aterrou en Bos Aires o 10 de febreiro, tras un voo de máis de dez mil kilómetros sen escalas. Durante a Ditadura de Primo de Rivera participou en diversos intentos para acabar co réxime e instaurar a República, polo que o detiveron en numerosas ocasións. Coa instauración do goberno do xeneral Berenguer, participou na creación da Asociación Militar Republicana e foi un dos integrantes do Comité Militar Revolucionario que pretendía provocar unha sublevación militar contra a monarquía. Detivérono novamente e trasladárono a un penal militar do que se evadiu pouco máis tarde. Tras un breve exilio en París, regresou...

    VER O DETALLE DO TERMO