"Basilea" (Contén)
Mostrando 9 resultados de 9.
-
CAPITAIS
Capital do cantón de Basilea-Cidade (Basel Stadt), Suíza, (171.170 h [1998]). Esténdese polas dúas beiras do Rin preto da fronteira con Francia e Alemaña. A súa situación, ao lado da vía fluvial cara ao NO de Europa, converteuna nun importante centro de transporte e comunicacións, por onde se canalizan dende o s XIX unha gran parte das exportacións suízas. A cidade posúe un dos centros de ensino superior máis antigos do mundo, a Universidade de Basilea, fundada en 1460. Foi sede das famosas Bibelgesellschaft (1804) e Evangelische Missionsgesellschaft (1815). Entre os monumentos máis sobranceiros destacan a Catedral (edificada no s XI en estilo románico e refeita no s XIV, en gótico), o Spalentor (s XV) e a Casa da Cidade (1513). Fortificada por Valentiniano no 374, foi devastada polos hungaros (917) converténdose o señorío da cidade en episcopal. Nun principio, a burguesía mantivo unha loita permanente contra o Bispo e, máis tarde, contra os Habsburgo, ata conseguir a...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo cantón de Suíza, situado ao NO do país, na fronteira con Francia e Alemaña, nas ribeiras do Rin e do seu afluente, o Wiese. Incorporado á Confederación Helvética desde 1501, dividiuse desde 1833 en dous cantóns, Basilea-Cidade e Basilea-Campiña.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Personaxe da mitoloxía grega, filla de Urano e de Titea, e irmá dos Titáns. Casou co seu irmán Hiperión do que tivo dous fillos, Selene (a Lúa) e Helios (o Sol).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Convenios monetarios asinados o 24 de abril de 1972 no ámbito da CEE. Establecen a rede monetaria europea baseada no encollemento voluntario das marxes de flutuación entre moedas europeas, o que reducía a diferenza máxima entre dúas moedas europeas a 2,25%. As dificultades dalgúns países (Gran Bretaña, Irlanda, Italia, Francia) para respectar este acordo debilitaron a vida da rede, que foi substituída en marzo de 1979 polo Sistema Monetario Europeo (SME).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Principado eclesiástico do Sacro Imperio, no círculo do Alto Rin, que se estendía polo Xura ata alén do Rin. Cando se introduciu a Reforma na cidade (1528-1529) o Bispo abandonou Basilea e retirouse a Porrentruy. A Paz de Viena (1815) atribuíu a maior parte do territorio ao Cantón de Berna.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Decimo sétimo concilio ecuménico, convocado polo Papa Martiño V para proseguir a obra reformadora do Concilio de Constanza, resolver o problema husita e unir as igrexas latina e grega. Estivo vixente dende o 1431 ata o 1449. A inseguridade de Basilea levou ao Papa Uxío IV a suspendelo e trasladalo a Boloña, decisión que foi freada pola oposición dos padres conciliares, defensores da superioridade do Concilio sobre o Papa. Ao cabo de dous anos de loita e logo de acadar os padres de Basilea a paz cos husitas, o Santo Padre declarou lexítimo o Concilio. A radicalización da actitude reformista antipontificia dos membros do Concilio provocou un novo enfrontamento ao trasladar o Sumo Pontífice a súa celebración a Ferrara (1437). Os que permaneceron en Basilea condenaron o Papa de herexe e nomearon o último antipapa, Félix V (Amadeo VIII de Savoia). O éxito do concilio papal de Ferrara-Florencia e o achegamento dos reis ao Papa deixou sen axuda aos axuntados en Basilea, que se trasladaron a Lausana...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Denominación conxunta dos dous tratados concluídos en 1795 por Francia con Prusia e España, que poñían fin á primeira guerra contra a Revolución Francesa. Por estes tratados, Prusia recoñecía a República francesa e cedíalle a marxe esquerda do Rin, mentres que Francia se retiraba das prazas que ocuparan en territorio español a cambio da parte oriental da illa de San Domingos. O tratado incluía, nunha claúsula secreta, o recoñecemento de privilexios comerciais para Francia.
-
CANTÓNS
Cantón de Suíza (518 km2; 255.305 h [1998]). A capital é Liestal (12.300 h [1994]).
VER O DETALLE DO TERMO -