"Bras" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 57.

    1. Que queima dun xeito intenso.

    2. Que sufoca, que afoga por mor da calor existente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que queima en exceso.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Converter en brasa ardente.

    2. Comunicar unha calor ardente.

    3. Gastar sen control e aniquilar os bens propios ou dunha comunidade.

    4. Enfadar ou molestar a algunha persoa.

    5. Murchar as plantas polo exceso de calor ou de frío.

    6. Entregarse aos ardores dunha paixón.

    7. Sufrir alguén queimaduras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Divindade gnóstica. Semella que foi Basílides (s II a C), teórico do gnosticismo, quen expuxo a súa natureza e significación como deus supremo (identificable con Iavé, con Mitra e co Sol). O culto a Abrasax mantívose ata a Idade Media.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparello para medir a resistencia dos materiais á abrasión e, indirectamente, ao desgaste por frición.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de desgaste por frición.

    2. Limpeza feita cun chorro de area, proxectada por medio de aire comprimido, sobre unha pedra. Emprégase para a conservación e restauración de fachadas.

    3. Raspadura feita sobre un pergameo ou sobre outros soportes previamente escritos co fin de volver escribir por riba; como resultado obtense un palimpsesto .

      1. Acción de destruír, extirpar, exulcerar ou separar cirurxicamente.

      2. Exulceración dos fragmentos mucosos miúdos.

      3. Destrución, por desgaste, dos tecidos duros do dente, esmalte e dentina.

      4. Método empregado en dermatoloxía para corrixir unha cicatriz viciosa.

    4. Acción irritante dos purgantes drásticos.

      1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade aplicada a calquera elemento que produce abrasión.

    2. Material duro capaz de producir abrasión. Os abrasivos utilízanse para arrancar material, para desbastar, raspar, rasurar, brunir ou pulir, a fin de modificar o tamaño, a forma, a lisura ou o acabado superficial dun obxecto. Empréganse en forma de

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento empregado para raspar ou limar unha superficie ósea ou dental.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome comercial do sal cálcico do ácido 2-hidroxi-1-naftalensulfónico, Ca(OHC10H6SO3)23 H2O, empregado como antifermento en vinicultura.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos brasileiros de orixe africana ou aos seus descendentes e, sobre todo, ás formas culturais desenvolvidas por eles.

    2. Conxunto de sistemas relixiosos organizados polos grupos afroamericanos propios do Brasil. Cómpre salientar entre outros os seguintes sistemas: banto, batuque, candomblé e macumba.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariante gráfica do nome persoal Brais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Anacos de madeira, carbón ou outro material combustible en incandescencia, pero sen chama.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe natural de Logroño que se estableceu en terras galegas. As súas armas levan escudo partido medio cortado: primeiro, en campo de ouro, un león rampante de púrpura, sostendo na súa pouta destra un tizón de goles; segundo, en campo de sinople, un castelo de prata, mazonado e aclarado de sable; terceiro, en campo de azul, unha banda de ouro engulida en cabezas de dragóns de sinople, perfiladas de ouro e acompañada de dúas veneras de prata. Recóllese tamén escudo cortado medio partido: primeiro, en campo de ouro, un león rampante de púrpura, sostendo na súa pouta destra un tizón de goles; segundo, en campo de sinople, un castelo de prata mazonado e aclarado de sable; terceiro, en campo de azul, unha banda de ouro engulida en cabezas de dragóns de sinople, perfiladas en ouro e acompañada de dúas veneras de prata.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Método de cocción que se aplica principalmente ás carnes e ás aves algo duras e secas, e tamén a certos peixes e produtos da horta. Consiste en dourar o produto, condimentalo e cocelo lentamente no forno ou sobre o lume nun recipiente tapado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Recipiente metálico, con pouco fondo e redondo, no que se botan brasas para empregalo como calefacción.

    2. Aparato eléctrico redondo que se emprega para quentar un cuarto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás brasicáceas.

    2. Herba ou arbusto da familia das brasicáceas.

    3. Familia de plantas da orde das caparais, xeralmente herbáceas, de follas alternas e, a miúdo, divididas. As flores son hermafroditas e presentan catro pétalos libres e dispostos en cruz (polo que a familia tamén recibe o nome de crucíferas) e seis estames, dos que dous son máis pequenos ca o resto. O froito adoita ser en silícula ou silicua. Aínda que de distribución cosmopolita, as máis de 3.000 especies que abrangue a familia son propias das zonas temperadas. Dos 350 xéneros que ten a familia, en Galicia son comúns: Alliaria, Alyssum, Arabidopsis, Arabis, Barbarea, Cakile, Capsella, Cardamine, Cardaminopsis, Cochlearia, Coronopus, Diplotaxis, Draba, Erysimum, Hirschfeldia, Hutchinsia, Iberis, Lepidium, Malcolmia, Matthiola, Murbeckiella, Nasturtium, Raphanus, Rorippa, Rynchosinapis, Sinapis, Sisymbrium, Teesdalia e Thlaspi.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeneral espartano durante a Guerra do Peloponeso. No 424 a C conquistou a colonia ateniense de Anfípolis (Calcídica). Morreu na batalla de Anfípolis nun enfrontamento coa expedición ateniense da reconquista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de brasas moi vivas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Árbore de follas paripinnadas e flores pentámeras agrupadas en acios, orixinaria das Antillas e América tropical.

    2. Madeira dura e avermellada da árbore do mesmo nome empregada en ebanistería e da que se extrae, unha vez seca e pulverizada, unha materia colorante vermella.

    3. Materia colorante vermella extraída da madeira homónima, composta principalmente por brasilina, e empregada na tinguidura de peles e tecidos.

    VER O DETALLE DO TERMO