"Calvar" (Contén)
Mostrando 8 resultados de 8.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Apelido de orixe toponímica. Os topónimos homónimos designan lugares ermos, sen vexetación. Procede do latín calvu e máis o sufixo latino -ale. Documéntase no século XVIII: “Alverte de Calvar” (doc ano 1750 en E. Rivas Quintas Onomástica persoal do noroeste hispano, 1991, p 535).
-
-
Cruceiro ou capela dedicados á Crucifixión e situados sobre un outeiro ou sobre unha elevación artificial do terreo, a miúdo preto dunha poboación, onde os cristiáns van facer o viacrucis ou lembrar a Paixón, especialmente en tempo de Coresma ou nos días de Semana Santa. Polo camiño adoita haber pequenas capelas con representacións dos pasos da Paixón en forma de estacións.
-
Representación da Crucifixión realizada con técnica pesebrista durante a Semana Santa.
-
Situación dolorosa, seguida de penas e aflicións.
-
Nas representacións heráldicas, monte rematado nunha cruz latina que ten unha coroa de espiñas e tres cravos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
ila da parroquia do Rosal que é capital do concello do Rosal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lugar común de axustizamento situado nun outeiro ao NL de Xerusalén onde, segundo os Evanxeos, foi crucificado Xesús de Nazaret. Recibiu os nomes de monte Calvario ou Gólgota (do arameo gulgultha ‘cranio’).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rasurar a cabeza a unha persoa, normalmente adoitaba ser un castigo por mor dun delito.
-
GALICIA
Pintor e escultor. De estilo abstracto e informalista, nas súas obras predominaron os tons ocres e amarelos, con manchas longas e rascaduras no papel. Recibiu a bolsa de Novos Valores da Deputación Provincial de Pontevedra (1991) e da súa produción destacan Naturaleza muerta (1994) e Sin título (1998). No tocante á escultura, destaca a caracola de aceiro inoxidable da Costa da Vela (Cabo Home) en Donón. As súas últimas obras mostran formas que fan referencia ao mar: mexillóns, ourizos de mar, ovos de raia... Adoita utilizar o poliéster cromado con esmalte metalizado. Pertence ao colectivo A carón do mar, formado por artistas do Morrazo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento revolucionario español que puxo fin á Decada Moderada. Desprazou aos moderados do poder, dándolle o goberno a unha coalición liberal-progresista. Inicialmente só foi a expresión do descontento do sector liberal do exército, pero a adhesión dos progresistas e das clases populares obrigou a darlle contido político á insurrección co Manifesto de Manzanares (7.7.1854), no que se promete a descentralización e a reforma electoral, entre outras medidas reformadoras. Isabel II tivo que nomear ao xeneral Espartero xefe de goberno, dando así comezou o Bienio Progresista.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revolución de 1854.