"Buru" (Contén)
Mostrando 18 resultados de 18.
-
PERSOEIRO
Pintor. Traballou todos os xéneros pictóricos, dende o retrato ata a paisaxe. A súa obra caracterízase por composicións moi sobrecargadas, aínda que nidiamente estruturadas. As súas preferencias cromáticas, que constitúen o cerne da súa abstracción persoal, son vermellos esvaídos, terras, negros e óxidos. Recibiu a medalla de ouro da Bienal Nacional de Pontevedra (1975) e da Bienal Provincial de Pontevedra (1976). A súa obra está presente en diversos museos de Galicia e de Europa.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e político. Xefe do estado maior das Forzas Armadas Arxentinas, participou no derrocamento do xeneral Perón (1955) e foi Presidente provisional da República ata as eleccións (1958) que lle deron o triunfo a Arturo Frondizi. Secuestrado no 1970, foi asasinado polos montoneros.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Soprano. Estudiou en Italia con Campo Galliani e posteriormente no Actors Studio de Nova York, cunha bolsa do Opera and Music Theatre Institute. Debutou operisticamente no 1990 en Palm Beach (EE UU) no papel de Clorinda de La Cenerentola. No 1993 gañou os concursos do Metropolitan Opera National Council Auditions, de Nova York e Voces de Ópera Plácido Domingo, de París. Actuou en Londres, Donostia, Bonn, Nápoles e Nova York, entre outros lugares. O seu personaxe máis emblemático é o de Violetta en La Traviata, de Verdi.
VER O DETALLE DO TERMO -
ILLAS
Illa do arquipélago das Molucas, Indonesia, ao L de Borneo no Mar das Molucas (8.756 km2; 19.700 h). O relevo accidentado, cuberto pola selva ecuatorial, ten no pico de Tomahu a súa elevación máxima con 2.500 m de altitude. A poboación practica na súa maioría o islamismo e o cristianismo. A economía baséase principalmente na produción madeireira e na exportación de carne de cervo e aceite. O núcleo urbano principal é Namlea.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Brullón.
-
VER O DETALLE DO TERMO
envurullo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Brullón.
-
ENTRADA LARGA
Estado de África centroriental, limitado ao N por Rwanda, ao O por República Democrática do Congo, e ao L e ao S por Tanzania (27.834 km2; 5.943.000 h [1996]). Esténdese entre os 2° e 4° de latitude S e os 29° e 31° de lonxitude L. A capital é Bujumbura.
Xeografía físicaRelevo e xeoloxía
VER O DETALLE DO TERMO
Distínguense catro rexións xeomorfolóxicas: os altiplanos centrais, de 1.500 a 2.000 m de altitude; a rexión montañosa setentrional, por riba dos 2.600 m; a rexión Imbo, entre 800 e 1.000 m de altitude, que arrodea o lago Tangañika; e as rexións deprimidas do L.
Clima, vexetación e hidrografía
O clima é ecuatorial, aínda que modificado nos lugares de máis altitude, cunha temperatura media anual de 20°C e unha pluviosidade duns 1.400 mm ao ano, agás na rexión do lago Tangañika, onde chega soamente a 800 mm. A vexetación é de sabana nas áreas de baixa altitude, e de bosque na rexión montañosa setentrional. Hidrograficamente,... -
-
Relativo e pertencente a Burundi ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Burundi.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lingua afroasiática da rama cuxítica meridional. Rexistráronse 31.000 falantes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Burundi, na marxe L do lago Tangañika (2.465 km2; 385.490 h [1990]). A capital é Bururi (15.816 h).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lingua asiática illada xeneticamente que falan os buruxos. Situada na rexión de contacto de familias lingüísticas diversas (índicas, iránicas, turcas e tibetanas), posúe unhas características particulares que non permiten clasificala en ningunha agrupación coñecida. Conta cuns 30.000 falantes no Paquistán setentrional.
-
-
Relativo ou pertencente aos buruxos.
-
Individuo do pobo buruxo.
-
Pobo de agricultores e gandeiros de lingua buruxaski que habita entre o Karakorum e o Hindūkush. A súa poboación limítase a uns 20.000 individuos.
-
-
PERSOEIRO
Escritor. De ideas republicanas, foi capitán de granadeiros en tempos de Napoleón III. Cultivou a poesía bucólica, erótica e política e deixou inacabada unha novela curta. Obtivo numerosos premios.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Panos ou roupa cos que se envolve un bebé.
-
Cousa ou conxunto de cousas envoltas con pouco coidado.
-
-
PERSOEIRO
Emperador de México (1822-1823) co nome de Agostiño I. Oficial do exército realista, asinou co líder rebelde o Plan de Iguala, que establecía a independencia de México. Asumiu a presidencia do Consello de Rexencia e en 1822 fíxose proclamar emperador, disolvendo o Congreso. A oposición de republicanos e liberais obrigouno a abdicar e exiliarse en Europa, de onde regresou en 1824 e foi fusilado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Foi xesuíta e escribiu obras relixiosas como Jesusen bihotzaren devocioa (Reflexións sobre a devoción a Xesús, 1782) e Jesusen Amore-Negueei dagotzen cembait otoitz-gai (Algunhas meditacións sobre o amor e o sufrimento de Xesús, 1759-1760).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Eclesiástico. Bispo de Lugo (1762-1768), durante o seu goberno construíuse a portada principal da catedral e a capela maior. Foi arcebispo de Zaragoza (1768-1777).
VER O DETALLE DO TERMO