"Ballesteros" (Contén)
Mostrando 16 resultados de 16.
-
-
Forma castelá correspondente ao apelido galego Besteiro.
-
Liñaxe orixinaria de Castela, que se espallou por todo o territorio español. En Galicia exerceron señorío xurisdicional no couto de Saiar (Caldas de Reis), na casa-torre de Laíño e no lugar de Tarrío (Dodro). Os López Ballesteros, da casa da Golpelleira, preto de Vilagarcía de Arousa, posuíron capela propia na igrexa parroquial onde abundan os brasóns desta estirpe. Emparentaron, así mesmo, cos señores do pazo de Bergondo e espalláronse por terras mexicanas. A rama galega leva como armas: en campo de ouro, cinco paos (ou béstas) de sinople, dereitos e postos en faixa, e cinco flores de lis de goles, colocadas catro en faixa na parte superior dos espacios que deixan entre si os paos e unha en punta. Outra variante trae escudo partido: na primeira partición, de goles, un brazo de sable vestido e non armado, cunha espada denuda de prata, coa gornición de ouro na man, movente do flanco sinistro, e na punta tres cabezas de mouros do revés, coroadas e con turbantes, chorreando sangue;...
-
-
PERSOEIRO
Historiador. Catedrático das universidades de Sevilla e de Madrid. A súa obra de síntese principal é Historia de España y su influencia en la Historia Universal (1918-1941) e Cristóbal Colón: génesis del descubrimiento de América (1945). Así mesmo, dirixiu a Historia de América y de los pueblos americanos (1945).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador americanista. Catedrático da Universitat de València (1940-1950), pasou despois á cátedra de Historia de América Precolombina de Madrid, onde creou o Seminario de Estudios Americanistas e fundou a Revista española de Antropología Americanista (1961). É autor de numerosas obras científicas e de divulgación, entre as que salientan Historia del mundo antiguo (1941), Historia de la cultura (1946), Historia de América (1947), Historia universal (1946), Historia de España (1960), La idea colonial de Ponce de León (1961) e Sencilla historia de Chinchero (1971). Así mesmo, algúns traballos seus como Francisco Pizarro (1940) e España en los mares (1943), contribuíron a alimentar a retórica imperial do primeiro franquismo.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Desenvolveu a súa actividade profesional no mundo editorial galego e colaborou en diversas revistas e publicacións periódicas. Deuse a coñecer como escritor co relato “A raia de xiz”, incluído no volume colectivo Contos eróticos eles (1990). En 1993 publicou a novela Talego, coa que obtivo o V Premio García Barros de novela. No ámbito da literatura infantil é autor de Os gordibolas. A historia (1996) e Os gordibolas. A néboa escura (1996), ambos os dous con ilustracións de Carmen Muruve. Tamén son súas as obras O coelliño branco (1998) Os tres porquiños (1998) O traxe novo do rei (2000) O frautista de Hamelín (2002) e As pescadoras (2017). Dende maio de 2016 é o presidente da Asociación Galega de Editores.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xogador de golf. Gañou a copa do mundo por equipos (1976 e 1977), o Open Británico (1979, 1984 e 1988), o Masters de Augusta (1980 e 1983), o Masters Británico (1991), o Perrier, o Open de España e a Ryder Cup (todos estes en 1995). En 1989 concedéuselle o Premio Príncipe de Asturias.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. En 1892 participou na Exposición Nacional de Bellas Artes de Madrid co Retrato da señora Dª M.S.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico e pedagogo. Foi médico na Escola Nacional de xordomudos e de cegos. Dedicoulle especial atención ao ensino de cegos e xordomudos e publicou, entre outras obras: Revista de la enseñanza de los sordomudos y de los ciegos (1827), Manual de sordomudos (1836), Curso elemental de instrución de sordomudos (1845) e Curso elemental de instrución de ciegos (1847).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Luís López Ballesteros.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ariedade de pirita de ferro que contén cinc e estaño. Descrita por primeira vez en Galicia (1849), atópase en filóns no medio das pizarras da Mariña Central e Oriental, dende Mondoñedo a Ribadeo.
-
PERSOEIRO
Político, fillo de Luís López Ballesteros. Militou inicialmente no Partido Moderado, en 1840 pasou ao Partido Monárquico-Constitucional e posteriormente ingresou na Unión Liberal de O’Donnell en 1858. Deputado por Galicia en 17 lexislaturas (1837-1873), foi director xeral de Arbitrios e Amortización, de Rendas Estancadas e de Contribucións Directas. Foi conselleiro do Estado (1857) e ministro de Ultramar (1864).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Líder da sublevación contra os franceses, foi nomeado vogal da Xunta de Subsidios, Armamento e Defensa da provincia de Santiago. Procurador síndico do concello de Vilagarcía (1813), foi representante do municipio fronte ao goberno ao ano seguinte. Oficial no Ministerio de Finanzas desde 1815, ascendeu a director xeral de rendas e vogal do consello superior de Facenda. Como secretario de Facenda (1823-1832) tentou dar solución ao problema fiscal e ao da débeda cunha certa modernización pero sen socavar as bases do sistema fiscal existente. Creou a Caja de Amortizaciones, fundou o Banco Español de San Fernando e a Inspección Fiscal de Aduanas. Designado senador pola Coruña desde 1844 e posteriormente vitalicio por Navarra, foi vicepresidente do Consello de Ultramar desde 1851. Foi membro da Real Academia de la Historia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Maxistrado e político. Foi membro da Audiencia de Cáceres (1833) e deputado por Pontevedra e Tui (1837-1852). Membro do Partido Moderado, foi senador vitalicio e membro do Tribunal Supremo desde 1857. Recibiu a Gran Cruz de Isabel la Católica.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xurista e escritor. Doutor en Dereito e licenciado en Filosofía e Letras. Poeta do Rexurdimento, estivo vinculado ao labor cultural do segundo provincialismo e do rexionalismo, momento en que publicou a maioría dos seus textos. Membro da Asociación de Folklore Gallego creada por Emilia Pardo Bazán, foi un dos 40 numerarios fundadores (1905-1918) da Real Academia Galega, onde desempeñou o cargo de tesoureiro (1905-1914). Colaborou en Galicia, El Heraldo Gallego e Revista de Galicia, onde incluíu cantares populares e algunhas paráfrases de textos bíblicos. Na súa obra, caracterizada pola riqueza dos termos léxicos e o amor pola natureza, destacan Versos en dialecto gallego y correspondencia castellana de sus principales voces (1878), en que recolle poemas intimistas, sociais e de circunstancias; Cancionero popular gallego y en particular de la provincia de La Coruña (1885-1886), que o recoñeceu internacionalmente como folclorista; e Foguetes...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político, pai de Joaquín Quiroga Espín. Formado en enxeñaría de montes e dereito, pertenceu ao Partido Liberal e pactou cos conservadores para que ambos os dous tivesen sempre representación nas Cortes polo distrito de Lugo. Foi deputado por Lugo (1881-1887 e 1891-1907) e por Daimiel (1907-1908). Director xeral de Obras Públicas (1893), subsecretario de Ultramar (1897) e subsecretario de Gobernación (1901), foi director xeral de Administración e Fomento de Filipinas, e ministro de Gobernación (1906). A súa notoriedade naceu coa súa xestión de Filipinas, caracterizada por certo liberalismo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Título concedido por Afonso XIII en 1931 a Joaquín Quiroga Espín (Madrid 1880? -?). Sucedeuno en 1971 o seu fillo Joaquín Quiroga Díaz (? - Madrid 24.10.1983), II conde de Quiroga-Ballesteros. O seu sucesor foi o seu fillo Joaquín Quiroga Sartorius. Trae por armas escudo medio cortado e partido: 1º, de ouro, un carballo de sinople e base da mesma cor, cun lobo de sable pasante; 2º, de goles, cinco paus cortados ao pé de ouro; e 3º, de ouro, aciñeira de sinople e dous lobos de sable, pasantes, un diante e outro detrás; timbrado, con coroa condal.
-
GALICIA
Escritor. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, publicou a súa primeira novela en 1977 co título Dos anxos e dos mortos. Das súas obras tamén destacan o conto Querido Brais (1977), premiado no concurso do Pedrón de Ouro; o drama Xogos de Damas (1988), estreado polo grupo teatral Malbarate en 1987; e as obras narrativas Loaira (1992, Premio Losada Diéguez) e Talego (1993, Premio Manuel García Barros), xunto ao libro de relatos A Sombra dos teus soños (1998). Tamén realizou incursións no ensaio con Tempo de vinganza: ensaio sobre Hamlet, de William Shakespeare (2003, Premio Ramón Piñeiro de Ensaio).
VER O DETALLE DO TERMO