"Barreiros" (Contén)
Mostrando 9 resultados de 9.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Barreiros baixo a advocación de san Cosme, onde se atopa a capital municipal, a vila de San Cosme.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Castroverde baixo a advocación de san Cosme.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Concello da comarca da Mariña Oriental situado na provincia de Lugo ao NL da comunidade autónoma de Galicia (43° 32’ de latitude N e 7° 14’ de lonxitude O). Limita ao O cos concellos de Foz e de Lourenzá (da Mariña Central), ao S co de Trabada, ao L co de Ribadeo (A Mariña Oriental) e ao N co Mar Cantábrico. Abrangue unha superficie de 72,42 km 2 cunha poboación de 3.246 h (2007), distribuídos nas parroquias de Cabarcos, Celeiro de Mariñaos, Reinante, San Cosme de Barreiros, San Miguel de Reinante, San Pedro de Benquerencia, San Xusto de Cabarcos e Vilamartín Pequeño. A capital municipal é a vila de San Cosme, na parroquia de Barreiros.Situada 160 km de Santiago de Compostela, 96 km de Lugo e 23 km de Mondoñedo, está adscrito ao partido xudicial de Mondoñedo e á diocese de Mondoñedo-Ferrol.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
O territorio do concello de Barreiros encádrase no dominio climático oceánico húmido, caracterizado pola suavidade termopluviométrica, aínda que... -
PERSOEIRO
Empresario. Traballou co seu pai nunha liña de autobuses ata que creou unha empresa construtora (1946). Converteu os motores de gasolina en Diesel (1949) e dedicouse á fabricación de motores. Fundou en Madrid cos seus irmáns a Compañía Anónima de Bombas, Motor Nacional SA (MONASA) e Barreiros, SA (1956). Continou coa fabricación de motores e iniciou a de camións Barreiros e de tractores. En 1962 chegou a un acordo coa AEC e ampliou a súa produción para a fabricación de autobuses. Vendeu o 40% de Barreiros Diesel á Chrysler no ano 1964 e lanzou ao mercado o Dodge. En 1969 vendeu a súa participación e abandonou a presidencia. Dedicouse entón a negocios gandeiros (Explotaciones Puerto Vallhermosos SA), inmobiliarios, mineiros e financeiros (sociedade INBURSA). Con socios cubanos creou CIMISA, dedicada á fabricación de motores. En Cuba, onde foi asesor de Fidel Castro,...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Fundación sen ánimo de lucro constituída en Madrid o 16 de marzo de 1997 baixo a presidencia de honra de Dorinda Ramos Ramos e presidida por María Luz Barreiros, filla de Eduardo Barreiros. Entre os seus obxectivos destacan a promoción do coñecemento e a divulgación da historia do deseño industrial, como parte do patrimonio cultural dos pobos, a promoción e a investigación no campo da tecnoloxía da automoción e dos motores para todo tipo de vehículos, o fomento da investigación, o estudo e a experimentación de novos métodos e técnicas relacionadas cos anteriores, e a institución e dotación do Premio Eduardo Barreiros, que recoñece publicamente os méritos daqueles traballos de investigación no campo que constitúe o obxecto da fundación. Para o cumprimento destes obxectivos desenvolvéronse diferentes actividades, entre as que sobresaen o sostemento do Museo Eduardo Barreiros, que acolle a colección Barreiros; a realización de seminarios, coloquios e conferencias; a edición de publicacións;...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Escola agrícola que se puxo en marcha na Granxa de Barreiros de Ortoá (Sarria), baixo o impulso do empresario agrícola Antonio Fernández López (1903-1971) e do mestre galeguista e renovador Avelino Pousa Antelo (1914). Ambos os dous estaban convencidos de que a transformación social e económica do medio rural podía comezar pola escola se esta lograba dedicar o tempo necesario á formación dos nenos dos labradores partindo do seu propio sistema de vida e do coñecemento práctico e efectivo do medio rural natural e social. Con este obxectivo o 1 de febreiro de 1948 inaugurouse a Escola Primaria de Orientación Agrícola da Granxa de Barreiros, totalmente gratuíta para os escolares da parroquia. As clases repartíanse en sesións de mañá, tarde e noite, seis días á semana. Para que a escola fose eficaz en relación co medio circundante, esta tiña que preparar os alumnos e darlles coñecementos en diversos campos, entre eles, no das técnicas agropecuarias. Estas realizábanse in situ nos campos...
-
MONTES
Monte situado entre as parroquias do Cadramón (O Valadouro) e O Viveiró (Muras). O seu cumio acada os 900 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Museo de tecnoloxía situado en Valdemorillo (Madrid), inaugurado en 1998. De titularidade privada, pertence á Fundación Eduardo Barreiros. Está considerado un museo monográfico e dispón de pezas e deseño gráfico que permiten coñecer a vida e a obra de Eduardo Barreiros Rodríguez (1919-1992), fundador de Barreiros Diesel.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Barreiros baixo a advocación de San Cosme, onde se atopa a capital municipal.
VER O DETALLE DO TERMO