"Barreto" (Contén)
Mostrando 5 resultados de 5.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe galega, oriúnda de Portugal. Segundo algúns investigadores procede dos arredores de Barra de Viana, topónimo que collerían como apelido os seus descendentes. Emparentaron cos marqueses de Montevelo, cos duques de Gandía, cos condes de Lemos, etc. Pasaron a América, asentándose en Cuba, Venezuela e Perú. As súas armas levan, escudo partido: a primeira partición, en campo de ouro, con dous bastóns de goles; a segunda partición, en campo de prata, cun cabaleiro ben armado levando un martelo de ferro na súa man destra e un escudo embrazado na sinistra; bordo de prata con cinco escudiños de azul, cargado cada un de cinco besantes de prata postos en aspa, representación das quinas de Portugal. Outros traen escudo de prata, sementado de armiños de sable.
-
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico brasileiro establecido nos EE UU. Viviu o cine dende moi novo por mor da profesión dos seus pais, os produtores Luis Carlos e Lucy Barreto. Aos dezasete anos comezou realizando dúas curtametraxes en 35 mm A bolsa e a vida (1971) e A emboscada (1972). En 1976 ofreceu ao cine brasileiro un dos filmes máis importantes dos últimos tempos Dona Flor e seus maridos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Primeira muller que acadou o título de adiantada; probablemente de orixe galega. En Perú casou co adiantado Álvaro de Mendaña (1586), quen morreu a consecuencia dunhas febres. Desta maneira Isabel de Barreto converteuse, por herdanza, en adiantada e almirante dos arquipélagos oceánicos. Nun principio non tivo grandes problemas para o goberno das illas, mais o axustizamento de Jauriqui, un cacique local, a mans dos colonos motivou a hostilidade dos nativos. A situación tornouse moi inestable e Isabel Barreto optou por levar áncoras cos seus subordinados cara a Manila (1596). Nesta cidade casou co tamén galego Fernando de Castro, fillo do gobernador das Filipinas, co que embarcou de volta ao Perú (1597).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Mosteiro dúplice, situado en Barreda, concello de Pereiro de Aguiar. Foi fundado polo abade Senior antes do ano 842, data na que se documenta unha doazón a este mosteiro. No ano 941, a petición de san Rosendo, o Rei Ramiro II fixo entrega a Celanova de todas as igrexas construídas polo abade Senior, entre as que se atopaba a de Santa María de Barreto.
-
PERSOEIRO
Trobador portugués da escola lírica galego-portuguesa, pertencente á liñaxe dos Barreto, orixinaria dos Velho. Aínda que a familia do trobador era orixinaria da conca do Lima (Entre Douro e Minho) -de feito, aínda a comezos do s XIV os Barreto forman parte das liñaxes de infanzóns padroeiras do Mosteiro de Tibães-, estendeuse despois, mediante diversas alianzas, polo Douro medio e Trás-os-Montes, e estableceuse en Estremadura (1254 - 1264), período en que o pai do trobador, Fernão Gomes, figura na corte de Afonso III. Vinculado á corte de don Denís, este autor aparece na documentación entre 1290 e 1294; neste período confírmalle á orde do Templo unha doazón de bens que seus pais lle fixeran a esta en Abrantes e, así mesmo, testemuña a doazón do pantano de Magos que lle fai a don Denís o concelho de Santarem. Como se documenta no Livro de Linhagens do Conde D. Pedro, casou nesta cidade a finais do s XIII con Joana Esteves; ademais, confirma a adscrición do trobador ao último período da lírica...
VER O DETALLE DO TERMO