"Bath" (Contén)

Mostrando 14 resultados de 14.

  • FILOSOFOS

    Filósofo inglés. Viviu en Francia. Traduciu do árabe ao latín os Elementos de Euclides. É autor de Perdifficiles quaestiones naturales e de De eodem et diverso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do condado de Somerset (Inglaterra), á beira do río Avon (79.965 h [1981]). As súas principais funcións son a residencial e a balnearia. Os romanos chamárona Aqua Sulis e construíron nela unha estación termal. Despois da visita da Raíña Ana en 1702 converteuse nun centro de moda para a aristocracia inglesa. Entre os seus monumentos sobresaen as instalacións termais romanas e a igrexa abacial, reconstruída no s XVI en estilo gótico perpendicular. Desde 1725 a cidade foi ensanchada cara ao noroeste. John Wood e o seu fillo realizaron a transformación urbana da cidade e construíron o Royal Crescent (1767-1775).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Prefectura do Chad (88.800 km2, 288.458 h [1993]). A súa capital é Ati (6.444 h [1993]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz francesa de cine e teatro coñecida popularmente por Arletty. A súa traxectoria artística vai ligada á de Marcel Carné, para quen realizou as mellores interpretacións en Le jour se lève (A xornada comeza, 1939), Les enfants du paradis (Os rapaces do paraíso, 1944) e Les visiteurs du soir (Os visitantes do anoitecer, 1942).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Terceiro estado do Dogger (ou Xurásico medio), situado baixo o Caloviano e sobre o Baxociano. O estratotipo está nas calcarias oolíticas de Bath, preto de Bristol (Inglaterra).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao Bathoniano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Familia católica húngara, documentada dende o s XIII. Hostil aos Habsburgo, varios dos seus membros foron príncipes da Transilvania. Cómpre salientar entre eles ao Rei de Polonia (1575), Estevo I Báthory de Polonia (1533-1586), e á súa sobriña, Isabel Báthory (1560-1614), á que se lle atribuíron crimes de vampirismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asento de pedra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo nome de Banjul.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de peixes da familia dos batiláxidos, de ollos laterais moi grandes e dirixidos cara a arriba, ao que pertence o perlán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de peixes da familia dos soleidos ao que pertence o linguado de fondo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ciclo mixto entre o ciclo de Otto e o ciclo Diesel en que, despois da fase de compresión adiabática, vén, coma no ciclo de Otto, unha fase de combustión a volume constante e, despois, coma no ciclo Diesel, unha fase de combustión a presión constante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sétimo día da semana hebrea, consagrado a Iavé, no que se interrompe o traballo. A Biblia explica a etioloxía co descanso de Deus despois de concluír a obra da creación. Como cada día da semana hebrea, iníciase ao solpor do día anterior e remata á posta de sol do mesmo día. Os rabinos prohibiron trinta e nove tipos de traballo ese día e a Mišná adica dous tratados á casuística do sábado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do megye de Vas, Hungría (82.000 h [2000]). Chamada Claudia Savaria polos romanos, era capital da Alta Panonia e foi destruída polos hunos en 445. No s XI integrouse no Reino de Hungría.

    VER O DETALLE DO TERMO