"Bug" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 60.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de fungos da orde dos oomicetes de vida parasita que producen os esporanxios baixo a epiderme da planta hospedeira.
-
-
Mancha transversal abrancazada das unllas, ocasionada por un trastorno trófico.
-
Opacidade abrancazada da córnea do ollo, causada pola acumulación de pingas de graxa.
-
Praga das plantas provocada por fungos parasitos do xénero Albugo, que se caracteriza pola emisión de pústulas abrancazadas.
-
-
GALICIA
Político e avogado. Cursou estudios de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e doutorouse en Madrid. En 1859 foi nomeado deputado a Cortes polo partido de O’Donnell e en 1860 fiscal de Facenda da Audiencia de Madrid e fiscal de imprenta, cargos que desempeñou ata 1866. Ao triunfar a revolución de 1868, uniuse á política de Cánovas e converteuse nunha figura importante do partido liberal-conservador, chegando a ocupar os cargos de fiscal do Tribunal Supremo, Ministro de Gracia e Xustiza e Ministro plenipotenciario de España en Lisboa, cargo que exerceu ata a súa morte. Ademais de traballar como avogado, diplomático e político, cultivou a poesía e colaborou na prensa do momento. Foi redactor dos xornais Diario Español e La Época.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizadora cinematográfica italiana. Obtivo un extraordinario éxito co seu primeiro filme Mignon è partita (Mignon marchou, 1988) e coa súa segunda realización Verso sera (Ó atardecer, 1990), onde narra un conflito de xeracións interpretado por Marcello Mastroianni. Dirixiu tamén Il grande cocomero (A gran sandía, 1993) e Con gli occhi chiusi (Cos ollos pechados, 1994).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xornalista e locutor de radio. Comezou a súa carreira no xornal El Correo Gallego de Santiago de Compostela, onde alcanzou a responsabilidade de redactor-xefe. Foi director en funcións de La Noche ata que no 1972 se fixo cargo da dirección da emisora da SER Radio Galicia de Santiago de Compostela. No ano 1976 foi director de Radio Sevilla e director rexional da SER en Andalucía. En 1988 volveu a Compostela para responsabilizarse da dirección do circuíto de emisoras da SER en Galicia e para dirixir Radio Galicia de Santiago. Entre 1985 e 1988 foi presidente da Asociación de Prensa de Sevilla e directivo da Federación de Asociaciones de la Prensa de España. Ten no seu haber varios premios literarios e xornalísticos.
VER O DETALLE DO TERMO -
RIOS
Río de Ucraína e Polonia, afluente pola dereita do Vístula. Nace na vertente occidental do altiplano de Podolia, en Ucraína, e flúe cara ao N, formando, durante unha parte do seu curso, a fronteira entre Polonia, Ucraína e Bielorrusia. Despois vira cara ao O e intérnase no territorio polaco, desembocando no Vístula, ao NO da cidade de Varsovia, logo dun percorrido de 814 km. Ten un réxime nivo-pluvial e é navegable ata Brest, aínda que a navegación se interrompe nos meses de inverno a causa do xeo. No seu curso alto únese ás concas do Prip’jat’ e do Dniéper polo canal Dneprovsko-Bugskij.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Erro de codificación dun sistema operativo ou dunha aplicación, comezouse a utilizar nos primitivos ordenadores de válvulas nos que os insectos (significado deste termo en inglés) que buscaban a calor, perecían polas altas temperaturas derramando ás veces algunhas das partes dos equipos. A palabra suxire que os erros poden ter unha vida propia, e estes poden ser polo menos de tres tipos: erros de sintaxe, nos que non se seguiron as regras da linguaxe de programación; erros semánticos, nos que o programador interpretou mal algún significado na linguaxe de programación; e erros lóxicos, nos que o programador especificou incorrectamente algún detalle de cálculo. Co tempo descubriuse un problema grave cun determinado tipo de erros que poden ser denominados erros de infraestrutura, nos que o programador é a víctima dalgunha instrución equivocada no sistema operativo ou nunha ferramenta de programación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cultura neolítica (IV milenio a C) dos primeiros agricultores establecida ao redor dos ríos ucraínos Bug e Dniéster. Existen elementos que fan pensar que esta cultura procede dun desenvolvemento autóctono (nivel neolítico acerámico de Soroki), pero tamén existen indicios que demostran a existencia de contactos exteriores no desenvolvemento desa cultura (cerámicas relacionadas coa cultura moldava de Cris e Boian).
-
PERSOEIRO
Escritor. De tendencia simbolista, foi coñecido co pseudónimo de Andrej Belyj. Entre 1902 e 1905 publicou catro Sinfonie (Sinfonías) á maneira das grandes composicións musicais, cargadas de motivos místicos. Cos poemas Pepel (Cinsa, 1909) e coa novela Peterburg (1913) interesouse polos problemas sociais resultantes da revolución de 1905.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Danza palaciana xaponesa de orixe chinesa nacida no s VII. Existe un repertorio que consta dunhas cincuenta danzas de diversa temática e duración, moitas delas de orixe chinesa e coreana. Entre as características máis sobresaíntes deste xénero, a medio camiño entre a danza e o ritual, hai que subliñar o vestiario, as caretas, a música e unhas coreografías sumamente codificadas, seguindo unha tradición centenaria. Os espectáculos preséntanse en datas moi precisas e espacios moi concretos, como o Teatro Nacional de Toquio ou os mosteiros de Kyoto e Ōsaka, destacando polo seu esencialismo, en verdadeira consonancia coas orientacións estéticas da filosofía zen. O bugaku tivo unha certa incidencia na conformación do drama musical Nō, unha das xoias do teatro tradicional xaponés, nado no s XIV.
-
VER O DETALLE DO TERMO
bugallo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe natural do lugar de Bugallal, en Salvaterra de Miño. As súas armas levan, en campo de goles, unha aspa de prata acompañada de catro bugallóns de ouro, abotoados de sinople. A rama de Ponteareas leva as mesmas armas pero cun escudiño de prata, coa cruz florenzada de goles, posto en abismo.
-
GALICIA
Avogado e político conservador e conde de Bugallal. Licenciado en Dereito pola Universidad de Salamanca, trasladouse a Madrid, onde representou dende 1886 o distrito de Ponteareas e outros distritos da provincia de Ourense (Bande, Ribadavia, Xinzo de Limia e Ourense) nas Cortes. Ocupou os cargos de oficial da subsecretaría de Gracia e Xustiza, gobernador civil de Granada, director xeral de Administración Local, director xeral do Tesouro e fiscal do Tribunal do Contencioso e do Tribunal Supremo. Foi ministro de Instrución Pública en 1902, de Facenda en 1913, 1917 e 1919, de Gracia e Xustiza en 1920, da Gobernación tamén en 1920 e de Economía en 1931; ademais, tralo asasinato de Dato, ocupou a xefatura do goberno de xeito interino en 1921. Foi presidente do Congreso dos Deputados, do Consello de Ministros e xefe do partido liberal-conservador. Así mesmo, foi membro da Real Academia de Jurisprudencia y Legislación e da Academia de Ciencias Morales y Políticas. Fundou xornais políticos e publicou...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, en 1883 trasladouse a Madrid. En 1903 obtivo a súa primeira acta de deputado a Cortes polo distrito de Ponteareas, ao que representou ata 1914, data na que foi elixido deputado por Ourense sen chegar a tomar posesión do cargo. Foi membro numerario da Real Academia de Jurisprudencia y Legislación, membro correspondente da Real Academia Galega, secretario da Sección de Ciencias Morales y Políticas do Ateneo de Madrid e vicepresidente do Centro Galego de Madrid. Así mesmo, colaborou na prensa galega e madrileña e publicou Dos semblanzas de Cánovas (1898) e Suiza española: paseando por Galicia (1903).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista. Licenciado en dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, foi membro da Real Academia Galega e da de Bellas Artes Nuestra Señora del Rosario, así como correspondente da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando e do Instituto Português de Arqueologia, História e Etnografia. En 1954 foi galardoado co premio xornalístico Pérez Lugín. Colaborou en distintos xornais e revistas como El Orzán, El Ideal Gallego, Vida Gallega ou Finisterre, e publicou El coloso de Rande (1927), El sentimiento lírico materno en la pintura de Ovidio Murguía (1951), La gaita en Britania (1956), Sofía Casanova: un siglo de glorias y dolores (1964) e Compostela: piedra y alma (1983).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Enxeñeiro. Foi xefe das seccións de cálculo informatizado e de estudo de estruturas de material rodante ferroviario (fábrica de Aytré da sociedade Alsthom) e participou no estudo do Tren de Alta Velocidade francés (TGV). Amais de participar en numerosos congresos e conferencias sobre heráldica, encargouse do estudo dos escudos de numerosos concellos galegos e franceses. En 1981 publicou na revista Hidalguía “Origen y evolución de las armas de Galicia” e “La Bandera de Galicia”. Colaborou nos libros Blasones y linajes de Galicia, Manual de Heráldica española (1974), Heráldica de Pontevedra e no apartado de escudos e brasóns da Gran Enciclopedia Gallega.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintora. Iniciou a súa formación artística no taller de Dolores Díaz Valiño para posteriormente cursar estudios de Artes Aplicadas en Madrid e asistir por libre á Escuela de Bellas Artes de San Fernando. A súa obra espállase por coleccións particulares de España e do estranxeiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Título concedido por Real Decreto do 22 de xaneiro de 1896 pola Raíña rexente María Cristina de Habsburgo no nome de Afonso XIII a Adelaida García Flores e Rodríguez, viúva de Saturnino Álvarez Bugallal, ministro de Gracia e Xustiza. O 12 de xullo de 1970 expediuse carta de sucesión a favor de Xosé Ramón Fernández-Bugallal e Barrón. O conde de Bugallal leva as mesmas armas ca os Bugallal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ás persoas que contactaban coa poboación para obter votos a favor da familia Bugallal en Ponteareas. Entre eles atopábanse os médicos José Outerelo e León Mosquera, e prestamistas como Manuel Outerelo ou Manuel Alonso Soto, quen recollían cartos dos rendistas forais e dos labregos. En xeral, foron homes que se relacionaban co dominio directo do foro. Tamén participaron os funcionarios do concello e da administración de xustiza.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome que ostentou o concello de Ponteceso entre 1835 (data da súa constitución) e 1866, por ser ese lugar da parroquia de Tallo a entidade capital municipal. O cambio de nome produciuse simultaneamente ao traslado da capitalidade, que pasou á aldea de Ponteceso, na parroquia de Cospindo.