"CIO" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4772.

  • Sufixo deverbal que se emprega na formación de substantivos derivados de verbos co significado de ‘proceso’, ‘acción’, ‘efecto’. Ex: produción, reparación. Como significado derivado deste, pode indicar tamén ‘dignidade, cargo’, ‘obxecto’, ‘lugar’. Ex: inspección, embarcación, fundición.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lista de abades dun mosteiro ou abadía. Estas listas comezan a redactarse en Francia no s VIII por influencia dos episcopolóxicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dise do territorio romano alienado, cedido ou transmitido polas res mancipi aos cidadáns romanos, latinos ou a determinados estranxeiros mediante as fórmulas traditio nexus, mancipatio ou in iure cessio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de abdicar.

      1. Abandono ou renuncia voluntaria dun cargo, dunha dignidade, dun privilexio ou dalgún outro dereito.

      2. Renuncia voluntaria dun monarca en favor de quen o segue na liña sucesoria.

    2. Renuncia da condición de home libre para pasar á condición de escravo ( capitis deminutio maxima ) ou do dereito de cidadanía ( capitis deminutio media).

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Siloxismo en que a maior premisa é evidente de seu, en tanto que a menor, polo tanto a conclusión, soamente é probable.

      2. Segundo Pierce, hipótese explicativa inferida a partir dunha serie de datos, pero de natureza cualitativamente distinta da que resultaría dunha indución sinxela. Pierce botou man de varios termos ademais do de abdución, como os de presunción, inferencia hipotética e hipótese. O filósofo comezou coas inferencias siloxísticas, especialmente as aristotélicas, facendo fincapé no concepto de apagoge ou redución das figuras do siloxismo á figura primixenia (siloxismo Bárbara). Segundo Pierce os procesos mentais de descubrimento, xustificación e explicación son inferenciais e clasificables en dedutivos ou analíticos e sintéticos. Non resulta claro en Pierce se a abdución é unha conxectura, as razóns que levan á conxectura, ou as razóns que, unha vez formulada a conxectura, explican por qué se escolleu esta e non outra. Tampouco está sempre claro se a abdución concirne á construción dunha conxectura ou hipótese ou ben á selección razoada dunha delas entre varias.

    1. Movemento polo cal un membro ou órgano calquera se afasta do plano medio do corpo.

    2. Acción de levar a alguén contra a súa vontade do lugar onde vive normalmente valéndose da violencia ou de enganos.

    3. Na Roma antiga, dislocación ou ruptura dunha formación militar.

    4. Presunto secuestro realizado por seres extraterrestres.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Probablemente Bispo de Hierápole (Frixia). Foi coñecido grazas a unha inscrición sepulcral en versos gregos (epitafio de Abercio), na que se expresa de xeito simbólico a celebración da Eucaristía no Oriente e no Occidente. A festa celébrase o 22 de outubro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Desviación do que está considerado como normal ou natural por un sistema moral establecido.

    2. Singularidade que se presenta cando os valores obtidos dun conxunto de observacións dunha magnitude distan ostensiblemente do valor medio obtido co total das observacións.

    3. Distorsión da cor ou da forma nunha imaxe fotográfica causada por un obxectivo. Estas alteracións poden ser corrixidas por obxectivos compostos ou mediante o emprego dunha pequena abertura.

    4. Alteración que experimenta a frecuencia das ondas sonoras cando o punto emisor se achega ou se afasta do receptor. É un caso particular do efecto Doppler .

      1. Nun sistema óptico, discrepancia entre a imaxe real e a preeditada polas fórmulas habituais.

      2. aberración cromática/de refranxibilidade

        Aberración dos sistemas dióptricos (lentes) que proxecta unha coloración ou irisación nos bordos da imaxe. A distancia focal dun lente depende do índice de refracción, e este da lonxitude de onda da luz incidente; se esta luz non é monocromática, o lente forma un certo número de imaxes de cores diversas. Combinando lentes convexas e cóncavas de materiais diferentes, conséguense sistemas de lentes de aberración cromática nula para dúas das cores do espectro e moi reducida para todas as outras (lente acromática).

      3. aberración xeométrica

        Aberración que ten a súa orixe na forma da superficie do dióptrico ou na maneira de incidir o feixe luminoso sobre o dióptrico, que se produce tamén con luz monocromática (astigmatismo, distorsión, aberración de esfericidade e aberración de curvatura).

    5. Anomalía no número ou na estrutura normal dos cromosomas. Na especie humana, afecta a 1 de cada 150 neonatos vivos. Non obstante , o 90 por cento dos fetos portadores de aberracións cromosómicas graves non son viables e pérdense de xeito espontáneo. Entre as anomalías numéricas cómpre destacar as trisomías autosómicas (síndrome de Down ou trisomía 21, síndrome de Patau ou trisomía 13 e síndrome de Edwards ou trisomía 18), as trisomías gonosómicas (síndrome de Klinefelter ou trisomía XXY, trisomía XXX e trisomía XYY) e a monosomía gonosómica X0 ou síndrome de Turner; as monosomías autosómicas son inviables. Doutra banda, as aberracións estruturais inclúen unha serie de síndromes asociados á deleción, á traslocación, á duplicación e á inversión cromosómicas.

    6. Fenómeno polo cal a dirección aparente en que ollamos un astro é diferente da dirección real, a que se pode determinar unindo imaxinariamente o astro e a Terra no instante da observación. Prodúcese porque a Terra, e o observador que está nela, se moven a unha velocidade que non se pode ignorar respecto ao valor finito da velocidade da luz. Os diferentes movementos dun observador solidario con respecto á Terra determinan as diferentes aberracións. Así, o movemento co conxunto do sistema solar determina a aberración secular e o movemento de rotación ao redor do eixe terrestre determina a aberración diurna; pero a de maior importancia é a aberración anual debida ao movemento de translación da Terra ao redor do Sol.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parque nacional da Laponia sueca, ao SO do lago de Torneträsk.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Operación cirúrxica que consiste en extirpar unha parte danada do corpo.

    2. Sublimación do material protector dun dispositivo debido a altas temperaturas. O control da ablación aprovéitase para illar os mecanismos dun foguete da calor desprendida polos gases expulsados, e para revestir os vehículos que teñan que entrar de novo na atmosfera.

    3. Degradación e nivelación dun relevo pola acción do vento.

      1. Perda de xeo sufrida por un glaciar debido a procesos de fusión ou sublimación.

      2. zona de ablación

        Parte terminal dun glaciar no que dominan os procesos de ablación. Alimenta as correntes de auga proglaciares.

    4. Operación cirúrxica que consiste na extirpación do clítoris e, en ocasións, dos beizos da vaxina. É unha práctica tradicional que pervive en moitos países africanos e musulmáns non africanos. Polo xeral, realízase ás costas da sanidade oficial, o que pode provocar numerosas enfermidades derivadas da falta de hixiene, mesmo a morte. Malia a espallada identificación desta práctica co islamismo non semella estar directamente vencellada co Islam nin coas outras relixións monoteístas (xudía e cristiá) da área de expansión xeográfica desta práctica, senón con prácticas sociais anteriores relacionadas co tránsito da nenez á vida adulta. Se ben durante moito tempo a cultura occidental quixo ver na ablación do clítoris unha práctica hixiénica, hoxe adoita interpretarse como un mecanismo social de limitación da muller á función de reprodutora da comunidade, pois a extirpación do clítoris e outras partes da vaxina, non impedindo a reprodución, impide o completo disfrute sexual feminino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cesamento da secreción láctea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escavación feita ao redor dunha árbore ou planta que permite reter a auga ou expoñer as raíces para que se aireen.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción xurídica na que se impón o desterro.

    2. Facultade que posuía unha persoa de ordenar o desterro ou proscrición dos seus fillos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de abluír ou abluírse.

    2. Para os alquimistas, purificación da materia por sometemento á acción continuada do lume.

    3. Purificación relixiosa dunha persoa xeralmente por medio da auga, baseada na crenza máxica de que o semellante produce o semellante, de modo que a pulcritude corporal acada ou implica a limpeza espiritual precisa para tratar coa divindade. No hinduísmo, practícase en forma de aspersión ou de baño, especialmente nun río sagrado. Entre os musulmáns vén prescrita polo Alcorán antes da oración; no caso de carencia de auga, a ablución, chamada seca, pódese realizar con area. O bautismo cristián é unha ablución inspirada na realizada por Xoán o Bautista no Xordán, pero cunha virtude interna conferida por Xesucristo.

    4. No rito cristián da misa, acción de limpar o cáliz e de lavar os dedos despois da comuñón.

    VER O DETALLE DO TERMO