"Bury" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 30.

  • PERSOEIRO

    Bispo de Canterbury. Foi predicar o evanxeo a Inglaterra como misioneiro no 597 dende o mosteiro romano de Santo Andrés por orde do Papa Gregorio Magno. Apoiado polo Rei Etelberto de Kent, a quen xa convertera, predicou a moita xente e fundou abundantes igrexas, a maior parte delas no Reino de Kent. Encontrou hostilidade no clero céltico de Gales, moi aferrado ás tradicións propias. No 601 foi consagrado Bispo de Canterbury. A súa festa celébrase o 27 de maio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Anselmo
    .

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico inglés. Educado en Cambridge, foi axudante de William Bragg na Royal Institution. Foi elixido fellow da Royal Society e director do Textile Physics Research Laboratory en 1940. Mediante raios X profundizou no estudo das estruturas das proteínas e dos altos polímeros, en particular das fibras téxtiles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LOCALIDADES

    Localidade de Inglaterra, no Condado de Wiltshire, a 10 km de Marborough (560 h). Neste lugar atópase un dos máis famosos recintos cerimoniais que se desenvolveron no III milenio a C. Consta dun gran recinto limitado por un potente muro exterior de 360 m de diámetro formado por unhas 100 pedras verticais, un foso intermedio e, como peche interior, un gran círculo de pedras. Unha avenida de menhirs de máis de 1,5 Km fai de entrada ao conxunto, que debía ser un santuario ao aire libre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • John Lubbock.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do condado de Buckinghamshire, no SL de Inglaterra, Gran Bretaña (52.914 h [1981]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que recibiron os escritores, artistas e intelectuais ingleses que comezaron a reunirse arredor de 1905 na casa do barrio londinense de Bloomsbury, propiedade das irmás Stephen, Vanessa Bell e Virginia Woolf, e que mantiveron a súa actividade ata o ano 1941, aproximadamente. Formado, entre outros, por Lytton Strachey, Clive Bell, Leonard Woolf, E. M. Forster, Roger Fry, David Garnett e Maynard Keynes, non se consideraban un grupo nun sentido formal, aínda que os unía a convicción da importancia das artes. O seu pensamento pódese resumir na afirmación do filósofo G. E. Moore, que exerceu unha forte influencia no grupo, de que o principal na vida é o amor, a creación e goce da experiencia artística e a busca do coñecemento. Foron escépticos e tolerantes, e reaccionaron contra as limitacións artísticas e sociais da sociedade vitoriana. A través da escritura (novela, biografía, crítica de arte, economía, teoría política), a pintura (a obra de Vanessa Bell e Duncan Grant) e a edición (Leonard...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista norteamericano de ciencia fición. As súas obras futuristas amosan unha crítica cultural, para evitar os perigos dunha futura organización tecnocrática da sociedade. Publicou The Illustrated Man (O home ilustrado, 1951 e Fahrenheit 451 (1953). Tamén destacan The Martian Chronicles (Crónicas de Marte, 1950), A Medicine for Melancholy (A medicina da saudade, 1959), The Machineries of Joy (As máquinarias de xogo, 1964), The Small Assassin (O pequeno asasino, 1973), e as obras teatrais The Wonderful Ice-Cream Suit (O marabilloso traxe de xeado, 1972), Death is a Lonely Business (A morte é un asunto solitario, 1986), A Great Yard fort Lunatics (Un gran patio para lunáticos, 1989) e The Toynbee Convector (O quentador Toynbee, 1990).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do condado de Lancashire, Inglaterra, á beira do río Irwell (67.529 h [1981]). Situada nun cumio á beira do canal de Manchester-Bolton. A súa economía está baseada na produción téxtil (algodón e la), nas papeleiras e nas construcións mecánicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor e pintor belga. Influído por Calder, sentiuse atraído pola arte do movemento e derivou cara á escultura. É un dos principais representantes da escultura cinética. A súa produción incorpora o uso de motores e elementos magnéticos e luminosos. É autor dalgúns filmes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do condado de Kent, no SL de Inglaterra, Reino Unido, á beira do río Stour (116.829 h [1981]. É un coñecido mercado agrícola e núcleo industrial, onde destacan as empresas téxtiles e as de elaboración de produtos lácteos. A cidade correspóndese coa colonia romana chamada Durovernum. Os primeiros misioneiros, enviados por santo Agostiño de Canterbury, establecéronse no 597. Converteuse en sé episcopal no ano 602 e a sé titular foi designada como primada de Inglaterra. O arcebispo Thomas Becket foi asasinado na catedral en 1170 e, despois da súa canonización (1172), Canterbury converteuse nun centro de peregrinaxe moi frecuentado na Idade Media. A construción da Christ Church Cathedral iniciouna en 1070 o arcebispo Lanfranc. En 1174 un incendio destruíu a cabeceira, que sería reconstruída polo mestre francés Guillaume de Sens baseándose nun esquema da catedral de Sens. En 1379 derrubouse a nave para construír unha nova, acabada en 1400, obra mestra do gótico perpendicular....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión de Nova Zelanda, na Illa do Sur (37.955 km2; 478.912 h [1996]). A capital é Christchurch (313.969 h [1996]). O relevo está formado por grandes chairas, con numerosos lagos (Pukaki, Kekapo, Coleridge) e ríos (Okuku, Ashley) que desembocan na baía de Canterbury. Está dividido en nove condados. No seu territorio hai diversas reservas naturais como os parques nacionais de Arthurs Pass e Nelson Lakes. A orixe da rexión remóntase á colonia fundada en 1848 por unha sociedade protestante inglesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de narracións escritas por Geoffrey Chaucer entre os anos 1380 e 1400. Trátase dunha obra inacabada que consta de 23 narracións en verso, a maioría dispostas en pareados heroicos, e dúas en prosa, que teñen como marco unitario unha peregrinación a Canterbury. O procedemento condutor escollido formúlase nun prólogo xeral onde se describe unha congregación de viaxeiros, camiño da tumba de san Thomas Becket, que deciden amenizar a marcha contando relatos. Á volta, o mellor narrador será obsequiado cunha cea na pousada na que coincidiron fortuitamente. Este artificio integra os relatos nun mesmo fío narrativo, e contribúe a dotar a obra dun ton unitario dentro da súa diversidade. Os narradores presentados e descritos individualmente no prólogo xeral aparecen ao longo da obra nos enlaces entre os contos, a miúdo caracterizados por medio de diálogos dramáticos. A función destes enlaces é manter a ilación da trama, perfilar os retratos dos personaxes e introducir o asunto dos diversos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Canterbury Tales.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo inglés. Educouse en Oxford e París e ensinou filosofía, matemáticas, xeometría, filosofía aristotélica e teoloxía na universidade británica. Nomeado tesoureiro da catedral de Salisbury (1222), conservou este cargo cando foi promovido a arcebispo de Canterbury (1234). Loitou polo recoñecemento dos dereitos e bens eclesiáticos en contra de Enrique III e enfrontouse á corrupción no seo da Igrexa, feito para o que aprobou as súas Constitucións (1236). En 1240 saíu de Canterbury para Roma por mor do conflito entre o papa e o Rei Enrique III; morreu preto de Soissy e os seus restos traladáronse á abadía de Pontigny. Foi canonizado en 1247 por Inocencio IV. É patrón dos nenos acabados de nacer e da congregación de santo Edmundo. Na iconografía viste ornamentos episcopais e leva como atributo un neno espido envolto nuns panos. A súa festividade celébrase o 16 de novembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Atleta. Desenvolveu unha técnica propia para executar o salto de altura consistente en saltar o listón de costas (estilo fosbury). Gracias á súa técnica gañou a medalla de ouro da súa especialidade nos Xogos Olímpicos de México 1968, cun salto de 2,24 m. A partir dese momento a práctica totalidade dos saltadores empregaron a súa técnica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Edward Herbert.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e ensaísta inglés. Escribiu o poema A Wife (1614), que provocou unha gran polémica, seguido da obra en prosa Characters (1614), onde se recollen retratos satíricos dos tipos de homes da época. Tamén escribiu as obras The Remedy of Love (1620) e Observations in Foreign Travels (1626).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do condado de Sufflok, en Inglaterra, Reino Unido (98.193 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade de Inglaterra, situada no condado de Wiltshire e ao SO de Southampton (114.613 h [2001]). Do seu patrimonio cultural destaca a catedral (1220-1258), que ten a torre de cruceiro (1330-1370) máis alta de Inglaterra (124 m).

    VER O DETALLE DO TERMO