"Bell" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 211.

  • PERSOEIRO

    Dramaturgo danés. Renovou o teatro nacional con técnicas de ópera e cine, defendendo sempre un ideal de liberdade. Autor de Skriget (O berro, 1961).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Insecto da orde dos himenópteros con dous pares de ás, transparentes e con poucas veas; o primeiro, de maior tamaño, está enganchado ao segundo. As pezas bucais están compostas por mandíbulas reducidas e unha glosa moi longa especializada na succión de nectar. O corpo está ateigado de pelos plumosos que facilitan que o pole recubra o animal; o pole é logo cepillado polas patas anteriores e transpasado aos tarsos, planos e con pelos longos e ríxidos, das patas posteriores onde se acumula en forma de pelotiña. Tanto os adultos coma as larvas aliméntanse unicamente do pole que recollen e do mel que elaboran principalmente a partir do néctar. As abellas son importantes axentes polinizadores de plantas con flor, nas que os pétalos coloreados serven como indicadores do néctar, segregado especialmente para atraelas. Case que todas as abellas teñen unha coloración vistosa, combinando amarelos, laranxas ou vermellos, que avisa aos animais insectívoros da presenza dun aguillón velenoso. Insectos...

    2. Abella do xénero Prosopis de menos dun centímetro, negra e coa cara amarela, de vida solitaria que fai niños pequenos en caniñas ocas.

    3. Abella duns 15 mm de tonalidade xeral castaña. É un dos insectos máis coñecidos ao ser o único realmente domesticado( apicultura). Forma comunidades moi numerosas que chegan ata os 60.000 individuos, nun habitáculo chamado trobo. Nel fabrican favos verticais de celas hexagonais coa cera que segregan os seus aneis abdominais, onde acumulan mel ou pole para a cría das larvas. Cómpre distinguir tres tipos ou castes diferentes: a raíña ou abella mestra, as obreiras e os abellóns. As larvas destinadas a seren raíñas atópanse en celas especiais pendurantes e alongadas e son alimentadas polas obreiras cunha substancia especial, rica en proteínas, chamada xelea real. A raíña, única femia fértil do enxame, é a que se encarga da reprodución; cando nunha colmea existe unha segunda raíña, esta marcha con parte da colonia para fundar outra colmea. As obreiras, femias estériles que non chegan a desenvolverse totalmente ao recibir só a xelea real durante os primeiros días, encárganse de case...

    4. Abella do xénero Andrena de glosas curtas e abdome aplanado de vida solitaria que aniña nun tobo escabado por ela en terreo areoso.

    5. Abella do xénero Chalicodoma que fabrica o niño con lama.

    6. Abella do xénero Megachile de vida solitaria que recobre as celas con anacos de follas que ela mesma corta, especialmente das roseiras.

    7. A tradición popular afirma que as ánimas volven á terra en forma de abella, de aí a crenza galega na mala sorte que produce matar un destes insectos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Frades baixo a advocación de santo Estevo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Apelido procedente dun alcume que na súa orixe se aplicaba a persoas que posuían un falar aguilloante, punzante e ferinte coma o ferrete dunha abella. Outra variante gráfica que pode presentar é Abellas. Etimoloxicamente pode relacionarse tamén cos apelidos Abello, Abelló e Abellón. Xa aparece documentado desde o s XIII: “Petrus Iohannis ditus Abelia” (ano 1253, Colección diplomática do mosteiro cisterciense de Santa María de Oseira 1025-1310 de M. Romaní Martínez, p 668).

    2. Liñaxe asturiana establecida en Galicia. Seica vén dunha familia que chegou á Península cos troianos procedente de Abella, cidade italiana edificada polos gregos e logo colonia romana. Fundaron dúas casas ou torres fortes no concello asturiano de Valdés e despois espalláronse por Galicia, Aragón, Catalunya e América. As armas primitivas desta liñaxe levan, en campo de sinople e sobre unha terraza de ouro, no flanco sinistro, unha árbore e, no flanco destro, unha colmea de ouro con abellas do mesmo metal voando ao redor da árbore e unha podadeira tamén de ouro encol da colmea. A rama galega trae como armas, en campo de prata, unha árbore de sinople, con terraza da mesma cor, sinistrado dunha colmea da que saen voando abellas da súa cor. Os de Catalunya levan, en campo de azur, tres paos ondeados de ouro. Outros, en campo de ouro, catro paos brillantes de sable coas chamas de goles. Os de Aragón presentan, en campo de ouro, tres abellas de sable ben ordenadas. Os Abello galegos levan,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome obsoleto da constelación denominada A Mosca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor.
    Estudou Teoloxía e Filosofía e Ciencias da Educación. Dende 1982 é profesor de Filosofía no Instituto de Ponteceso. A súa produción literaria, que asina co nome de Xelucho, está dirixida maioritariamente a un público infantil e xuvenil e comprende Gundar e o cabalo de oito patas (1991), A cidade maldita (1991), Perdido, relato recollido no volume Aí está o conto (1993) e As aventuras de Pelusa (1998). A estes hai que engadir o libro de relatos A ermida do diaño (1998), dirixido a un público máis adulto e Fuxiron por mar (2017). 

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Autor de principios do s XX que deu ao prelo Carta abierta al Sr. D. Manuel Murguía impugnando la fundación de la Academia del dialecto gallego, y dedicada al Sr. Martín Echegaray (Bos Aires, 1907); Carta abierta del innominado Santiago Abella al esclarecido académico y secretario de la Real Gallega don Eugenio Carré Aldao impugnando su fundación y objetándole su discurso del Ateneo (Bos Aires, 1909); Disertaciones de un estoico (Santiago de Compostela, 1910), Notas de un viaje a Palestina (Santiago de Compostela, 1910) e La villa de Noya. Su historia, su topografía, sus monumentos y sus hombres ilustres (Bos Aires, 1912).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    En-saísta castelán. Autor, entre outras obras, de Ortega y Gasset en la filosofía española (1966); Sociología del 98 (1973) e Panorama de la filosofía española actual (1978).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dispoñerse un enxame para saír da colmea.

    2. Influír negativamente nunha persoa para que faga algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Lugar pechado cun muro, xeralmente circular, onde se dispoñen as colmeas ou o grupo destas.

    2. abelleira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ave duns 28 cm, de plumaxe verde azulada por baixo e castaña e amarela por riba en ambos sexos. As plumas centrais da cola son sobresaíntes, o peteiro longo e algo curvado cara a abaixo e as súas ás longas e afiadas. Aliméntase en voo de insectos de mediano ou gran talle, como himenópteros ou odonatos. Habita áreas abertas e pouco arboradas. De costumes gregarios e migradora estival, aniña en tobos practicados en noiros areosos. É unha especie circunmediterránea que ocupa o sur de Europa, o noroeste de África, o oeste de Asia e as illas mediterráneas. Está presente en toda a Península Ibérica agás a franxa cantábrica e os Pireneos. En Galicia só se atopa no surleste do país.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Franciscano que desempeñou importantes cargos na súa orde. Orador distinguido, colaborou en El Eco Franciscano, do que chegou a ser subdirector. Entre as súas obras cabe citar Páginas espirituales de vida sobrenatural (1925), Leyenda de San Francisco de Asís escrita por tres de sus compañeros (1927) e Suma espiritual para las almas religiosas (1933).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Estudiou no Seminario de Ourense, do que foi profesor. Na súa xuventude colaborou en xornais ourensáns (La Nueva Época, La Región) onde deu a coñecer a maioría da súa obra poética recollida despois da súa morte no volume Poesías religiosas (1944), onde se recollen dous sonetos en galego “Diante do Sagrado Corazón da Trinidá” e “Teño dúas nais! (Morriña do ceo)”. Autor dunha produción de carácter relixioso, da que podemos destacar La tercera orden de San Francisco y la juventud (1914) e Oración fúnebre del Excmo. e Ilmo. Sr. Arzobispo de Santiago, Dr. D. Manuel Lago González (1925).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • No s XIX desenvolveu o seu labor como mestre de ensino primario en varias localidades galegas antes de pasar á Escola Normal de Mestres de Ourense como rexente. Publicou Tratado de Aritmética, seguido de nociones de Geometría, para todos los alumnos que concurren a las diversas escuelas y colegios de primera enseñanza (1881).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta da península do Grove, na parroquia de san Vicente (O Grove).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta situada entre as praias de Ventín (ó O) e de Sorribo (ó L), que pecha a enseada de Bornalle, na marxe N da ría de Muros e Noia, na parroquia de Abelleira (Muros).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Muros baixo a advocación de santo Estevo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Apelido de orixe toponímica. Relacionados con el están tamén as variantes Abilleira e Abelleiro. O topónimo Abelleira fai referencia á presenza no lugar dunha alvariza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLOTES

    Illote da ría de Arousa, ao S da praia Porqueira, na parroquia de Deiro (Vilanova de Arousa).

    VER O DETALLE DO TERMO