cegar
(< lat caecāre)
-
v t
-
Privar a alguén da vista de forma permanente.
Ex: Ulises cegou a Polifemo tirándolle unha pedra no ollo.
-
Deixar a alguén sen vista momentaneamente.
Ex: Cegábanme as luces dos coches e non vin o sinal de prohibición.
Sinónimos: encandear.
-
- v t
-
v t
Quitar a alguén a capacidade de entender ou razoar.
Ex: O amor por aquela muller cegouno.
Sinónimos: obcecar, ofuscar. -
v t
Tirar o gume dun instrumento cortante.
Ex: O pan cega os coitelos, córtao mellor coa man.
Sinónimos: gafar. -
v t e pron
Producir unha forte impresión.
Ex: Cegouse co luxo do palacio. Cegoume tanto a tenrura da súa mirada que non fun quen de reaccionar.
-
v i
Perder a vista.
Ex: As dúas irmás cegaron pola diabete.
-
v i e pron
-
Quedar obstruído ou tapado un oco ou un conduto.
Ex: A entrada cegou con tanta vexetación.
-
Quedar pechada ou obstruída unha vía, unha canle ou un porto.
Ex: No inverno moitos carreiros cegan coa neve.
-
-
v i e pron
Perder a capacidade de razoar ou comprender.
Ex: Cando bebe, cégase e non coñece a ninguén.
Sinónimos: obcecar, ofuscar. -
v pron
Perder ou debilitarse o gume un instrumento cortante.
Ex: Ó cortar o papel céganse as tesouras.
Frases feitas
-
Así eu cegue!/Que cegue! Expresión empregada cando se afirma algunha cousa de xeito contundente.
Formas incorrectas
deslumbrarIndicativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles cego
cegas
cega
cegamos
cegades
cegan
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles cegaba
cegabas
cegaba
cegabamos
cegabades
cegaban
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles ceguei
cegaches
cegou
cegamos
cegastes
cegaron
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles cegara
cegaras
cegara
cegaramos
cegarades
cegaran
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles cegarei
cegarás
cegará
cegaremos
cegaredes
cegarán
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles cegaría
cegarías
cegaría
cegariamos
cegariades
cegarían
Subxuntivo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles cegue
cegues
cegue
ceguemos
ceguedes
ceguen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles cegase
cegases
cegase
cegasemos
cegasedes
cegasen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles cegar
cegares
cegar
cegarmos
cegardes
cegaren
Imperativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles -
cega
-
-
cegade
-
Formas nominais
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles cegar
cegares
cegar
cegarmos
cegardes
cegaren
cegada
cegados
cegadas