cego -ga
(
-
Pantalóns de coiro que só cubrían as pernas e non mantiñan unión cos zocos. Usábanse para protexerse da chuvia e atábanse na cintura cunha correa de coiro.
-
adx e s
Que ou quen está privado do sentido da vista. Na Antigüidade, a vida dos cegos estivo sometida a condicións de extrema opresión. A partir do s IV d C, e durante toda a Idade Media, xurdiron institucións illadas para axudar os cegos, baseadas nun espírito caritativo e de beneficencia. A maioría deles dedicábanse a mendigar, á música ou a recitar oracións; outros tiñan permiso para realizar algúns oficios, como o de cesteiro ou vendedor de romances. No s XVIII comezaron a producirse os primeiros movementos encamiñados á readaptación dos cegos. Deste xeito, perfeccionáronse os sistemas de escritura para cegos, con antecedentes no sistema do castelán Francisco Lucas de 1517, grazas aos traballos dos ingleses Gall (1827) e Moon (1833) e, fundamentalmente, do francés Louis Braille (1829 e 1837). O método de Braille tivo unha ampla difusión. En España, o labor asistencial, así como a educación e integración dos cegos, está dirixida pola Organización Nacional de Ciegos de España (ONCE), creada en 1938 mediante un decreto expedido en Burgos. Na tradición oral recóllense ditos como: “Antes torto que cego de todo. Ben cego ten que ser o que pola peneira non poida ver. Cegos e mancos, todos somos sanos no Camiño de Santiago. Cegos, pegas e choias, dou ao diaño estas tres xoias. Na terra dos cegos, o torto é un rei. Pao de cego, pau do demo. Que sabe o cego se o pano é branco ou negro?”.
Sinónimos: invidente. -
adx
Aplícase á abertura, burato, vía ou canle obstruída ou sen saída.
Ex: A canle quedou cega por mor da ferruxe.
-
adx
Que non percibe o que é evidente.
Ex: Estás cego e non te decatas do que pasa na túa casa.
-
adx
-
Que perdeu a capacidade de entender ou razoar.
Ex: A súa cega ambición arruinoulle a vida.
-
Que está arrebatado por unha paixón desmesurada.
Ex: Chegou cego de ira e deulle dous disparos ó amigo.
-
Aplícase ao sentimento que transtorna a mente.
Ex: Sentía unha paixón cega pola súa namorada.
-
-
adx
-
Aplícase ao instrumento de corte que ten o gume derramado.
Ex: Deixou cego este coitelo ao cortar con el as patacas.
-
Aplícase á agulla que perdeu ou debilitou a punta.
Ex: Cegou a agulla de tanto uso que lle deu.
-
-
adx
Aplícase ao pan ou queixo quen non ten ollos na parte superior.
-
adx
Aplícase á persoa que experimenta unha enchente.
Ex: Na voda da irmá púxose cego de marisco.
-
s
m
[ANAT]
-
Divertículo en forma de saco, cerrado nun extremo, presente en órganos de diversos animais.
-
FRAS: Alumar os cegos. Estar á vista.
Primeira porción do intestino groso. No ser humano está situado na fosa ilíaca dereita, entre o colon ascendente e o íleo, do que está separado pola válvula ileocecal. Na súa parte inferointerior nace o apéndice vermiforme. Cunha lonxitude de 4 a 8 cm e un diámetro de 5 a 7 cm, mantense na súa posición gracias a dúas pregaduras do peritoneo que condicionan a súa mobilidade.
-
Frases feitas
-
2 loc adv De forma impulsiva ou sen coñecemento da cousa da que se trata. Ex: Tan pronto chegou foi directamente contra el ás cegas, sen preguntarlle nada. Fíxoo ás cegas e agora non sabe cómo solucionar as graves consecuencias.
-
Alumar os cegos. Estar á vista. Ex: Que non o quería alumaba aos cegos.
-
Ás cegas 1 loc adv Sen ver por falta de luz. Ex: Houbo un apagón e levantouse da cadeira ás cegas. Andei ás cegas para poder vestirme.
-
Facer o cego. Non querer recoñecer abertamente un feito evidente. Ex: Aínda que fai o cego sabe moi ben que non ten un can.
Refráns
- Algún cego quixérame ver, anque non máis fora por vista ter.
- Aoque te non vexo, moito ben che desexo.
- Non hai peor cego có que non quere ver.
- O cego que nunca viu non sabe ben o que é ver.
- O que ha cegar, polos ollos ha comezar.
- O que non ve non sabe o que é nin como é.
- Pau de cego, pau do demo.
- Tanto é o que non ve, coma o que non sabe.
- ¡Adeus e vexámonos! - e eran dous cegos.
- ¿Que sabe o cego se o pano é branco ou é negro?