"Brera" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 55.
-
ESPA¥A
Concello da provincia de Barcelona, (7.003 h [1996]). Drenado polo río Llobregat. A industria é o principal sector económico, destacando a factoría SEAT, compartida con Martorell.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Periódico quincenal de carácter obreirista e societario, aparecido en Pontevedra en xullo de 1918. Exerceu de voceiro do “Centro Obrero” da cidade, dando cabida no seu contido ao acontecer das sociedades de resistencia dende unha postura de independencia das opcións partidarias. Deste xeito, malia estar influído polo ideario socialista, mantivo certa distancia coa Agrupación pontevedresa do PSOE.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación socialista local, fundada en Xove en xaneiro de 1934. A constitución da organización socialista de Xove foi produto da iniciativa da Agrupación Socialista de Viveiro, como froito da estratexia de expansión desta polo ámbito parroquial.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Gran pazo de Milán, construído en 1615 e reconstruído en 1686. Alberga a Biblioteca Nacional Bridense, creada en 1773, e a Pinacoteca Brera, fundada en 1803, un dos museos máis importantes polo seu conxunto de pintura italiana. Tamén acolle un observatorio astrolóxico e unha academia de belas artes.
-
ILLAS
Illa máis grande do arquipélago de Cabrera (15,7 km2), situada ao S de Mallorca, fronte ao cabo Salinas. Forma parte do municipio de Palma de Mallorca. Ten unha espesa garriga, oliveiras silvestres, cedros e zonas de piñeiros. De relevo accidentado, só son cultivables pequenas chairas nos vales. As súas costas son escarpadas e recortadas. En 1991 foi declarado Parque Natural Marítimo-Terrestre polos seus excepcionais valores naturais e paisaxísticos.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Forma castelá correspondente ao apelido galego Cabreira.
-
Liñaxe galega que, segundo algúns heraldistas, procede do infante Sancho o Veloso, nado no ano 978, fillo do Rei Ramiro III de León. O Emperador Carlomagno concedeu, no ano 791, o título de vizconde de Cabrera a Ponce de Cabrera, título que foi confirmado por esta familia en 1353 e 1572. Unha rama pasou a Catalunya e outra participou na conquista de Córdoba, onde fundou casa. Tamén se estendeu por Aragón, Toledo, Badajoz, Huelva, Canarias e Perú. Os vizcondes de Cabrera e os de Aragón e Catalunya traen, en campo de ouro, unha cabra pasante de sable; bordo camponado de ouro e sable. Os de Galicia e Córdoba levan, en campo de ouro, dúas cabras pasantes de sable, postas en pao; os de Canarias, en campo de prata, dúas cabras pasantes de sable, cargadas cada unha delas de tres bandas de ouro; os de Baeza, en campo de prata, unha cabra de sable; bordo cosido do mesmo metal, coas beiras irregulares, imitando os seus perfiles riscos e penedos. Hai tamén algúns que ostentan, en campo de...
-
-
GALICIA
Relixioso. Foi cóengo da catedral de Santiago de Compostela. Dende os seus cargos como reitor do Colexio de Fonseca e membro do claustro universitario compostelán, organizou o Batallón Literario e perseguiu os profesores afrancesados tralo regreso de Fernando VII, de quen obtivo unha pensión vitalicia. Foi fundador de El Sensato, publicación de tendencia absolutista aparecida en Santiago de Compostela en 1811.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xefe militar carlista. Comezou a carreira eclesiástica pero deixouna ao ter lugar o levantamento carlista (1833). Non aceptou o Convenio de Bergara (1839). Retirouse a Francia (1840) e máis tarde a Inglaterra, onde finou. Non quixo intervir na Terceira Guerra Carlista, rexeitando a oferta do pretendente Carlos VII. En 1875 recoñeceu a Afonso XII como rei lexítimo de España.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Sacerdote escolapio. Abandonou a orde e refuxiouse en Xibraltar, onde se convertería ao protestantismo. Estableceuse en Madrid (1875), e instaurou alí a sé da Igrexa Española Reformada Episcopal da que foi o primeiro bispo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor cubano. Realizou estudios de medicina, pero abandonou a carreira para ser redactor na revista Bohemia e crítico de cine. En 1951 fundou a Cinemateca de Cuba e comezou a facer crítica cinematográfica na revista Carteles. Oposto á ditadura de Batista, nun principio foi partidario da política de Fidel Castro e chegou a dirixir o Concejo Nacional de Cuba e colaborar na publicación Revolución, pero posteriormente tivo diferencias co réxime castrista e estableceu a súa residencia en Londres. O seu estilo caracterízase por unha constante experimentación, coa que consolida un mundo propio cheo de reminiscencias de La Habana. Entre a súa produción destacan os títulos: Así en la paz como en la guerra (1960), Tres tristes tigres (Premio Biblioteca Breve, 1964), Vista del amanecer en el Trópico (1974), O (1975), Exorcismos de esti(l)o (1976), Arcadia todas las noches (1978), La Habana para un infante difunto...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mastozoólogo. Entre 1902 e 1925 traballou na ordenación, conservación e estudo das coleccións de mamíferos do Museo Nacional de Historia Natural. No 1914 publicou Fauna Ibérica. Mamíferos e o Código de Nomenclatura Zoológica en español, e en 1922 Manual de Mastozoología, onde cuñou o termo “mastozooloxía” para designar a ciencia que estudia os mamíferos. Trasladouse en 1925 á Arxentina onde exerceu como xefe do departamento de Paleontoloxía do Museo de la Plata ata 1947, profesor de zooloxía na Universidade de Bos Aires e director do Instituto de Zooloxía. Dende 1930 a 1960 foi membro de Comisión Internacional de Nomenclatura Zoolóxica. Foi académico da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas y Naturales de Madrid (1931) e da Academia Nacional de Ciencias Exactas, Físicas y Naturales de Bos Aires (1950), membro de honra da American Society of Mammalogists (1947) e da Zoological Society of London (1947). Publicou 218 traballos científicos, 27 libros e máis de...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Cantautor. Comezou a súa andaina musical na década dos setenta. Posteriormente, formou parte do grupo Mareira entre os anos 1980 e 1982. No seu repertorio teñen cabida tanto o country como o blues, pasando polas baladas en temas como No bar do blues, Acouga este mar ou Qué conto ten a vida. Na súa discografía destacan os títulos Tarantela (1998) e Segundo Andar (2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Construtora e manipuladora de bonecos. Estudiou marionetas no Institut del Teatre de Barcelona. Realizou diversos espectáculos entre os que destacan A guerra das Galíxias de Jorge Rey e Agasallo de sombras co Centro Dramático Galego. É tamén autora, xunto con Rafael Vázquez, de Maltraste, que estreou en 1992 co grupo Trécola, no que traballa habitualmente.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Politólogo. Doutor en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela, exerceu como profesor de socioloxía. Iniciouse na investigación con Juan Luis Pintos, con quen realizou varios traballos sobre metodoloxía, socioloxía política e teoría sociolóxica. Posteriormente, xunto con Ramón Máiz, centrouse no estudo das identidades colectivas, os estudios de opinión e os partidos políticos, especialmente no ámbito galego. Colaborou con diversas publicacións periódicas galegas, entre as que sobresaen Grial, Ágora ou Tempos Novos, e en libros colectivos como Os nacionalismos en Europa: pasado e presente (1994). É coautor, xunto con Máiz, da edición crítica de Sempre en Galiza de Castelao. Así mesmo, é autor de As fontes da socioloxía (1987), O combate dos deuses: unha introdución a Max Weber (1990) e La nación como discurso: la estrutura del sistema ideológico nacionalista, el caso gallego (1992).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico. Foi catedrático de Electricidade e Magnetismo da Universidad de Madrid, reitor da mesma universidade, director do Laboratorio de Investigaciones Físicas do Instituto de Ciencias Físico-Naturales e profesor da Universidad Nacional en México. Os seus estudios baseáronse nas propiedades eléctricas e magnéticas de distintas substancias e disolucións, especialmente no diamagnetismo, e no paramagnetismo. Foi membro da Academia de Ciencias (1910) e da Real Academia Española (1936). Entre as súas obras cómpre destacar: Sobre la trayectoria de los rayos catódicos nun campo magnético (1903), Teorema de Vaschay y su aplicación a la Electrostática (1906), Qué es la electricidad? (1907) e El átomo y sus propiedades electromagnéticas (1927).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Dominicano e predicador. Fíxose coñecido polos seus sermóns, entre os que destaca o Sermón fúnebre (1598) dedicado a Filipe II.
VER O DETALLE DO TERMO -
ARQUIPELAGOS
Conxunto das dezasete illas e illotes do arquipélago das Balears, no Mar Mediterráneo, situado ao S da illa de Mallorca, da que está separado pola canle de Cabrera. Fórmano as illas de Cabrera, Conills, Imperial, Redonda, Esponja, Plana, Pobra, Foradada e Freda (ou das Rates), o illote das Bledes, Illó, Pla e os cinco illotes das Estels.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Entallador. Foi o introdutor da columna salomónica no barroco galego. En 1625, sendo veciño de Oseira, realizou o antigo retablo da antiga capela dos Reis, hoxe capela das Reliquias, na catedral de Santiago de Compostela. Na mesma catedral, xunto a Gregorio Español, fixo en 1628 o retablo para a capela da Azucena ou capela de dona Mencía de Andrade. Na cidade compostelá realizou as seguintes obras: en 1631 a reforma do retablo da capela maior do convento agostiño da Nosa Señora da Cerca, en 1636 o retablo da capela da confraría da Concepción ou da Prima, en 1639 o retablo principal da igrexa de San Miguel dos Agros, en 1657 o retablo da capela maior do Hospital Real, e, entre 1659 e 1663, traballou de novo na catedral nas obras do novo retablo da capela maior. Fóra de Santiago de Compostela realizou os seguintes retablos: en 1627 o da capela de Xerónimo de Sarabia no convento de San Francisco de Vigo, en 1631 o da capela maior do mosteiro de San Xoán de Poio, en 1640 os de santo Andrés...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Doutor en Física pola Universidade de Stanford (EE UU). Presentou en 1982 os primeiros indicios da detección de monopolos magnéticos. O seu labor investigador centrouse na utilización de técnicas de crioxenia e supercondutividade para construír detectores de partículas elementais máis sensibles.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Explorador e colonizador. Participou na revolta de Hernández Girón (1553). Foi nomeado gobernador de Tucumán (1572), e dirixiu diversas expedicións colonizadoras. Fundou en Bos Aires, Córdoba de Llana (1573).
VER O DETALLE DO TERMO