cegar

cegar

(< lat caecāre)

  1. v t
    1. Privar a alguén da vista de forma permanente.

      Ex: Ulises cegou a Polifemo tirándolle unha pedra no ollo.

    2. Deixar a alguén sen vista momentaneamente.

      Ex: Cegábanme as luces dos coches e non vin o sinal de prohibición.

      Sinónimos: encandear.
  2. v t
    1. Obstruír ou tapar unha abertura, un burato ou unha condución.

      Ex: Cegamos a ventá da rúa para evitar ruídos e fumes.

      Sinónimos: atoar, tapar.
    2. Pechar ou obstruír un camiño, unha vía ou un porto.

      Ex: Os sedimentos do río cegaron a entrada do porto.

      Sinónimos: atoar, tapar.
  3. v t

    Quitar a alguén a capacidade de entender ou razoar.

    Ex: O amor por aquela muller cegouno.

    Sinónimos: obcecar, ofuscar.
  4. v t

    Tirar o gume dun instrumento cortante.

    Ex: O pan cega os coitelos, córtao mellor coa man.

    Sinónimos: gafar.
  5. v t e pron

    Producir unha forte impresión.

    Ex: Cegouse co luxo do palacio. Cegoume tanto a tenrura da súa mirada que non fun quen de reaccionar.

  6. v i

    Perder a vista.

    Ex: As dúas irmás cegaron pola diabete.

  7. v i e pron
    1. Quedar obstruído ou tapado un oco ou un conduto.

      Ex: A entrada cegou con tanta vexetación.

    2. Quedar pechada ou obstruída unha vía, unha canle ou un porto.

      Ex: No inverno moitos carreiros cegan coa neve.

  8. v i e pron

    Perder a capacidade de razoar ou comprender.

    Ex: Cando bebe, cégase e non coñece a ninguén.

    Sinónimos: obcecar, ofuscar.
  9. v pron

    Perder ou debilitarse o gume un instrumento cortante.

    Ex: Ó cortar o papel céganse as tesouras.

Frases feitas

  • Así eu cegue!/Que cegue! Expresión empregada cando se afirma algunha cousa de xeito contundente.

Formas incorrectas

deslumbrar

Palabras veciñas

cegador -ra | cegamento | cegano | cegar | cegarato -ta | CEGEBAD | cego -ga
Conxugar
VERBO cegar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cego
cegas
cega
cegamos
cegades
cegan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cegaba
cegabas
cegaba
cegabamos
cegabades
cegaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
ceguei
cegaches
cegou
cegamos
cegastes
cegaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cegara
cegaras
cegara
cegaramos
cegarades
cegaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cegarei
cegarás
cegará
cegaremos
cegaredes
cegarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cegaría
cegarías
cegaría
cegariamos
cegariades
cegarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cegue
cegues
cegue
ceguemos
ceguedes
ceguen
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cegase
cegases
cegase
cegasemos
cegasedes
cegasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cegar
cegares
cegar
cegarmos
cegardes
cegaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
cega
-
-
cegade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cegar
cegares
cegar
cegarmos
cegardes
cegaren
Xerundio cegando
Participio cegado
cegada
cegados
cegadas