"Barbón" (Contén)
Mostrando 5 resultados de 5.
-
-
ariante de Valbón e este, á súa vez, do apelido de orixe toponímica Valboa. Este apelido, que xa se documenta dende o s XV, está composto por val (< lat valle) máis o adxectivo boa (< lat bona), que presenta xénero feminino concordando co xénero que val tiña en latín. Non obstante , tanto nesta variante Barbón coma en Valbón, o adxectivo concorda co xénero masculino romance do substantivo. Como adoita acontecer, estes apelidos aparecen grafados con b-, aínda que a súa forma etimolóxica sexa con v.
-
Liñaxe asturiana natural de Vila Alegre e Molleda (Avilés). Pasou, posteriormente, a Galicia, La Rioja e Cuba. Segundo algúns tratadistas, esta caste procede da familia romana dos Enobardos. As súas armas levan, escudo acuartelado: primeiro e cuarto cuartel, de ouro, cunha panela de sinople; e segundo e terceiro cuartel, de azul, con outra panela de ouro; e bordo de goles con cinco aspas de ouro, dúas nos cantóns do xefe e tres en punta, alternando con tres flores de lis do mesmo metal, postas unha no centro do xefe e outra en cada flanco.
-
-
PERSOEIRO
Economista e mestre. A súa obra principal é A discourse of Trade (Discurso sobre o comercio, 1690), na que defendía a teoría legal da moeda e a especialización do traballo e atacaba a teoría mercantilista da balanza comercial.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Empresario e mecenas, emigrou a Cuba e fundou o seu própio banco. Xunto con Policarpo Sanz fundou a Sociedad de Beneficencia de los Naturales de Galicia. En 1884 regresa a Galicia e aséntase en Vigo, onde construe grandes edificios coma o teatro que leva o seu nome ou a Escola de Artes e Oficios, tamen deuse a coñecer polas súas innumerables obras de caridade.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filántropo. Emigrou de neno a Cuba, onde foi un dos fundadores da Junta de Beneficiencia de los Naturales de Galicia. Fundou o Banco García-Barbón de La Habana, onde foi concelleiro e membro de diversas compañías comerciais. Regresou a Galicia en 1884 e instalouse en Verín, onde contribuíu á restauración da igrexa parroquial e do santuario de Nosa Señora dos Remedios, promoveu a compañía de automóbiles entre Verín e Ourense, da que foi accionista, e a Electro SA de Verín. Fundou o colexio de San Xosé e dotouno dos elementos pedagóxicos máis modernos. Trasladouse a Vigo, onde favoreceu a construción das escolas superior e elemental industrial e salesiana do Areal, a urbanización da cidade e doou os terreos onde se construíu a Escola de Artes e Oficios, posteriormente Universidade Popular de Vigo. Contribuíu á celebración dos Xogos Florais de Tui. Recibiu as cruces da Beneficiencia, Isabel la Católica e a Gran Cruz de Alfonso XII.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Edificio construído en Vigo entre 1911 e 1927 segundo un proxecto de Antonio Palacios. Substituíu ao Teatro Rosalía de Castro, incendiado en 1910, e ademais empregouse como cinematógrafo e casino. Está formado por dúas salas teatrais superpostas, con diversos salóns de columnas e unha monumental escaleira, iluminada cenitalmente cunha vidreira deseñada por Palacios. A platea da sala principal apóiase nunha bóveda nervada de formigón con arcos moi rebaixados. A fachada principal fai referencia á Opéra de París de Charles Garnier e organízase como un grande arco que acolle grandes ventás e balcóns. Inaugurouse o 23 de abril de 1927 coa ópera Madame Pompadour. En 1982 Caixanova adquiriuno e rehabilitounno como centro cultural e engadíronselle esculturas de Buciños e Oliveira como remate na fachada.