"COBE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 36.

  • MUNICIPIOS

    Municipio da Comunidad Autónoma de Madrid, ao NL da capital, á beira do Xarama (83.031 h [1996]). É un centro industrial e residencial satélite de Madrid.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Redactor do xornal Libre Pontevedrés e correspondente de varias publicacións madrileñas. Publicou Análisis de la mujer (1859).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Autor do libro de relatos humorísticos De cómo claudicou Xaquín Quiroga (1927), a comedia en dous actos O camiño e os monólogos Limpa, fixa e da esprendor, representado pola coral coruñesa Cántigas da Terra, e No íntimo, estreado en 1919 na Coruña polo Conservatorio Nazonal de Arte Galega e publicado en 1924. En castelán é autor de La Coruña y su provincia (1930), escrito en colaboración con Ángel del Castillo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Predicador xeral e cronista da Coruña. Publicou Arbol cronológico de la Santa Provincia de Santiago (1922-1927), obra histórica que continuou frei Xoán Antón Domínguez, e Respuesta antiprologética, apologética, cronológica y sumulística al primer libro prologético de la Crónica de la Provincia de San Pablo (1731).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución fundada en 1955 polo cardeal Quiroga Palacios co obxectivo de converter Santiago de Compostela nun foco de cultura relixiosa e ciencia eclesiástica. Con axuda do cóengo e profesor do seminario compostelán, Manuel Rey Martínez, o centro organizou varios congresos de ciencias eclesiásticas e estudios xacobeos, amais da publicación da revista Compostellanum, composta por catro fascículos anuais, dous dedicados aos estudios xacobeos e outros dous relacionados coa ciencia eclesiástica. Nun principio esta institución financiouse coas axudas do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC), pero despois pasou a depender economicamente da diocese, polo que se reduciu o número de publicacións, congresos e demais actividades. A revista Compostellanum continuou a publicarse con certa regularidade, aínda que diminuíu o número de fascículos anuais e a súa temática centrouse máis nos estudios xacobeos. A este centro de estudios estiveron vinculados eclesiásticos, como Pérez Millán,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Satélite da NASA destinado a estudar a radiación de fondo remanente do big bang que deu orixe ao universo actual. Lanzado a finais de 1989, o seu achado máis espectacular foron unhas inhomoxeneidades que deron novo soporte á teoría do big bang.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Toledo, Castela-A Mancha, situado na comarca de La Sagra, ao NL de Toledo (1.739 h [1996]). A súa economía baséase na agricultura de secaño e na industria relacionada coa produción de cerámica e de materiais de construción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariante gráfica do apelido galego Covela, grafado cun -b- non etimolóxico. Diminutivo correspondente ao apelido galego Cova, ten unha orixe toponímica. Unha variante fonética deste apelido é Cuvela. A mesma orixe presentan os plurais Covelas e Cuvelas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. ariante gráfica do apelido galego Covelo, grafado cun -b- non etimolóxico. Diminutivo correspondente ao apelido galego Covo, ten unha orixe toponímica. Documéntase no s XII: “Garsias Fernandi de Cubellus” (doc ano 1182 en E. Rivas Quintas, Onomástica persoal do noroeste hispano, 1991, p 550), “Maria Nunez do Couello” (doc ano 1292, M. Lucas Álvarez/P. P. Lucas Domínguez, San Pedro de Ramirás. Un monasterio femenino en la Edad Media. Colección diplomática, 1988, p 441). Unha variante fonética deste apelido é Cuvelo. A mesma orixe presentan as formas en plural Covelos e Cuvelos.

    2. Liñaxe que leva como armas, en campo de azul, dúas bandas de ouro, acompañadas de tres estrelas do mesmo metal, unha en cada oco; bordo de goles, con oito aspas de prata. Outra variante leva, en campo de ouro, un martelo de sable, posto en pao.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Praia aillada, carente de servizos disponibles e con baixa frecuencia de visitantes.

    CARACTERÍSTICAS XERAIS LONXITUDE PRAIA: 100 metros ANCHURA MEDIA: 20 metros GRAO OCUPACIÓN: Bajo GRAO URBANIZACIÓN: Aillada PASEO MARÍTIMO: Non
    TIPO DE PRAIA COMPOSICIÓN: Area TIPO AREA: Branca CONDICIÓNS BAÑO: Ondada moderada ZONA DE FONDEO: Non NUDISTA: Non
    ASPECTOS MEDIOAMBIENTAIS PRESENZA VEXETACIÓN: Si ZONA PROTEXIDA: Non BANDEIRA AZUL: Non
    SEGURIDADE EQUIPO DE VIXILANCIA: Non SINALIZACIÓN DE PERIGO: Non POLICÍA LOCAL: Non POSTO CRUZ VERMELLA: Non EQUIPO SALVAMENTO: Non
    HOSPITAL MÁIS PRETO NOME: Hospital de Montecelo DIRECCIÓN: Plaza de Montecelo, s/n. Pontevedra TELÉFONO: 986 80 00 00 DISTANCIA...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de quenllas da subclase dos elasmobranquios, de ata 2 m de lonxitude, co fociño chato, unha chepa no dorso e ollos grandes para depredar en augas profundas. Nas aletas pectorais presentaban unha prolongación móbil de ata 30 cm. Viviron durante o Carbonífero e os principais xacementos coñecidos están en América do Norte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz. Foi unha das figuras máis destacadas do teatro castelán posromántico e naturalista. Debutou en Madrid en 1891. Actuou con Emilio Mario, Ricardo Calvo, Enric Borrás e outros, e formou unha compañía co seu home, o dramaturgo Federico Oliver.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, conde de Cobenzl. Negociou a alianza austrorrusa e a segunda e terceira repartición de Polonia. Vicechanceler de Austria (1801-1805), participou no Congreso de Rastatt (1803). Pactou a nova alianza con Rusia (1804) e ingresou na Terceira Coalición antinapoleónica, pero a derrota de Austerlitz obrigouno a abandonar o goberno.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Peza móbil coa que se tapan potas, olas ou tarteiras.

    2. Peza que se coloca sobre a cabeza dos animais xunguidos ao carro.

    3. Pluma que cobre a base doutras que serven para o voo, como é o caso das remeiras e das caudais.

      1. Conxunto de sedimentos depositados sobre un zócolo que fosilizan os materiais antigos situados nel.

      2. Grupo de rochas situadas entre a parte explotada dunha mina e a superficie.

      3. Conxunto de rochas impermeables que cobre un xacemento de petróleo ou de gas natural.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Manta ou peza de abrigo que se coloca sobre a cama. Ex: Antes botabamos na cama uns cobertores moi gordos que picaban moitísimo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de cubrir ou de cubrirse.

      1. Cousa empregada para cubrir algo.

      2. Capa ou baño, xeralmente de xarope ou chocolate, co que se cobre un pastel.

      1. Alcance territorial dun determinado servizo ou medio de comunicación. Ex: Traballei un ano nun canal de cobertura local. O meu teléfono non ten cobertura no estranxeiro.

      2. Conxunto de prestacións que recolle o contrato dun seguro ou outro servicio. Ex: O seguro do meu coche non ten cobertura en caso de roubo.

      1. Metálico, divisas ou outros valores que serven como garantía para a emisión de billetes de banco ou outras operacións financeiras ou mercantís.

      2. cobertura de risco

        Relación entre o valor do que cobre o seguro e o valor da mercadoría ou operación da que é obxecto.

    2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Órgano de colaboración entre a administración do Estado e as comunidades autónomas para as súas actuacións sobre o Camiño de Santiago. Creouse en 1991 por iniciativa do ministerio de Relacións coas Cortes e entrou en vigor o 30 de outubro dese mesmo ano. A presidencia correspóndelle ao ministro de Cultura e a vicepresidencia ao conselleiro de Relacións Institucionais e voceiro da Xunta de Galicia. Intégrano cadanseu representante (con rango de conselleiro do goberno autonómico) das comunidades autónomas de Galicia, Castela e León, La Rioja, Aragón, Navarra, Euskadi, Cantabria e do Principado de Asturias, así como dos ministerios de Economía, Facenda, Industria, Comercio e Turismo, Asuntos Exteriores e Cultura (este último actúa como secretario). O presidente pode convocar ás súas xuntanzas a representantes de institucións culturais, académicas, eclesiásticas, etc, que poidan ter relación coas súas actividades.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Docente e político. Estudiou na Universidade de Oxford e foi profesor de francés e inglés no colexio de primeiro e segundo ensino San Tomé de Aquino de Vigo, dirixido naquel momento por Telmo Rotea Osorno. Foi vogal da xunta local de primeiro ensino e presidente do Casino de Vigo e, posteriormente, alcalde de Vigo no trienio 1881-1884. Pertenceu ao partido fusionista de Eduardo Iglesias. Distinguiuse polo seu apoiou ás escolas públicas. Mantivo contactos coa Institución Libre de Enseñanza (ILE) e no verán de 1883 recibiu en Vigo a visita de F. Giner de lo Ríos e M. Bartolomé Cossío. Dende a ILE mandáronse bosquexos para a construción de grupos escolares e de escolas elementais. Durante o seu mandato, ademais doutras obras como a Alameda e o cárcere novo, rematáronse as obras das escolas do Centro e impulsáronse as do Areal. Ao deixar a alcaldía (1884) intentou crear un centro na cidade olívica, seguindo as orientacións institucionistas, polo que mantivo correspondencia epistolar con Giner.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Matemático. Iniciou a súa carreira militar na Academia de Artillería (1869-1873), pero tivo que abandonala por problemas de saúde cando xa acadara o grao de comandante. Dedicouse ao ensino das matemáticas e dirixiu un colexio preparatorio para o ingreso no exército e na Escuela General de Ingenieros y Arquitectos. Investigou no campo das matemáticas e realizou numerosos traballos que publicou en diferentes revistas, como Gaceta de Matemáticas, El Progreso Matemático, Science, Archiv des Mathematik und Physik e Journal des Mathematiques. Foi membro da Real Academia de Ciencias e da Real Academia Galega, e profesor honorario do Real Instituto de Lisboa e da Universidade Libre de Tempio (Sardeña).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antonio Navarro.

    VER O DETALLE DO TERMO