"Bam" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 63.
-
PERSOEIRO
Político napolitano. Tivo un papel moi activo no movemento revolucionario italiano de finais do s XVIII.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Unidade de corrente eléctrica no sistema CGS-electromagnético. Equivale a 10 amperes.
-
-
Acción e efecto de rematar unha acción que xa se principiara.
-
Feito de morrer unha persoa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estado do S dos EE UU (133.915 km2; 4.273.084 h [estim 1996]). A capital é Montgomery. Os altiplanos do Cumberland e do Piedmont, separados polo Great Valley apalachián, flanquean o estado polo NL. O resto forma parte da chaira litoral do Golfo de México, accidentada de L a O por unha serie de outeiros (Blak Belt, Red Hills). O río Tennessee drena a rexión N; o Alabama drena a rexión central e o SO, e vai xuntarse co Tombigbee para formar o Mobile. Foi chamado o estado do algodón, aínda que hoxe en día os cereais, as patacas, a horta e a gandería fixeron diminuír a súa importancia relativa. As industrias máis importantes son a química, a téxtil, a metalúrxica e a alimentaria. Destacan as cidades de Birmingham, Mobile, Montgomery, Huntsville e Tuscaloosa. O territorio de Alabama foi explorado polos españois en 1540 e formou parte de Luisiana. En 1763, tralo Tratado de París, pasou á soberanía británica ata 1883, cando trala independencia das Trece Colonias tivo que ceder o N aos...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conflito entre os EE UU e o Reino Unido durante a Guerra de Secesión estadounidense. O motivo foi a construción e reparación na Gran Bretaña de diversos barcos de guerra para os confederados, que logo destruíron barcos mercantes nordistas. Ao remate da guerra, un tribunal internacional condenou (1872) o Reino Unido a pagar unha forte indemnización por ter violado as normas da neutralidade.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de alombar ou alombarse.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción ou efecto de amancebarse.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación creada en 1985 dedicada ao estudio, defensa e divulgación dos valores naturais e etnográficos da comarca do Baixo Miño. Dende a súa fundación estivo presidida por Agustín Ferreira Lorenzo. No ano 1985 organizou as Primeiras Xornadas Ibéricas sobre a Protección de Zonas Húmidas. Entre os obxectivos acadados están: a declaración do último tramo do esteiro do Miño como Refuxio de Caza (1986); a instalación de observatorios (1987) e dunha Estación Ornitolóxica (1998) no mesmo esteiro; a paralización da extracción de áridos no esteiro e a retirada dos pararraios radioactivos (1989). En 1991 creou o Museo do Mar no Centro Cultural Guardés dedicado á recolección e conservación de aparellos e pezas tradicionais empregadas polos mariñeiros da Guarda. Dentro das actividades naturalistas que desenvolve, está a organización de campañas de investigación na comarca que logo son publicadas nos diversos atlas de vertebrados e na serie de monografías sobre a natureza do Baixo Miño que publica...
-
DEPARTAMENTOS
Departamento de Burkina Faso (4.017 km2; 173.516 h [1991]). A súa capital é Kongoussi (7.485 h [1985]).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arciprestado da diocese de Santiago que abrangue as seguintes parroquias: Bama (Touro); Loureda (Boqueixón); Gándara e Vilarromariz (Oroso); Arca, Budiño, Castrofeito, Pereira e O Pino (O Pino); Bando, Barciela, Berdía, Busto, Carballal, Cesar, Enfesta, Marantes, Nemezo e Sabugueira (Santiago de Compostela).
-
CAPITAIS
Capital de Mali, que constitúe unha rexión administrativa, á beira do río Níxer (252 km2; 913.000 h [estim 1995]). A súa orixe atópase no forte construído en 1882 polo xeneral francés Borgnis-Desbordes. A cidade foi sede de diferentes conferencias: a celebrada en 1946 deu lugar á creación do Rassemblement Démocratique Africain (Unión Democrátia Africana), formación que engloba a numerosos partidos dos territorios ingleses e franceses colonizados. En setembro de 1957 constituíuse unha federación francoafricana presidida por Houphouët-Boigny. En setembro de 1958 os representantes das que serían as repúblicas de Benin, Burkina Faso, Senegal e Sudán, estudiaron as posibilidades de crear unha federación.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Modo indirecto da cuarta figura do siloxismo da lóxica aristotélico-escolástica, no que as premisas son universais afirmativas e a conclusión particular afirmativa. Un exemplo deste xeito de trasposición das premisas para a súa conversión accidental en conclusión pode ser: “Se todos os humanos son animais / e todos os animais son mortais, / entón algúns mortais son humanos”. SIN: baralipton.
-
-
Asento horizontal suspendido a unha certa distancia do chan e pendurado por cordas ou similares, nas que unha persoa pode sentar ou arrandear cunha finalidade lúdica. Pode estar elaborado con formas moi distintas e diferentes materiais. SIN: acaneadoiro, arrandeadoiro, carriola, randeeira.
-
Barra horizontal cun punto de apoio central que os nenos utilizan como divertimento sentando nos extremos para subir e baixar alternativamente.
-
-
PUBLICACIÓNS
Publicación subtitulada como “Revista de música e outras lerias” aparecida en Vigo nos anos noventa do século XX. Colaboran nela Toni Rocko, Antonio Barreiro, Xosé Freire, Alberto Lodeiros, César Varela e Susana Alonso, entre outros. Inclúe información sobre novidades discográficas, concertos, cine, libros de recente aparición e cidades. O número XV, de outono de 1998, contiña un suplemento titulado Corsario elaborado por Antón, Javi Prieto, Iria, Guitián e Eloy na vila de Vilagarcía de Arousa.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos bambara ou á súa lingua.
-
Individuo do pobo bambara.
-
Poboación sudanesa, estimada nun millón de individuos, do grupo mandinga, concentrada principalmente en Mali, nas rexións de Bamako, Ségou (na marxe do Níxer medio) e Sikasso (na ribeira do Bagoé e do Bani), e espallados noutros grupos menos numerosos no Senegal (na conca do río Saloum). Os bambara posúen unha cultura de carácter tradicional negroafricano; sen embargo, está parcialmente influída polo Islam. Falan unha lingua do grupo mandinga. Posúen unha arte salientable, da que é particularmente coñecida a produción de máscaras. Establecéronse na rexión de Ségou cara ao s XIII e constituíron, na segunda metade do s XVII, os reinos de Ségou e de Kaarta, que substituíron o antigo Imperio de Mali. Estes reinos, que nunca conseguiron un grao de cohesión política comparable aos imperios de Ghana, Mali ou Songhai, persistiron ata finais do s XIX, cando foron ocupados polo francés Archinard (1890-1893).
-
Lingua africana da familia mandinga noroccidental. Fálana aproximadamente un millón de bambaras de Mali, Burkina Faso, Senegal e outros países.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Complexo industrial paleolítico, tamén denominado Stillbay, da Middle Stone Age (Idade da Pedra Media) procedente da África oriental e meridional. Detéctase pola presenza de raspadeiras e puntas subtriangulares con retoque unifacial e bifacial. Sucede, logo do intervalo de Howieson’s-Port, á industria de Pietersburg, asociada ás formas máis antigas de Homo sapiens, coñecidas polas covas de Border Cave e Klasies River. Esta sucesión púidose establecer grazas á secuencia estratigráfica da cova de Bambata (Zimbabwe).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que se bambea ou balancea.
-
-
Impulsar algunha cousa ou a alguén nun bambán para que se mova dun lado a outro. SIN: arrandear, balancear, randear.
-
Mover algo ou a alguén dun lado a outro, sen desprazalo do punto no que se atopa. SIN: abalar, abanear, balancear.
-
Moverse a un lado e a outro permanecendo no mesmo lugar un punto fixo da persoa ou cousa axitada. SIN: balancear.
-
Moverse a un lado e a outro alternativamente impulsándose nun bambán. SIN: arrandearse, balancearse, randearse.
-
Mover o corpo a un lado e a outro ao andar. SIN: balancearse.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de bambear ou bambearse. SIN: abaneo, balance, balanceo.