"Buckingham" (Contén)
Mostrando 3 resultados de 3.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Título nobiliario británico concedido orixinariamente polo mo-narca Guillerme o Conquistador ao seu compañeiro Walter Griffard, e que logo da extinción da liñaxe volveu á coroa. Os monarcas outorgaron o título en diferentes ocasións a diversas familias, volvendo finalmente á coroa. O primeiro conde coñecido foi Walter Griffard (morto en 1102), señor de Longueville (Normandía). O título extinguiuse ao morrer en 1176 o terceiro conde, Richard de Clare, e sobriño do primeiro. En 1377 atribuíron o título a un fillo de Eduardo III, Thomas de Woodstock, posteriormente nomeado duque de Gloucester. Transmitido por enlaces matrimoniais, o título condal chegou a Humphrey Stafford, que se converteu en duque de Buckingham en 1444. O título permaneceu na familia Stafford ata a execución en 1521 de Eduard Stafford, terceiro duque. En 1623 o título foille concedido a George Villiers, que xa posuía o condado e mais o marquesado do mesmo nome desde 1618. Logo da morte do seu fillo sen descendencia,...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Residencia londinense da familia real británica dende 1837, situada no parque de Saint James. Construída en 1703 para John Sheffield, duque de Buckingham, foi adquirida polo monarca Xurxo III en 1762. Entre 1821 e 1836 o arquitecto Nash reconstruíuna en estilo paladiano. En 1913 sir Aston Webb construíulle unha fachada nova.
-
CONDADOS
Condado do SL de Inglaterra, Reino Unido, atravesado polos Chiltern Hills (1.883 km2; 665.900 h [estim 1995]). A capital é Aylesbury.
VER O DETALLE DO TERMO