Basilea, Acordos de
Basilea, Acordos de
[ECON]
Convenios monetarios asinados o 24 de abril de 1972 no ámbito da CEE. Establecen a rede monetaria europea baseada no encollemento voluntario das marxes de flutuación entre moedas europeas, o que reducía a diferenza máxima entre dúas moedas europeas a 2,25%. As dificultades dalgúns países (Gran Bretaña, Irlanda, Italia, Francia) para respectar este acordo debilitaron a vida da rede, que foi substituída en marzo de 1979 polo Sistema Monetario Europeo (SME).