"CEG" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 32.

  • escornacabras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calzado que chega máis arriba do nocelo, aberto por diante e axustado por medio de cordóns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Confederación de Empresarios de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que cega momentaneamente debido ao seu brillo ou intensidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de cegar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘rato’.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Privar a alguén da vista de forma permanente.

      2. Deixar a alguén sen vista momentaneamente.

      1. Obstruír ou tapar unha abertura, un burato ou unha condución.

      2. Pechar ou obstruír un camiño, unha vía ou un porto.

    1. Quitar a alguén a capacidade de entender ou razoar.

    2. Tirar o gume dun instrumento cortante.

    3. Producir unha forte impresión.

    4. Perder a vista.

    5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen ve moi pouco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Centro creado mediante o Decreto 158/1984, do 27 de setembro, no que se establecen as funcións que lle corresponden para impartir ensinanzas equivalentes a EXB, dirixidas a adultos en réxime de educación a distancia, así como ensinanzas a distancia para nenos en idade escolar que, por causas xustificadas, non poden estar normalmente escolarizados. Con sede na Coruña, depende directamente da dirección xeral de Educación Básica e o seu ámbito de actuación esténdese a toda a Comunidade Autónoma de Galicia. Nas provincias de Lugo, Ourense e Pontevedra funcionan centros colaboradores para facilitar a relación persoal entre o alumnado e o profesorado. En 1986 estableceuse un convenio de colaboración entre o Centro Nacional de Educación Básica a Distancia (CENEBAD) e o CEGEBAD. En 1988 tivo lugar un novo convenio de centros de Educación Permanente de Adultos (EPA) e centros colaboradores do CEGEBAD para converter todos os centros públicos de EPA en colaboradores e, así, achegar as titorías do...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pantalóns de coiro que só cubrían as pernas e non mantiñan unión cos zocos. Usábanse para protexerse da chuvia e atábanse na cintura cunha correa de coiro.

    2. Que ou quen está privado do sentido da vista. Na Antigüidade, a vida dos cegos estivo sometida a condicións de extrema opresión. A partir do s IV d C, e durante toda a Idade Media, xurdiron institucións illadas para axudar os cegos, baseadas nun espírito caritativo e de beneficencia. A maioría deles dedicábanse a mendigar, á música ou a recitar oracións; outros tiñan permiso para realizar algúns oficios, como o de cesteiro ou vendedor de romances. No s XVIII comezaron a producirse os primeiros movementos encamiñados á readaptación dos cegos. Deste xeito, perfeccionáronse os sistemas de escritura para cegos, con antecedentes no sistema do castelán Francisco Lucas de 1517, grazas aos traballos dos ingleses Gall (1827) e Moon (1833) e, fundamentalmente, do francés Louis Braille (1829 e 1837). O método de Braille tivo unha ampla difusión. En España, o labor asistencial, así como a educación e integración dos cegos, está dirixida pola Organización Nacional de Ciegos de España (ONCE), creada...

    3. Aplícase á abertura, burato, vía ou canle obstruída ou sen saída.

    4. Que non percibe o que é evidente.

      1. Que perdeu a capacidade de entender ou razoar.

      2. Que está arrebatado por unha paixón desmesurada.

      3. Aplícase ao sentimento que transtorna a mente.

      1. Aplícase ao instrumento de corte que ten o gume derramado.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen está privado do sentido da vista. Na Antigüidade, a vida dos cegos estivo sometida a condicións de extrema opresión. A partir do s IV d C, e durante toda a Idade Media, xurdiron institucións illadas para axudar os cegos, baseadas nun espírito caritativo e de beneficencia. A maioría deles dedicábanse a mendigar, á música ou a recitar oracións; outros tiñan permiso para realizar algúns oficios, como o de cesteiro ou vendedor de romances. No s XVIII comezaron a producirse os primeiros movementos encamiñados á readaptación dos cegos. Deste xeito, perfeccionáronse os sistemas de escritura para cegos, con antecedentes no sistema do castelán Francisco Lucas de 1517, grazas aos traballos dos ingleses Gall (1827) e Moon (1833) e, fundamentalmente, do francés Louis Braille (1829 e 1837). O método de Braille tivo unha ampla difusión. En España, o labor asistencial, así como a educación e integración dos cegos, está dirixida pola Organización Nacional de Ciegos de España (ONCE), creada...

    2. Aplícase á abertura, burato, vía ou canle obstruída ou sen saída.

    3. Que non percibe o que é evidente.

      1. Que perdeu a capacidade de entender ou razoar.

      2. Que está arrebatado por unha paixón desmesurada.

      3. Aplícase ao sentimento que transtorna a mente.

      1. Aplícase ao instrumento de corte que ten o gume derramado.

      2. Aplícase á agulla que perdeu ou debilitou a punta.

    4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ave do xénero Ciconia, de gran tamaño e corpo robusto, con patas, pescozo e peteiro longos. As ás son longas e dixitadas; mentres voan, de xeito pausado e alternando movementos das ás con pairos, manteñen o pescozo estendido e as patas sobresáenlle por detrás da cola. O único son que realizan é o cacarexo, que ten lugar ao bater as mandíbulas ao tempo que botan a cabeza para atrás. Camiñan polo chan, especialmente en lugares húmidos, buscando presas como anfibios e insectos. Hai dezasete especies de cegoñas, moitas delas con problemas de conservación, xa que o seu número descendeu en todos os países como consecuencia do desecamento das zonas húmidas, a contaminación e os obstáculos na migración.

    2. Cegoña de ata 100 cm de lonxitude, coa plumaxe branca, agás as plumas primarias e secundarias das ás, que son de cor negra. Teñen o peteiro e as patas longos e de cor vermella, aínda que nos dous primeiros anos son acastañados. Teñen unha distribución paleártica, dende o N de África ata Xapón e Corea. A maior parte da poboación mundial está en Europa Oriental e na Península Ibérica, onde ocupa principalmente a metade oriental e o val do Ebro. En Galicia está presente como ave de paso en zonas húmidas e como aniñadora no cuadrante sudoriental. Pasan o verán en Europa, aínda que algunhas aves de poboacións meridionais teñen un comportamento sedentario. Chegan no mes de marzo e reparan ou constrúen o niño en árbores, tellados, campanarios, torres eléctricas ou outras construcións. A finais do s XX as poboacións ibéricas experimentaron unha clara recuperación, con máis de 16.000 parellas. A isto contribuíron a alimentación en vertedoiros, o que deu lugar á súa permanencia en núcleos de poboación...

    3. Cegoña duns 96 cm de lonxitude, que presenta a plumaxe negra brillante coa parte inferior do corpo branca, e o peteiro, as patas e o anel ocular de cor vermella. Existen unhas 6.000 parellas por todo o mundo que ocupan áreas de clima chuvioso temperado ou boreal de Europa e Asia, ademais dunha poboación en Sudáfrica. Na Península Ibérica subsisten unhas 250 parellas que ocupan o cuadrante sudoccidental, en localidades con bosques e cantís fluviais, asociadas a cursos fluviais ou masas de auga e sen presenza humana aparente. En Galicia é unha ave de paso que se pode observar en zonas húmidas do interior, como na Baixa Limia, ou da costa, como a ría de Vigo.

    4. Nos escudos heráldicos represéntase sobre unha pata, de perfil, unhas veces con dúas cabezas e, outras, sobre o niño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Néboa espesa e baixa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Árbore de transmisión de forza que transforma os movementos alternativos en movementos de rotación (nos motores de explosión) ou viceversa (nas prensas mecánicas excéntricas) e fai de manivela do conxunto biela-manivela. Ten un cóbado por cada biela da máquina ou do motor. O cóbado recibe a biela no toco, que xira descentrado arredor do eixe de rotación do cegoñal. O toco que constitúe o eixe de rotación do cegoñal é o colo ou soporte de bancada. O brazo é a parte do cegoñal que une o toco e o colo. Adoita haber un brazo en cada costado do toco e un colo por cada brazo, aínda que hai cegoñais de compresores que só teñen un colo, un brazo e un toco, e cegoñais de motores lixeiros que teñen os tocos agrupados de dous en dous.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENSEADAS

    Enseada do litoral da parroquia da Devesa, no concello de Ribadeo, ao O da punta Corbeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pantalóns de coiro que só cubrían as pernas e non mantiñan unión cos zocos. Usábanse para protexerse da chuvia e atábanse na cintura cunha correa de coiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á liñaxe dos cegrís.

    2. Individuo pertencente á liñaxe cegrí.

    3. Liñaxe nobiliaria do reino nazarí de Granada que rivalizou no poder cos abencerraxes. Este enfrontamento derivou nunha loita interna e no progresivo deterioro do reino, que culminou coa ocupación e incorporación ao reino de Castela en 1492.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Herbácea bienal de cheiro desagradable, que acada os 2 m de altura, de talos ocos manchados de púrpura e follas de ata 30 cm, pinnadas varias veces. As flores son brancas e dispóñense en umbelas de ata 5 cm de diámetro. Os froitos, de ata 3,5 mm de lonxitude, son de cor acastañada e teñen costelas onduladas verdosas. É propia de lugares húmidos e ruderais, como marxes de ríos e camiños; en Galicia está presente na metade occidental. As follas e os froitos teñen altas concentracións de alcaloides moi velenosos para o home, como a cicutina, a metilcicutina, a conhidrina e a pseudoconhidrina; oito gramos das súas follas poden provocar a morte dunha persoa adulta. Utilizouse en medicina homeopática como antineurálxico e antiespasmódico.

    2. eleno que se obtén principalmente da raíz bulbosa da planta do mesmo nome, que pode resultar mortal para o home en doses próximas aos 500 mg.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Privación ou perda do sentido da vista. Pode ser conxénita, ocasionada por malformacións embrionarias ou enfermidades oculares do período fetal, ou adquirida, como consecuencia de lesións dos ollos, das vías nerviosas cerebrais por onde transcorren os estímulos visuais, dos centros visuais situados no córtex cerebral ou de enfermidades e intoxicacións xerais.

      2. cegueira de cores

        daltonismo.

      3. cegueira diúrna

        nitalopía.

      4. cegueira nocturna/crepuscular

        hemeralopía.

      1. cegueira psíquica

        Incapacidade de recoñecer os obxectos ou as persoas coñecidas a pesar de velas. Existen dous tipos: a agnosia visual, na que o individuo é incapaz de describir as características dos obxectos, e a asimbolia óptica, na que, malia ter unha descrición adecuada, o enfermo non pode identificar o obxecto.

      2. cegueira verbal

        Perda da capacidade de interpretación das palabras, das sílabas ou das letras escritas. Preséntase soa ou formando parte dunha síndrome coñecida como afasia de Wernicke.

    1. Incapacidade para decatarse de algo evidente ou palpable.

    2. Privación do razoamento que distorsiona a percepción da realidade.

    VER O DETALLE DO TERMO